A deputada socialista Laura Seara reclama que Rueda e Feijóo ofrezan explicacións polo trato outorgado aos colectivos galegos de Bos Aires, ademais de dar conta da súa decisión de pór en mans privadas o Hospital Galego despois de que o bipartito, di, garantise a súa “viabilidade” mediante un “gran investimento” nos últimos anos.
