Lunes, 15 de marzo de 2010 - 6:34 h

O PSOE levará ao Parlamento a situación do Centro Gallego

O PP asegura que o Hospital do Centro Gallego “sempre foi privado” e arrastraba dificultades financeiras
David Lombao Actualizado 03/11/2009 - 01:12 h.
0 Comentarios
Sin interésPoco interesanteDe interésMuy interesanteImprescindible 1 voto/s

A intención da Consellería de Sanidade de entregar a mans privadas a xerencia do Hospital do Centro Gallego de Bos Aires ata o ano 2022, evitando así o control directo das instalacións sanitarias por parte dos integrantes do histórico centro da emigración galega chegará ao Parlamento.

A deputada socialista Laura Seara manifestou onte, en declaracións a Xornal de Galicia, a intención do seu grupo de iniciar “accións inmediatas no Parlamento”, ademais de apoiar a “mobilización” dos emigrantes en Bos Aires, para evitar a “irresponsabilidade extrema” que, ao seu xuízo, suporía a concreción do contrato entre a Fundación Galicia Saúde e a empresa castelá 3A Recoletas.

Seara confirma o carácter “verídico” dos datos adiantados por este diario en torno á operación de Sanidade, sobre a que o propio PSdeG está xa “recompilando información” da “proba de que o modelo do PP é a xestión privada” dos servizos sanitarios, algo que, considera, queda demostrado co que, di, suporía todo un “regalo” á sanidade privada.

A xuízo da socialista, a xestión privada deste centro non só suporía a perda de control por parte dos emigrantes, senón que chegaría a “poñer en risco” a asistencia dos “máis de 18.000 galegos maiores de 65 anos” que, lembra, “poden ver en perigo a súa asistencia”.Do mesmo xeito, a deputada ourensá considera “curioso” que o Goberno galego tome esta decisión e se concrete “xusto cando o hospital comeza a dar bos resultados en canto á súa viabilidade”, unhas cifras “de boa xestión” derivadas, di, “do gran investimento do Goberno anterior” no Centro.

 

RESPOSTA DO PP

Unha visión ben distinta da folla de ruta trazada pola Xunta para este hospital é a dos conservadores galegos. Segundo fontes populares consultadas por Xornal, o contrato que impulsa o departamento de Pilar Farjas non supón que “se privatice” a asistencia sanitaria no Centro Gallego, xa que este, aseguran as mesmas fontes da formación, “sempre foi privado”, din.Neste sentido, os conservadores aseguran que a única variación no “modelo de xestión” no centro consistirá na súa maior “profesionalización”, un obxectivo orientado a, por exemplo, aseguran, pór fin ao “déficit anual de 1,7 millóns de euros” da entidade da emigración.

Así as cousas, o PPdeG móstrase convencido de que a Xunta non só “garante o investimento de 3 millóns de euros” no hospital, senón que ademais “aposta por un modelo que garante a atención” aos, segundo os populares, “4.000 galegos” que reciben asistencia no centro.Estas explicacións do PP non convencen aos socialistas nin tampouco ao grupo parlamentario do BNG que, a través da súa voceira de sanidade, Ana Luisa Bouza, enmarca a decisión de sanidade na “entrega dos recursos sanitarios públicos a mans privadas” que, asegura, caracteriza a xestión do PP. “As peores perspectivas –di Bouza–, fixéronse realidade, e este hospital, como a autoestrada AP-9, pode rematar, en mans de, por exemplo, unha empresa americana”.

Si te gusta Xornal.com, compártenos con tus amigos.
Disfruta de la libertad de expresión.
Nota: es posible que tengas que estar registrado y autentificado en estos servicios para poder anotar el contenido correctamente.
publicidad

Título:
Comentario:
Nombre:
Email: (no se visualizará)
Introduce la palabra de la imagen
Código de verificación para prevenir envíos automáticos.
kaptcha
Identificarse con:
  

Esta página publica todo tipo de opiniones, réplicas y sugerencias de interés general, siempre que sean respetuosas hacia las personas e intituciones.
Se aconseja un máximo de 15 líneas, que podrán ser extractadas por nuestra Redacción.
Los autores deben hacer constar: nombre y apellidos, y e-mail.
Aquellos textos que no se ajusten a estos criterios podrán ser retirados de la web.