O voceiro do Grupo Parlamentario Popular en materia de Sanidade, Rosendo Fernández, cargou onte con dureza contra as críticas de “privatización” chegadas dende o PSOE. Pola contra, Fernández asegura que, mediante a empresa pública Galaria, o Goberno bipartito apostou por “externalizar un gran número de servizos sanitarios públicos”.
