A oposición parlamentaria fai saltar as alarmas logo das informacións de Xornal de Galicia a respecto da posible privatización do Hospital Galego de Bos Aires.O secretario xeral do PSdeG, Manuel Vázquez, anunciou que solicitará formalmente explicacións sobre os plans da Xunta para o hospital galego de Bos Aires, por entender que dende o Goberno se propicia "escurantismo e privatización".
En rolda de prensa, indicou que o seu partido ve "con fonda preocupación o que pasa en Bos Aires", xa que dixo que o Goberno debe explicar como "lle dá dez millóns de euros" a unha entidade privada para financiar o hospital galego na capital Arxentina, tras a recente viaxe a aquel país dos conselleiros Pilar Farjas, de Sanidade, e Alfonso Rueda, de Presidencia.
O dirixente socialista, que indicou que este asunto nos vai dar moito que falar", sostivo que non se pode empregar diñeiro público para "volver montar cambalaches que xa estaba extinguido practicamente".
A este respecto, indicou que tras o que andamos cara a adiante" para sanear o modelo de sanidade no hospital galego, agora "a dereita volve" ás andadas" "na emigración". Sinalou que que os mesmos que piden "transparencia e urnas", propician agora "privatización e escurantismo" en detrimento da calidade asistencial aos galegos de Arxentina.
Tamén o voceiro do Grupo Parlamentario do BNG, Carlos Aymerich, alerta de que as privatizacións de servizos da Xunta "xa cruzaron o Atlántico" e alcanzaron o Centro Galego de Bos Aires, o Goberno autonómico pretende no que que a xestión do centro hospitalario "se privatice" e a leve a "empresa Recoletos, de Castela e León".Así, Aymerich acusou ao Goberno galego de "chantaxear" ao Centro Galego de Bos Aires a través do propio conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, Alfonso Rueda, xa que --asegurou-- "se premeu para que, ou se acepta a xestión privatizada, ou a Xunta deixará de colaborar economicamente".
A xuízo do dirixente nacionalista, esta situación "demostra" que para o Partido Popular a emigración é só mercadoría electoral coa que favorecer a determinadas empresas amigas e se preguntou "ata que punto deben ser as obrigas do PP con esta empresa determinada" para que Alfonso Rueda "se molle persoalmente". "Ten que ser moi grande a débeda (do PP) con esta empresa", interpretou.
