Domingo, 21 de marzo de 2010 - 1:36 h

A Xunta di “apoiar” a selección galega pero sen financiamento

A Federación de Fútbol confirma que a Secretaría para o Deporte “non financiará” partidos non oficiais do equipo galego
David Lombao Actualizado 12/11/2009 - 00:49 h.
8 Comentarios
Sin interésPoco interesanteDe interésMuy interesanteImprescindible 10 voto/s

Apoio sen financiamento. O secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete, confirmou onte que o soporte da Xunta ás seleccións deportivas galegas e, nomeadamente, ao combinado absoluto de fútbol, quedará nun mero respaldo nominal e convertindo así, na práctica, en inviable a súa continuidade no futuro.

Despois de que, nos últimos meses, o máximo responsable do deporte galego –con dependencia orgánica directa da Presidencia da Xunta–, puxese sobre a mesa o “escaso ou nulo valor deportivo” da selección galega e mesmo tildase de “circo” os encontros do combinado impulsados polo Goberno bipartito, Lete esquivou onte, a preguntas do deputado nacionalista Alfredo Suárez Canal, a responsabilidade sobre o futuro do equipo.

Malia á insistencia do voceiro do BNG para que o alto cargo da Xunta respondese “si ou non” ao ser cuestionado sobre os seus plans para os encontros da ‘Irmandiña’ no vindeiro decembro –datas nas que, dende 2005, a selección desputa encontros amigables–, Lete só deu en asegurar que “as seleccións galegas existen e seguirán existindo”. Se ben, a renglón seguido, salienta que “son as federacións as que ostentan a competencia para a organización das seleccións deportivas” de Galicia.

Así as cousas, o secretario xeral deixa á Federación Galega de Fútbol como única responsable da pervivencia duns encontros que, dende a recuperación da selección, foron organizados conxuntamente pola entidade deportiva e a propia Xunta. Neste escenario, Lete asegura que a Federación ten recibido 874.900 euros para esta fin, unha partida económica que, na práctica, corresponde á actividade ordinaria das seleccións autonómicas nas múltiples categorías de diversos deportes, pero non ao combinado de fútbol.

Neste sentido, Lete asegurá que “haberá, hai e houbo partidos das seleccións financiados pola Xunta” para, a continuación, citar a participación de escadras autonómicas en especialidades como taekwondo, halterofilia, golf, petanca ou tenis como mostra de que “apoiamos rotundamente ás seleccións galegas, no ámbito que lles corresponde”.

É precisamente a cuestión económica a que xerou maior disparidade de criterios entre Lete e Suárez Canal e, tamén o argumento básico da Secretaría Xeral á hora de retirarlle o seu apoio efectivo á Federación Galega de Fútbol na organización dos correspondentes partidos.

Amparándose en criterios de “eficiencia e eficacia”, Lete censurou que “dos tres millóns que custaron os partidos en catro anos, 1,2 saíron das arcas públicas”, unha “importante achega” que o gabinete de Alberto Núñez Feijóo non asumirá. A argumentación do alto cargo non convenceu o nacionalista que, pola contra, lembrou que “o primeiro partido da selección “deu superávit”; “se hai unha xestión eficiente –di– os gastos poden ser irrelevantes”.

Neste contexto, Alfredo Suárez Canal ten claro que a Xunta “utiliza o argumento económico” para botar por terra a “defensa da identidade de Galiza” que, di, supoñen os partidos da selección, dentro da “escalada do PP de degradar a identidade colectiva do país”.

O mesmo argumento económico foi o recibido pola Federación Galega de Fútbol que, a través do seu presidente, Carlos Meana, confirmou a Xornal de Galicia que o anuncio da Secretaría Xeral segundo o cal “non financiará partidos amigables que non sexan para preparar competicións oficiais”, caso da selección absoluta de fútbol. Neste contexto, e dada “a situación económica de Galicia”, di Meana, “é complicado poder organizar” o encontro da selección sen apoio público.

Si te gusta Xornal.com, compártenos con tus amigos.
Disfruta de la libertad de expresión.
Nota: es posible que tengas que estar registrado y autentificado en estos servicios para poder anotar el contenido correctamente.
publicidad
1
En vez subvenicionan "La Fiesta Nacional"
Anglogalaico
2009-11-09 13:55:12
En vez de financiar a nosa seleccion, financian unhas corridas de touros, un acto cruel, noxento, e tercer mundista -- con estes fachas do ano 1954 imos de cu e costa arriba.
2
galego culto
Berbes de vigo
2009-11-08 01:12:59
Soio unha cousa, un pobo culto è un pobo dificil de enganar, un pobo culto è un pobo que ten claro cal è a sua identidade, Galicia sò pode sair desta penumbra sendo un paìs culto i os gobernos teran a obriga de levalo hacia ese camiño, moito camiño que recorrer.
3
Galeguidade
Galegoman
2009-11-07 19:06:16
Istes queren cargarse calquera mínimo símbolo de galeguidade, porque non lles interesa.
4
O de sempre, tratan de darnos gato por lebre
Brais Freire
2009-11-07 17:25:27
¿Cales son realmente as intencións de Núñez Feijoo? Non son as de reactiva-la economía, se non fixádevos no sector do leite, na industria do vidro, etc. O que pretenden é que as seleccións galegas non existan e a identidade galega desapareza. Algo obvio no PP, un partido fundado por Fraga Iribarne, ex-ministro franquista.
5
Cambio apoio "afectivo"(falso) por "efectivo"(real)
Belixerante
2009-11-07 14:20:56
De aí a frase: "hai amores que matan". Home que non a queiran tanto. Que non a "apoien" (platónicamente supoño) tanto, pero que a axuden en efectivo (menos "afectivamente" e máis efectivamente) ___ Vou mirar no dicionario o significado de cinismo e hipocrisía. ____ En fin! segue igual: nin unha mala palabra, NIN UNHA BOA ACCION.
6
DEPORTE GALEGO NON
Pablo
2009-11-07 13:56:28
Imaxinemos que recibira apoio e por riba tivera exito deportivo, ea cidadania galega comenza a mirar cara o pais. A relixión do PP non permite esa complicidade.
7
Ataque identitario
Goris Cuiña
2009-11-07 12:24:53
Primeiro as Galescolas o decreto do galego as axudas a traducion ect. ect. agora o ataque vai dirixido ao deporte,claramente o misil esta apuntando a identidade do pobo,tratase de agochar a posibilidade que os Galeg@s teñamos unha idea clara do que somos do que nos une,aos ollos dos que gobernan na xunta esto debe ser unha cousa de gravidade,e eu preguntome cal e a razon?que intereses teñen eles en manter na oscuridade a nosa pertenza a un pobo con identidade propia?. E claro que o feito de nos coñecer a nos mesmos non deberia de resultar un acto de desprezo,e un erro pensar que este feito iria en contra de alguen, a ninguen lle deberia resultar estraño o dereito a coñecernos a nos mesmos.O que pense que o feito de nos coñecer e atacar a outros so se explica se os que nos desprezan son eses outros,eis a unica razon para terlle medo a sabermos ser galeg@s. Chegados aqui e donde me pregunto porque o Goberno da Xunta de Galicia ataca directamente a nosa identidade.Un goberno que ten a obriga de ser o primeiro en defender os intereses o pobo Galego, e digo eu que o primeiro interese de calquera pobo sera o de seidentificar,saber quen fomos e o que somos para llelo ofrecer aos demais, un pobo aberto. Se a nosa cultura nos fai diferentes ofrezamos esa diferenza coma unica, poñamos en valor ese feito e que os de fora devezan por nos coñecer.Esto non leva aparellado como nos queren facer ver ninguha imposición,lembro que a liberdade so pode vir da man do coñecemento. Mais non e así, e so cabe pensar diante dos feitos que os intereses van por outro camiño, antes co interese xeral atopamosnos con intereses particulares dos que gobernan e sen dubida cunha intensa carga de sindrome de Estocolmo,adoptanse coma propias as referencias foraneas avalanse culturas alleas e desprezanse as propias,e Galiza continua a ser para os de fora unha terra descoñecida,estamos aqui mais ninguen e quen de nos identificar,coma exemplo serva o de permitirse decir que Galego ten a mais do identificar a alguen, un senso "Peroyativo". O noso futuro está connosco, compre sabermos que entre todos podemolo gañar; e a nosa obriga desactivar vellas maneiras de nos ver a nos mesmos e activar o que somos,un pobo unico no universo e aberto a humanidade.A beira da identidade esta o noso futuro.
8
Non podía ser doutra maneira
victor
2009-11-07 11:51:46
Unha cousa hai que recoñecerlle a estes fachas, son coherentes co que pensan. Eles non poden comprender que dentro do Estado español esixta un país chamado Galiza. Que destinen os cartos de malvender, os que poideron, os coches en sufragar o partido da selección do noso país.

Título:
Comentario:
Nombre:
Email: (no se visualizará)
Introduce la palabra de la imagen
Código de verificación para prevenir envíos automáticos.
kaptcha
Identificarse con:
  

Esta página publica todo tipo de opiniones, réplicas y sugerencias de interés general, siempre que sean respetuosas hacia las personas e intituciones.
Se aconseja un máximo de 15 líneas, que podrán ser extractadas por nuestra Redacción.
Los autores deben hacer constar: nombre y apellidos, y e-mail.
Aquellos textos que no se ajusten a estos criterios podrán ser retirados de la web.