Veciños da Coruña rebélanse contra o “uso elitista” do vello cárcere

Reivindican a “factoría cultural” que prometera o Concello e rexeitan a utilización privada
Alba Suárez Actualizado 17/11/2009 - 17:57 h.
3 Comentarios
Sin interésPoco interesanteDe interésMuy interesanteImprescindible 4 voto/s

Os veciños de Monte Alto levan oito décadas soportando un cárcere no barrio. Agora que o uso da prisión da Torre pasará definitivamente ao poder municipal néganse a ter de novo un edificio de portas pechadas. A asociación veciñal rebélase contra o proxecto de rehabilitar o edificio como parador nacional que abandeira o alcalde, Javier Losada. “Cremos que iso significaría privatizar o uso da instalación para elites”, denuncia José Ucha, presidente da asociación, que leva unha semana recollendo apoios para a súa proposta de reservar a instalación só para destinos totalmente públicos e culturais.

Ademais de recoller sinaturas contra o parador, a asociación veciñal de Monte Alto entregará ao Concello a próxima semana o que cren que debe ser o proxecto de usos para a antiga prisión provincial, que aínda alberga reclusos de terceiro grao que pasarán ao recén inaugurado centro de inserción social (CIS). A idea de base é a “gran factoría cultural” que estaba consensuada entre o goberno local e os veciños e que mesmo figuraba no programa electoral de Losada. “Estamos redefinindo e actualizado un proxecto que xa fixéramos, pero o que queremos é isto que sexa un foco de atracción e difusión da cultura e cubra as carencias de espazos para a xente nova que hai na zona”, explica Ucha.

A cesión do cárcere da Torre ao Concello por parte de Institucións Penitenciarias asinouse en 2005, pero agora que queda definitivamente baleira (coa posta en marcha do CIS) é cando se fará efectivo o convenio. O Concello ten acordado que unha parte da antiga prisión provincial se habilite como centro de interpretación da Torre de Hércules, como así llo recomendou a Unesco este verán cando declarou o faro Patrimonio da Humanidade. O debate agora está no resto do espacioso edificio. Os técnicos de Paradores Nacionales xa están estudando a súa viabilidade como aloxamento pintoresco, a petición do rexedor. En cambio, o seu socio de goberno, o nacionalista Henrique Tello, xa cuestionou este fin e afirmou que sería máis ventaxoso crear “un Guggenheim”, un foco de atracción cultural.

Sen tantas pretensións, os veciños da zona reclaman locais de ensaio e recintos multifuncionais que consigan crear “un centro vivo”. Consideran que “un parador non vai dinamizar a zona nin cubrir as carencias que ten”.

A mobilización social a prol dun uso netamente público para o antigo cárcere segue vías tradicionais coma a recollida de sinaturas (350 na primeira semana) e outras máis tecnolóxicas apoiadas nas redes sociais. De feito, en Facebook hai un grupo de persoas en contra de converter nun parador o cárcere da Torre ao que en sete días se adheriron 750 membros. A asociación non descarta máis mobilizacións.

Si te gusta Xornal.com, compártenos con tus amigos.
Disfruta de la libertad de expresión.
Nota: es posible que tengas que estar registrado y autentificado en estos servicios para poder anotar el contenido correctamente.
publicidad
1
Apoios vía Internet
Alberte
2009-11-10 15:20:10
Boas, prá asinares en linha podédelo facer en: http://barriomontealto.blogaliza.org/apoio-carcere-provincial-centro-cultural/ Gracinhas!
2
Con toda a razón
paulo
2009-11-10 13:17:25
Confeso que o do parador non me pareceu unha mala idea ao comezo, mais lendo o artigo e póndome no sitio dos veciños do barrio, entendo xustas as suas reclamacións. Ademais o carcere da Coruña ten moito de lugar da memoria e iso non pode borrarse polo feito de se converter nun espazo hostaleiro. O meu apoio aos veciños, onde hai que asinar?
3
BOA FALLA FAI
PAIÑO
2009-11-10 10:06:59
Falta fan instalacións deportivas para maiores e, sobre todo, recintos onde poder desenvolver iniciativas culturais semellantes ás do Foro Metropolitano de Monelos e, non se esquezan, semellantes tamén ó que van montar no "Agora", na zona de San Pedro de Visma. Falo de teatro, salas de cine con ciclos programados, exposicións, conferencias, concertos, etc. Acaso Monte Alto non ten poboación suficiente para demandar estes servizos? Ou acaso queren que vaiamos todos nas biscis polo paseo ate os centros antes nomeados?

Título:
Comentario:
Nombre:
Email: (no se visualizará)
Introduce la palabra de la imagen
Código de verificación para prevenir envíos automáticos.
kaptcha
Identificarse con:
  

Esta página publica todo tipo de opiniones, réplicas y sugerencias de interés general, siempre que sean respetuosas hacia las personas e intituciones.
Se aconseja un máximo de 15 líneas, que podrán ser extractadas por nuestra Redacción.
Los autores deben hacer constar: nombre y apellidos, y e-mail.
Aquellos textos que no se ajusten a estos criterios podrán ser retirados de la web.