A Xunta reduce un 18% o orzamento destinado ás bolsas de universitarios

Os fondos previstos para Educación reflicten descensos en axudas como as de catalogación 
e estudos do Mupega, 
que caen un 54%
Alberto Ramos Actualizado 11/11/2009 - 14:29 h.
2 Comentarios
Sin interésPoco interesanteDe interésMuy interesanteImprescindible 7 voto/s

A Xunta de Galicia destinará no ano 2010 un total de 3.388.893 euros a bolsas para alumnos universitarios, o que suporá unha redución do 18% en relación á partida polo Executivo do bipartito en 2009, quen dedicou a ese mesmo fin 4.137.389 euros. Así queda reflectido no Proxecto de Orzamentos da Comunidade Autónoma Galega que elaborou o Executivo de Alberto Núñez Feijóo. Este descenso nas bolsas para estudantes concorda co recorte aplicado pola actual Xunta de Galicia no orzamento destinado á Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

Dende a Federación de Traballadores do Ensino (FETE-UGT), Raúl Gómez Farto sinala que esta situación demostra “o descenso xeneralizado en Educación” e refuta “declaracións do presidente nas que dicía que o gasto en Educación estaba blindado, pero como vemos a realidade á que nos leva é a contrario”. Pola súa banda, dende Comisións Obreiras, Marisa Sánchez Simón explica que “resulta moi negativo este tipo de diminucións en axudas públicas e hai que deixar claro que non contribúe a un dos aspectos do plan Boloña que é a dimensión social”. Sánchez Simón lembra que menos diñeiro para becas implica “problemas de acceso equitativo á Universidade e tamén problemas para rematar os estudos universitarios para persoas con dificultades económicas”.

Outra mostra das reducións de bolsas que xestiona a Consellería de Educación é o descenso do 54%que experimentan as axudas de catalogación, inventario e estudos do Museo Pedagóxico de Galicia, institución creada para recuperar e difundir todas as expresións educativas e lingüísticas do patrimonio pedagóxico. Este ano a partida destinada con tal fin ascende a 55.500 euros, mentres que no exercicio anterior o conxunto deste tipo de subvencións era de 122.500 euros.

 

MENOS PARA O ENSINO PÚBLICO

Pola súa banda, a CIG manifestou a súa total desconformidade co proxecto de orzamentos da Consellería de Educación para o próximo ano. Dende esta forza sindical, o secretario nacional de CIG-Ensino, Anxo Louzao, asegurou en rolda de prensa, que “por primeira vez na súa historia, redúcense considerablemente os orzamentos da Consellaría, o que comportará que se resinta o sistema público de ensino e que se reduza a calidade e a equidade educativa”.

A CIG denuncia que Educación ten previsto destinar máis diñeiro público ao ensino privado concertado (259.504.675 euros) que á suma do que destina para comedores escolares, gastos de funcionamento de todos os centros públicos, formación do profesorado, prevención do abandono escolar, gratuidade de libros de texto, política lingüística ou bibliotecas escolares.

Neste senso, Louzao sinala que a cantidade destinada no capítulo IV á subvención do ensino concertado “increméntase nun 1,06% mentres que a Consellería reduce o seu orzamento” e manifesta a súa contrariedade, xa que “esta partida supón o 11% do orzamento da Consellaría de Educación”.

Anxo Louzao engadiu que o gasto educativo público se sitúa preto dun punto por debaixo do PIB destinado a Educación polos países da Unión Europea, un 5,2%, fronte ao 4,3% de gasto público que Galicia dedica a este capítulo. Dende o seu punto de vista, Galicia “cada vez afástase máis do investimento mínimo en Educación”.

Anxo Louzao referiuse tamén aos fondos que destinará o próximo ano a Xunta presidida por Núñez Feijóo ao sistema universitario galego, que se reduce un 9,02%, que pasa dos 336.273.138 euros de 2009 aos 305.927.472 euros”.

Deste xeito, as forzas sindicais mostran o seu rexeitamento aos orzamentos que o Executivo de Feijóo destinará a Educación.

Si te gusta Xornal.com, compártenos con tus amigos.
Disfruta de la libertad de expresión.
Nota: es posible que tengas que estar registrado y autentificado en estos servicios para poder anotar el contenido correctamente.
publicidad
1
ale, a papar a mosca
menos
2009-11-10 15:01:41
Votade ó PP carallo!!!
2
Bolsas de investigación
Investigador
2009-11-10 12:33:11
O desta Xunta non ten nome... Eu vinme directamente afectado este ano porque ELIMINARON (nin sequera as reduciron...) as axudas para 3º ciclo (investigación). Eran unhas bolsas que te permitían vivir "decentemente" durante o/s ano/s que durase a túa investigación. Agora que se supón que debemos facer? Eu, polo momento, xa me vin obrigado a compaxinar estudos e traballo cuns horarios que desquiciarían a calquera... Así pretenden que Galicia saia do seu atraso?

Título:
Comentario:
Nombre:
Email: (no se visualizará)
Introduce la palabra de la imagen
Código de verificación para prevenir envíos automáticos.
kaptcha
Identificarse con:
  

Esta página publica todo tipo de opiniones, réplicas y sugerencias de interés general, siempre que sean respetuosas hacia las personas e intituciones.
Se aconseja un máximo de 15 líneas, que podrán ser extractadas por nuestra Redacción.
Los autores deben hacer constar: nombre y apellidos, y e-mail.
Aquellos textos que no se ajusten a estos criterios podrán ser retirados de la web.