O libro galego busca sitio nas ‘nubes’ da edición dixital

Os expertos animan a aprender dos erros da industria musical para non perder o tren tecnolóxico
Xornal.com Actualizado 14/11/2009 - 00:48 h.
0 Comentarios
Sin interésPoco interesanteDe interésMuy interesanteImprescindible 3 voto/s

É tempo de que o libro suba “ás nubes”, nas que xa están á música e o vídeo, a da distribución en liña na que o cliente non adquire físicamente o produto, senón que o consulta nun ceo virtual. E as editoras “teñen que posicionarse ben para facelo agora, ou serán outros os que ocupen o sitio”, asegurou Javier Celaya, socio fundador da web de comunicación cultural Dosdoce.com, que onte pronunciou a conferencia inaugural do VI Simposio do libro e a lectura, organizado pola Asociación Galega de Editores. Celaya recoñeceu, en todo caso, que Galicia non vai mal en canto a dixitalización de contidos, sobre todo no ámbito educativo, onde está á vangarda do Estado xunto con Cataluña e Andalucía. E esta mesma semana Xerais e Galaxia puxeron á venda as súas primeiras novidades en forma de libro dixita, novelas de Suso de Toro, Diego Ameixeiras –Xerais– e Anxo Rei Ballesteros –Galaxia–.

Porén, Celaya sinala que aínda que se está a avanzar no volcado dos contidos analóxicos a formatos dixitais, será preciso pensar tamén en libros “verdadeiramente dixitais”, porque a xeración dos que “naceron con internet vai demandar”.

Animou a aprender dos erros da industria da música “que se empeñou en manter o modelo de negocio anterior en circunstancias totalmente distintas” e, como modelo a seguir, citou os libros dixitais de Penguin Book, a editora inglesa, que vende os libros de Oscar Wilde con fotos de época dos lugares dos que fala o autor, fragmentos dos filmes baseados na súa obra, mapas vitorianos e outros servizos engadidos que lles permiten vender “edicións de luxo tres veces máis caras que a súa versión en papel”.

Destacou que a calidade do produto é fundamental, pero xa non pode ser o único alicerce dunha empresa. “Nun mundo no que nacen sete millóns de páxinas web cada día, hai que diferenciarse para poder sobrevivir”, argumenta Celaya. Os servizos engadidos poden ser unha das vías para diferenciarse, pero tamén pode selo a especialización temática, ou lingüística. Nese sentido, Celaya comenta que o libro en galego ten un nicho de mercado por explotar, e coas facilidades da distribución dixital, pode chegar a lugares nos que interesa, pero ten difícil estar fisicamente, “como nas universidades dos Estados Unidos que teñan un departamento de galego”. Con este argumento estivo de acordo Chema Díaz, xerente de Publidisa, a maior distribuidora de libros dixitais de España, que tamén participou onte no simposio.

Na súa opinión, entrar no mercado da rede será determinante para as empresas a partir deste ano, “porque cando comece a aumentar o volume de ventas, os que non saiban aproveitalo non terán outra que desaparecer”.

Si te gusta Xornal.com, compártenos con tus amigos.
Disfruta de la libertad de expresión.
Nota: es posible que tengas que estar registrado y autentificado en estos servicios para poder anotar el contenido correctamente.
publicidad

Título:
Comentario:
Nombre:
Email: (no se visualizará)
Introduce la palabra de la imagen
Código de verificación para prevenir envíos automáticos.
kaptcha
Identificarse con:
  

Esta página publica todo tipo de opiniones, réplicas y sugerencias de interés general, siempre que sean respetuosas hacia las personas e intituciones.
Se aconseja un máximo de 15 líneas, que podrán ser extractadas por nuestra Redacción.
Los autores deben hacer constar: nombre y apellidos, y e-mail.
Aquellos textos que no se ajusten a estos criterios podrán ser retirados de la web.