O Marco de Vigo comezou conte coa celebración do seu sétimo aniversario, no que participan gran cantidade de artistas. Durante todo o día proxectouse o Nexus, de Félix Fernández, Diana Larrea e Andrés Senra, unha videocreación que indaga en certos conceptos universais a través dos tres replicantes do filme Blade Runner. Poderase visitar durante toda a fin de semana.
Tamén ocupa as salas do museo o proxecto Doll-is, de María Castellanos e Alberto Valverde, que se basea nun sistema de conversa carente de sentido real e intelixente. Unhas bonecas con sistema de gravación almacenan frases que o espectador introduce, devolvéndoas de forma case aleatoria para crear ilusión dun diálogo. Un fenómeno crítico que se volverá demostrar hoxe e mañá, de 11.00 a 15.00 horas, en modo autoconversa, e de 17.00 a 21.00 horas, con accións co público.
Fin da festival ‘Chámalle X’
Onte tivo lugar, ademais,a performance Hullabelly, da alemá Nezaket Ekici, que clausura o Festival Chámalle X.VI Xornadas de Arte de Acción,un evento con sede en Pontevedra pero que por primeira vez traslada unha das súas actividades ao Marco. Hullabelly é unha obra que afonda en cuestións de xénero, e que tamén foi realizada na Bienal de Venecia de 2003. O festival Chámalle X ten o propósito de mostrarlle ao público un amplo panorama da performance en España, aínda que este ano se incluíu a figura do país invitado, unha honra inaugural que recaeu en Alemaña.
Ademais, onte comezaron os obradoiros 7 xogos para 7 velas, unha selección das actividades didácticas do museo que mellor acollida tiveron nestes sete anos.
