O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, asegurou que o Goberno galego impulsará a recepción da Televisión de Galicia (TVG) nas zonas galego falantes de Asturias, o Bierzo (León) e Sanabria (Zamora).
Núñez Feijóo explicou nunha intervención ante o pleno ordinario do Consello Asesor de Telecomunicacións e Audiovisual de Galicia que a TVG ten como función "clara" o "servizo público", así como "a promoción e a defensa da cultura e o idioma galego". Precisamente, esta é a demanda que fixo que varias organizacións do Bierzo pediran seguir recibindo o sinal da TVG.
