Viernes, 19 de marzo de 2010 - 15:23 h

O Supremo rexeita que os pais elixan a lingua do ensino

O Tribunal Supremo avala a capacidade da Xunta para definir a lingua das aulas e nega a un pai de Vigo a capacidade de decidir qeu o seu fillo estude unicamente en castelán.

Xornal.com Actualizado 21/11/2009 - 00:29 h.
5 Comentarios
Sin interésPoco interesanteDe interésMuy interesanteImprescindible 13 voto/s

A política de "libre elección" de lingua vehicular no ensino recibe un novo varapalo xudicial. O Tribunal Supremo vén de rexeitar, mediante unha sentenza, a posibilidade de que un pai de Vigo decida que o seu fillo reciba todas as clases en lingua castelá. Segundo o alto tribunal, esa decisión traería consigo unha vulneración da Lei de Normalización Lingüística, así como do Estatuto de Autonomía e da propia Constitución Española.

Esta sentenza xa ten xerado reacción entre os partidos políticos galegos. Mentres que nas filas de PSOE e BNG, a decisión do Supremo vén avalar a política lingüística do bipartito, desbotando o "dereito á ignorancia" dun dos dous idiomas oficiais do país, o PP asegura que a sentenza non contradí medidas como a enquisa aos pais promovida pola Consellería de Educación, ou a promesa de "liberdade lingüística" realizada por Alberto Núñez Feijóo no marco da campaña electoral do 1-M.

Pola contra, os conservadores galegos aseguran que o ditame xudicial concorda coa política lingüística desenvolvida pola Xunta "mentres estivo en mans do PP", ou, o que é o mesmo, avala a Lei de Normalización Lingüística aprobada polo Goberno de Gerardo Fernández Albor, desenvolvida por Manuel Fraga e cuestionada por parte da actual dirección do PPdeG.

Si te gusta Xornal.com, compártenos con tus amigos.
Disfruta de la libertad de expresión.
Nota: es posible que tengas que estar registrado y autentificado en estos servicios para poder anotar el contenido correctamente.
publicidad
1
Culpas e desinformación.
Cabalecho
2009-11-20 17:40:30
A sentencia non fai mais que cumprir coas leixes en vigor e co sentido común. Respecto ao que dí Chititrapero, preguntarlle: Quen foi o que fixo que o galego fora unha asiñatura obrigatoria? O fixo algun partido nazonalista? Ou foron vostedes mesmos ou os que pensan coma vostede os que nos quitaron a "libertad lingüística" da que fala?. Lémbrolle que os seus gobernaron esta Terra dende que temos Estatuto, ata agora, excepto perante seis anos. Pouco fixeron. Coido imprescindibel que denantes de escreber sobor dun tema, debería exixirse, a sí mesmo, unha información siquera un pouco mais contrastada.Vale?
2
As necedades de Malicia Pilingui e Ignorante
Rambling Irishman
2009-11-19 00:13:15
Chititrapero, sabes o que che digo? COLA CAO! xa sabes. Libertad lingüística, que carallo saberás ti.
3
Hai que volver a concordia linguistica da etapa fraga
vaj
2009-11-18 14:45:04
a sentenza confirma que existe un marco normativo vixente do bipartito en canto ao uso da lingua no ensino, que hai que cumprir mentres non sexa cambiado. Con respecto a isto, hai que facer fincapé en que a sentencia valida a política lingüística do anterior goberno do PP. Así mesmo, cómpre destacar que Galicia cumpre coa legalidade e coa Lei de Normalización Lingüística, que marca cantas horas se imparten en cada idioma na Comunidade.
4
Gol á idiotez!
2009-11-18 00:33:38
Como diría Peter Griffin... "zassss en toda a boca".
5
me alegro que se acuerden de las promesas
chititrapero
2009-11-17 23:47:12
Qué alegría oir al Conselleiro decir que se acuerda que Feijoo prometió libertad lingüística. Hacía mucho tiempo que no lo oía, creí que se habían olvidado. ¡Qué alivio!

Título:
Comentario:
Nombre:
Email: (no se visualizará)
Introduce la palabra de la imagen
Código de verificación para prevenir envíos automáticos.
kaptcha
Identificarse con:
  

Esta página publica todo tipo de opiniones, réplicas y sugerencias de interés general, siempre que sean respetuosas hacia las personas e intituciones.
Se aconseja un máximo de 15 líneas, que podrán ser extractadas por nuestra Redacción.
Los autores deben hacer constar: nombre y apellidos, y e-mail.
Aquellos textos que no se ajusten a estos criterios podrán ser retirados de la web.