Jueves, 18 de marzo de 2010 - 3:29 h

Un xulgado de Madrid nega a unha nai retornar a Vigo coas súas fillas porque "o ensino é en galego"

O BNG denuncia este caso de "discriminación lingüística"
Xornal.com Actualizado 24/11/2009 - 01:36 h.
22 Comentarios
Sin interésPoco interesanteDe interésMuy interesanteImprescindible 24 voto/s

O portavoz do BNG en materia de Lingua, Bieito Lobeira, e o irmán e portavoz da familia afectada, Manuel López Rodríguez, denunciaron esta mañá en rolda de prensa que un xulgado de Madrid ameaza a unha nai galega con retirarlle a custodia das súas fillas por trasladarse de Alcorcón a Vigo, debido a que “o ensino é en galego e esta lingua non é útil”.

En concreto, o auto do xulgado de Alcorcón négalle á nai que se traslade a Vigo debido ao perigo de “desarraigo que se extiende a su ámbito escolar, pues las menores han estado escolarizadas desde hace muchos años en el Colegio Amanecer, de Alcorcón, para ahora verse escolarizadas en Centros Públicos, en Vigo, con inmersión en un sistema escolar en lengua gallega, una lengua distinta a la que han sido escolarizadas hasta ahora, que más allá del ámbito de aquella Comunidad Autónoma, no se aprecia tenga ninguna otra utilidad práctica”.

O irmán da nai e portavoz da familia, Manuel López Rodríguez denunciou “o calvario o que se nos está sometendo, cunha evidente inxustiza por querer vivir en Galiza”.

Manuel Rodríguez criticou os prexuízos do xuíz de Alcorcón e salientou que “as nenas están perfectamente integradas en Vigo e son felices”. Respecto á lingua galega, subliñou “que para nada tiveron ningún problema: desde pequenas escoitano na familia e enténdeno; a maior pódese acoller á exención de galego na selectividade e a pequena quitou en galego unha nota de 8,5, gústalle e mesmo empeza a falalo”.

Por iso, pediulle a todas as forzas políticas galegas é a Xunta de Galiza para que apoien a súa causa e, no caso da administración galega, “emita informes para que se teña en conta a opinión das rapazas, que viven felices e perfectamente integras en Vigo”.

Perigo de que se sente xurisprudencia para discriminar ás persoas que viven en Galiza, Cataluña ou o País Basco

Pola súa parte, o deputado do BNG asegurou que “do punto de vista democrático e humano non se pode admitir que un xuíz lle denegue a unha nai separada que veña a vivir a Galiza polo feito de que teñamos lingua propia”.

Ademais, advertiu de que “argumentos como o deste xulgado de Alcorcón poden sentar xurisprudencia no futuro e calquera pai ou nai separado de Galiza, Cataluña ou Euscadi que viva en Madrid ou noutra Comunidade castelánfalante e queira voltar á súa terra perderá a custodia dos seus fillos”.

Lobeira alertou de que “se están vulnerando os deiros inalienábeis das persoas que falan galego” e por iso anunciou que o BNG trasladará no mes de xaneiro a institucións internacionais “casos concretos de persoas que ven conculcados os seus dereitos lingüísticos, como traballadoras e traballadoras despedidos por falaren galego”.

Ante esta situación, e no caso concreto da nai de Vigo, o deputado nacionalista presentou unha proposición non de lei no Parlamento Galego pola que se insta á Xunta de Galiza a “adoptar as medidas precisas, ao amparo da legalidade vixente, e no ámbito das súas competencias, nomeadamente a través das Consellarías de Traballo e Benestar, e Educación e Ordenación Universitaria, para evitar un caso flagrante de discriminación por razón de lingua, de pertenza e residencia na Galiza, que está a padecer unha familia de Vigo”.


Si te gusta Xornal.com, compártenos con tus amigos.
Disfruta de la libertad de expresión.
Nota: es posible que tengas que estar registrado y autentificado en estos servicios para poder anotar el contenido correctamente.
publicidad
1
Língua de minifúndio?
Suso Moinhos
2009-11-20 15:25:24
Neste mundo globalizado fai-se cada vez mais absurdo escrever duas línguas com alfabetos diferentes, ou escrever umha língua com umha ortografia determinada só porque é a ortografia própria da língua oficial no nível estatal. Se dividimos línguas à maneira minifundista, é claro que podam aparecer juízes a dizer que fora das nossas fronteiras a nossa língua nom valha para nada.
2
A solución é deixar coexistir de verdade as dúas linguas
Andrés
2009-11-19 15:32:24
Todo o que se impón dun xeito ou outro, xenera rechazo, así que eso é o que temos.
3
Da vergoña
Galegoman
2009-11-18 18:04:21
Da vergoña que haxa xuices dista calaña. E Frijolito, non vai dicir nada ?. Se cadra iste xuíz e dos seus bilingüístas amábeis.
4
Manda nabo
Chuchiño
2009-11-18 09:38:07
Nin a Franco se lle ocorriría un "destello" coma este! Se o pai de estes nenos non ten outros argumentos para impedir o alonxamento dos fillos, a cousa estache de carallo para riba. Que un pai cazurro e xenofobo o defenda pode ser mais ou menos comprehensible, pero que un xuiz o afirme sin caerlle a cara de vergoña e sin que se vexa levar unha labazada, non o podo entender, nin eu nin todo ser humano con un mínimo de mioleira.
5
RADICALIZA QUE ALGO QUEDA
ITO CASTRO
2009-11-18 01:51:23
SE SEGUEN ASI, VAN CREAR RADICAIS.......É LOGO QUE NON SE QUEIXEN....OUTRO ALDRAXE MAIS¡¡¡ EN RECIPROCIDADE .......PROIBIRIAMOS AOS FILLOS DOS GALEGOS EMIGRAR A MADRID? ALI NON ESCOLARIZAN MAIS QUE EN CASTELAN, DIGO EU¡
6
Que el alemán no sea oficial en Alemania
Manuel
2009-11-18 00:01:30
Indalecio o do tambor serías ti ¿non?. Veña que o galego non sexa oficial en galicia, de risa, e a próxima cal, ¿que o alemán non sexa oficial en Alemaña, ou o Sueco en Suecia?. Agora está claro, hai moitos que teríabn que mirar de arranxar algunha paga do estado por non chegar ao umbral do que se considera vida intelixente.
7
Están locos estos romanos!!!
chititrapero
2009-11-17 23:36:05
Este juez está tan fumado como el del constitucional. Yo tampoco comparto ninguna de las dos sentencias de hoy. El de la custodia es para nota. ¿En qué cabeza cabe semejante tontería? Me parece igual de injusta que la que dice que los padre no tenemos derecho a elegir la lengua en la enseñanza de nuestros hijos. Que se enteren que para bien o para mal somos los responsables de nuestros hijos.
8
POR CULPA DO GALEGO
PiPooy
2009-11-17 21:27:44
NÃO HA DUBIDAS, A CULPA É DO GALEGO.
9
Eramos poucos e pariu o xuiz
Cabalecho
2009-11-17 21:21:33
Manda carallo! Vostede sentenciador de ouvido nen coñece onde está Galicia nen a situación do galego nsta Terra. Xa estou farto de dicir que acato a sentencia mais non a comparto cando a persoa que a dicta amosa unha incompetencia supina en materia lingüística. Acredito que cando unha persoa, na profisión que sexa, amosa tal iñorancia, debe pasar a fresquera un tempo ou mellor, virse, neste caso, a Galicia, a aprender o "castelán" perante un tempo. Logo cecais comprenderían mellor o tema do idiona galego e xulgarían o tema dun xeito mais realista e menos radicalmente antigalego.

1 |  |     

Título:
Comentario:
Nombre:
Email: (no se visualizará)
Introduce la palabra de la imagen
Código de verificación para prevenir envíos automáticos.
kaptcha
Identificarse con:
  

Esta página publica todo tipo de opiniones, réplicas y sugerencias de interés general, siempre que sean respetuosas hacia las personas e intituciones.
Se aconseja un máximo de 15 líneas, que podrán ser extractadas por nuestra Redacción.
Los autores deben hacer constar: nombre y apellidos, y e-mail.
Aquellos textos que no se ajusten a estos criterios podrán ser retirados de la web.