Sábado, 20 de marzo de 2010 - 3:08 h

Unha nai pode perder a custodia das fillas por escolarizalas en galego

A familia das afectadas esixe , a través do BNG, que a Xunta actúe ante o “racismo lingüístico”
David Lombao Actualizado 24/11/2009 - 01:35 h.
23 Comentarios
Sin interésPoco interesanteDe interésMuy interesanteImprescindible 42 voto/s

“Perigo para as menores pola problemática relativa á inmersión lingüística en Galicia” ou “inmersión nun sistema escolar en lingua galega, unha lingua distinta á que foron escolarizadas ata o de agora que, alén do ámbito daquela comunidade autónomica, non se aprecia que teña outra utilidade práctica”. Son os principais argumentos que un xuíz da localidade madrileña de Alcorcón esgrime para instar a unha nai viguesa a retornar a Madrid coas súas fillas, de cuxa custodia dispón despois de terse divorciado.

A familia destas menores decidiu, na xornada de onte e a través do Grupo Parlamentario do BNG, sacar á luz o auto xudicial que, en palabras de Manuel López, irmán da nai demandada, cuestiona “o dereito dunha familia a voltar ao seu fogar” por causa do idioma.

Mentres que o voceiro da familia asegura que ambas nenas están “completamente integradas”, tamén no relativo á lingua, na cidade viguesa, o maxistrado observa na decisión materna de trasladarse a Vigo a finais de 2008 “un grave perigo” para a “formación e desenvolvemento integral” das menores, esencialmente, apunta, polo “desarraigo do seu entorno vivencial e social en Alcorcón”.

Ese “desarraigo”, prosigue o auto, “esténdese ao ámbito escolar”, xa que, despois de estar escolarizadas “hai moitos anos no Colexio Amanecer de Alcorcón”, agora “vense escolarizadas –salienta– en centros públicos, en Vigo, con inmersión nun sistema escolar en galego”.

Estas conclusións, apunta o tío das afectadas, chegan despois de que “o xuíz lle pregunte reiteradamente” á maior de ambas nenas que, na altura contaba con 16 anos, “se non ten problemas co galego”, 
unha cuestión á que a menor responde “que para ela nunca supuxo ningún problema”, ao contrario que para o maxistrado que “despois de varios veráns veraneando en Galicia, non entende a lingua galega”.

Así as cousas, Manuel López reclama a intervención das consellerías de Educación e Benestar que “certifiquen a integración total das nenas”, xa que, mentres unha delas está a piques de cursar as probas de acceso á universidade “con exención de proba de lingua”, no caso da menor de ambas, “a súa última nota de galego é dun 8,5”, sinala.

Si te gusta Xornal.com, compártenos con tus amigos.
Disfruta de la libertad de expresión.
Nota: es posible que tengas que estar registrado y autentificado en estos servicios para poder anotar el contenido correctamente.
publicidad
1
galego
CARMEN GARCIA
2009-11-22 20:21:33
agora que din na xunta,o frijol,e os bilingues,descriminazon linguistca,xa se sabe de que van.non enganan a naide.
2
Parábola
Cabalecho
2009-11-20 16:57:49
SSon dos que pensan que este caso sexa somentes un problema de aversión linguística, que tamén, senon de algo moito mais grave, innato e irrecuperabel: trátase, ao meu xuizo, dun severo problema de analfabetismo intelectual. O seu sintoma cardinal é a falla de capacidade para aceitar calisquera outra concepción de mirar a realidade que no sexa a súa propria e dun xeito excluínte.Ten características incapacitantes e permanentes o que conleva o non poder viver en sociedades democráticas. Mágoa.
3
A indixencia dos sabios
Toninho
2009-11-18 23:55:00
Estou por asinar cantas opinións se verten neste foro. Somentes, agardo que traballedes todos na procura de explicar aos inimigos da lingua, o calibre de ter cometido o erro de renegar do seu tesouro maís valioso. Temos que ser quen de facer entender aos renegados, canta riqueza nos ten por ofrecer o tesouro da lingua. Non nos serve gardarlle teima a tanta xente desinformada, temos que facer esforzos case que sobrenaturais para que nos entendan. Non son demonios quenes renegan, son faltos de Amor, si faltos de amor pola lingua, ou e que todos vos, non tedes amor pola lingua?. Quenes renegan,foron enganados e se cadra son cobardes, pero por engano non por convincion, son vulnerabeis, pero non burros. Xogamonos dabondo e se temos que dalo paso pois que así sexa. Como que cal e o paso? pois coma cando empezache a andar, ATREVENDOTE. Como atrevida e sabia indixencia.
4
NO PSIQUIATRICO!
Xoan
2009-11-18 20:29:00
Evidentemente con todo o meu respeito os xuices que cumpren coa sua misión e están nos seu cabanles, que son a amioría. Hay un grupo deles que non deberían estar traballando, senon no psiquiátrico.......
5
Bilingüísta amabel
Galegoman
2009-11-18 17:42:20
Se cadra, iste xuiz é dos bilingüístas amabeis que tanto queren o señor Feijoó e os seus acólitos de Galicia bilingüi-diglósica. Feijoó non ten nada que dicir a iste ataque a isas nenas e a toda a comunidade lingüística galega ?. Isto é unha vergoña
6
Que sería de nós se os madrileños...
arousan
2009-11-18 17:03:11
Qué sería de nós sen os pobres mandrileños, esa tan querida comunidade administrativa, que si ven os seus maiores postos de traballo son vía xestión das empresas privadas onde o seu marxe de explotación o obteñen non curiosamente explotando o territorio mandrileño senon outros territorios do estado, ou vía xestión pública onde o seu marxe de ingresos o obteñen vía impostos das anteriormente empresas citadas ou do resto das empresas onde a súa sede socíal non está na comunidade de mandriles. Respecto da noticia, que digo eu algo haberá que comentar, recórdame a unha noticia tamen actual na que una parella divorcida de EUA onde a nai era curiosamente española, un xuez español deulle a custoida a nai, que finalmente trouxo a filla a, curiosametne a España, dende os EUA.... baites!! e ahí non houbo queixa dos xueces polo cambio de idioma? Paréceme curioso que un cambio de idioma do Inglés o Español non produza un "desarraigo educacional" mais un cambio do Castelán o Galego sí... Por certo, tristemente a nai da divorciada en EUA está na cadea nese país, acusada de secuestro, xa que un xuez de EUA non opinaba exactamente igual que o xuez español. Saudos.
7
estratexia legal?
Xepe
2009-11-18 16:43:58
Supoño que será unha estratexia do avogado da parte paterna para retirarlle á nai a custodia. Que diría Obama se a unha nai se lle retira a custodia por ser negra? Compre que o Presidente da Xunta faga unha declaración institucional sinalando que non hai base legal nunha argumentación coma esta. É racismo lingüístico
8
Para Pedro: en Madrid también viven muchísimos trabajadores ...
Viguesa
2009-11-18 15:31:04
... los cuales pagan sus impuestos y que tienen todo el derecho del mundo a ganarse la vida. Y si hablas de impuestos, esos mismos trabajadores madrileños (entre los que hay muchos gallegos que han tenido que emigrar, porque sí, los gallegos seguimos emigrando) pagan impuestos como todos, y tienen derecho a servicios de infraestructuras, sanidad y educación igual que todos los demás ciudadanos. A ver si nos acordamos que en Madrid viven también personas trabajadoras. En cuanto a la noticia, pues ya se sabe como son los divorcios, y claramente el juez está equivocado en este caso.
9
E o goberno galego!
Xoan
2009-11-18 14:05:47
Sería moi interesante que se soubese a opiniómn que ten o Sr. Feijoo´ó e mais o seu goberno deste tema. O silencio e moi clarificador, xa se sabe que o que cala aoutorga!

1 |  |     

Título:
Comentario:
Nombre:
Email: (no se visualizará)
Introduce la palabra de la imagen
Código de verificación para prevenir envíos automáticos.
kaptcha
Identificarse con:
  

Esta página publica todo tipo de opiniones, réplicas y sugerencias de interés general, siempre que sean respetuosas hacia las personas e intituciones.
Se aconseja un máximo de 15 líneas, que podrán ser extractadas por nuestra Redacción.
Los autores deben hacer constar: nombre y apellidos, y e-mail.
Aquellos textos que no se ajusten a estos criterios podrán ser retirados de la web.