Viernes, 19 de marzo de 2010 - 15:08 h

O Supremo desbota que os pais decidan sobre o idioma do ensino

D.L. Actualizado 24/11/2009 - 01:40 h.
0 Comentarios
Sin interésPoco interesanteDe interésMuy interesanteImprescindible 6 voto/s

Novo revés xudicial para os colectivos opostos á presenza da lingua galega nas aulas. O Tribunal Supremo vén de ditar unha sentenza a través da cal desestima o recurso interposto en 2007 por un pai vigués contra a Xunta, co obxectivo de que “os estudos de educación primaria do seu fillo se impartan integramente en lingua castelá”.

O alto tribunal lembra que tanto a Constitución coma o Estatuto de Autonomía establecen que “a coexistencia de dúas linguas non só autoriza, senón que esixe (...), o seu conxunto tratamento e a esixencia do galego nos niveles de estudo non universitarios”. Do mesmo xeito, subliña que “a discriminación” alegada polo pai “se produciría no caso de que a Administración autorizase o pretendido”, isto é, que o galego desparecese do currículo do fillo do demandante.

O feito de que o Supremo subliñe que o ordenamento legal “non autoriza o deseño do currículo educativo dos fillos a conveniencia dos pais” foi acollido de bo grao dende a Mesa pola Normalización Lingüística xa que, a xuízo do seu presidente, Carlos Callón, a sentenza “ratifica” o aínda vixente decreto de uso do galego no ensino.

Dende o punto de vista de Callón, o tribunal deixa claro a imposibilidade de que calquera familia se acolla ao “dereito á ignorancia”, polo que, apunta, só resta que o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, “escoite” e manteña a regulación implantada polo bipartito.

Unha interpretación ben diferente é a realizada por Galicia Bilingüe. A xuízo deste colectivo, contrario ás medidas de normalización da lingua propia, “o Supremo deixa aberta a porta a que se escolla ou non a lingua do ensino”, xa que se limita a salientar que ese dereito a elixir non é “fundamental”, polo que Feijóo debe “cumprir a súa promesa”.

 

Si te gusta Xornal.com, compártenos con tus amigos.
Disfruta de la libertad de expresión.
Nota: es posible que tengas que estar registrado y autentificado en estos servicios para poder anotar el contenido correctamente.
publicidad

Título:
Comentario:
Nombre:
Email: (no se visualizará)
Introduce la palabra de la imagen
Código de verificación para prevenir envíos automáticos.
kaptcha
Identificarse con:
  

Esta página publica todo tipo de opiniones, réplicas y sugerencias de interés general, siempre que sean respetuosas hacia las personas e intituciones.
Se aconseja un máximo de 15 líneas, que podrán ser extractadas por nuestra Redacción.
Los autores deben hacer constar: nombre y apellidos, y e-mail.
Aquellos textos que no se ajusten a estos criterios podrán ser retirados de la web.