Instan a Xunta a rehabilitar en dous anos o templo votivo de Panxón

REDACCIÓN Actualizado 29/11/2009 - 00:53 h.
0 Comentarios
Sin interésPoco interesanteDe interésMuy interesanteImprescindible 2 voto/s

Os tres grupos con representación no Parlamento de Galicia decidiron onte por unanimidade instar a Xunta a levar a cabo, no prazo máximo dun ano, un proxecto técnico que sirva para fixar o ámbito de rehabilitación do Templo Votivo do Mar de Panxón, na localidade pontevedresa de Nigrán.

Así, no prazo máximo dun ano tras a confección deste estudo, deben comezar as obras de restauración do citado inmoble, tal e como aprobaron onte os deputados presentes na Comisión de Educación e Cultura tras transaccionar sendas proposicións non de lei de PPdeG e PSdeG.

Tanto o deputado popular Ignacio López Chaves como o socialista Francisco Cerviño reivindicaron esta obra do arquitecto Antonio Palacios e coincidiron ao sinalar que “precisa ser restaurada” ante os “serios problemas” que acumula e que derivan nun estado de “abandono”.

Con eles coincidiu a parlamentaria do BNG Ana Pontón, quen aproveitou para destacar a “sensibilidade” do bipartito en materia de rehabilitación, que se traduciu en actuacións en “unha importante cantidade” de mostras do patrimonio galego.

Plan das Artes Escénicas

Ana Pontón tamén presentou unha proposición non de lei sobre o impulso ao Plan Galego das Artes Escénicas, que contou cos votos a favor dos socialistas e co rexeitamento dos populares, o que impediu a súa aprobación.

López Chaves explicou que o seu partido, desde a Xunta, “quere revisalo coa lexitimidade que lle dan as urnas” co fin de facelo “executable”, xa que o plan aprobado polo bipartito “carece de memoria económico-financeira”.

A socialista Concepción Burgo evidenciou os “nove meses” que acumula o actual Goberno galego de retraso para criticar que o plan “nin se revisou nin se fixo”, e Pontón acusou a Xunta de “pór en perigo” ao sector na súa liña de “eliminar os elementos singulares” de Galicia.

Si te gusta Xornal.com, compártenos con tus amigos.
Disfruta de la libertad de expresión.
Nota: es posible que tengas que estar registrado y autentificado en estos servicios para poder anotar el contenido correctamente.
publicidad

Título:
Comentario:
Nombre:
Email: (no se visualizará)
Introduce la palabra de la imagen
Código de verificación para prevenir envíos automáticos.
kaptcha
Identificarse con:
  

Esta página publica todo tipo de opiniones, réplicas y sugerencias de interés general, siempre que sean respetuosas hacia las personas e intituciones.
Se aconseja un máximo de 15 líneas, que podrán ser extractadas por nuestra Redacción.
Los autores deben hacer constar: nombre y apellidos, y e-mail.
Aquellos textos que no se ajusten a estos criterios podrán ser retirados de la web.