Carlos Varela: “Os castelos galegos están desprotexidos”

A Xunta aposta pola “cooperación activa” entre Administracións para conservar o patrimonio
Xornal.com Actualizado 19/11/2009 - 12:15 h.
0 Comentarios
Sin interésPoco interesanteDe interésMuy interesanteImprescindible 0 voto/s

O fiscal superior de Galicia, Carlos Varela, asegurou onte que o patrimonio monumental galego está “totalmente desprotexido” debido á “precariedade financeira dos concellos onde están localizados os máis destes castelos e torres”, precisou. Varela realizou estas declaracións no transcurso da xornadas sobre Castelos, torres e enclaves históricos, que se celebrou onte na Illa de San Simón, en Pontevedra. A Consellería de Cultura e a recén creada Asociación de concellos con castelos, torres e enclaves históricos organizaron o evento que, baixo o lema O pasado ten futuro, tenta resaltar o valor deste tipo de construcións.

O fiscal animou os municipios galegos a asociarse para obter fondos cos que rehabilitar o seu patrimonio histórico e conseguir “a súa posta en valor a través dos organismos europeos encargados da súa protección”. Ademais, o máximo representante do Ministerio Fiscal en Galicia censurou que a Lei do Patrimonio Cultural de Galicia “non se desenvolve coa correspondente partida orzamentaria”, xa que ao non elaborar “un plan específico de intervención, non impedirá o deterioro progresivo desta arquitectura medieval defensiva”, sinalou.

Por outra banda, Carlos Varela explicou que “aínda quedan moitas edificacións en mans de particulares” que, “con afán especulativo, prefiren ver como se derruban ameas e torres antes de chegar a un acordo razoable coas institucións públicas”, sinalou.

Neste sentido, a recente morte do titular do castelo de Pambre, en Palas de Rei, deixou en suspenso o acordo entre a Xunta e o seu propietario, Manuel Taboada, que pactara abrir o inmoble ás visitas a cambio de que unha entidade aboara un seguro de responsabilidade civil e os gastos de vixilancia. No seu testamento, Taboada cedeu a propiedade, declarada Ben de Interese Cultural (BIC), a unha congregación relixiosa, Hermanos Misioneros de los Enfermos Pobres, o que fai que a Dirección Xeral de Patrimonio teña que tramitar un novo expediente.

O fiscal superior de Galicia tamén lembrou que “a Constitución establece a protección do patrimonio cultural, con independencia do seu titular”. O que, segundo explicou, “quere dicir que a propiedade privada non é un dereito absoluto; os cidadáns non poden actuar sobre os seus propios bens de calquera xeito”. O caso do pazo de Meirás, en Sada, axústase á perfección á reflexión do fiscal. A súa propietaria, Carmen Franco, acudiu aos tribunais en reiteradas ocasións para demorar a apertura do recinto, xa que foi declarado BIC e por iso debe permitir a entrada do público.

Pola súa banda, o conselleiro de Cultura, Roberto Varela, apostou pola “cooperación activa” entre as Administracións autonómica, provincial e municipal para conservar o patrimonio monumental a través dunha “rede de intercambio”.

Si te gusta Xornal.com, compártenos con tus amigos.
Disfruta de la libertad de expresión.
Nota: es posible que tengas que estar registrado y autentificado en estos servicios para poder anotar el contenido correctamente.
publicidad

Título:
Comentario:
Nombre:
Email: (no se visualizará)
Introduce la palabra de la imagen
Código de verificación para prevenir envíos automáticos.
kaptcha
Identificarse con:
  

Esta página publica todo tipo de opiniones, réplicas y sugerencias de interés general, siempre que sean respetuosas hacia las personas e intituciones.
Se aconseja un máximo de 15 líneas, que podrán ser extractadas por nuestra Redacción.
Los autores deben hacer constar: nombre y apellidos, y e-mail.
Aquellos textos que no se ajusten a estos criterios podrán ser retirados de la web.