Ferrol merca a casa de Carvalho Calero para convertela en museo

REDACCIÓN Actualizado 29/11/2009 - 00:53 h.
0 Comentarios
Sin interésPoco interesanteDe interésMuy interesanteImprescindible 1 voto/s

O Concello de Ferrol tramitará nos próximos días a adquisición da casa natal do lingüista e historiador ferrolán Ricardo Carvalho Calero, por unha cantidade aproximada de 400.000 euros, para convertela en centro de lecer e museo.

O concelleiro de Urbanismo de Ferrol, o socialista Ángel Mato, explicou a Europa Press que xa se chegou a un acordo cos propietarios da casa natal de Ricardo Carvalho Calero. A adquisición expúxose como “obxectivo prioritario” desde o inicio da presente lexislatura, xa que en 2010 se cumpre o centenario do nacemento do filólogo ferrolán, un dos principais impulsores do achegamento entre o galego e o portugués no eido normativo.

“Estamos a poucas semanas de dar cumprimento a un acordo unánime de todos os grupos políticos do Concello de Ferrol” para recuperar a casa natal, situada na rúa San Francisco, no barrio do Ferrol Vello, e que se atopa en estado de ruína, como se pode ver na imaxe xunto a estas liñas. A actuación no inmoble, que xa estaba incluída no PXOM, iniciarase en canto estea pechado ese acordo de compra, co que o Concello poderá intervir xa no edificio, que se atopa moi deteriorado. O custo da adquisición será “acorde á taxación” que ten un inmoble nesa zona, e que segundo avanzou Ángel Mato, roldará os “400.000 euros”.

O Concello de Ferrol reclamou que se lle dedicase o Día das Letras Galegas ao filólogo ferrolán, aínda que este ano a Real Academia Galega se decantou polo poeta do Courel, Uxío Novoneyra.

Si te gusta Xornal.com, compártenos con tus amigos.
Disfruta de la libertad de expresión.
Nota: es posible que tengas que estar registrado y autentificado en estos servicios para poder anotar el contenido correctamente.
publicidad

Título:
Comentario:
Nombre:
Email: (no se visualizará)
Introduce la palabra de la imagen
Código de verificación para prevenir envíos automáticos.
kaptcha
Identificarse con:
  

Esta página publica todo tipo de opiniones, réplicas y sugerencias de interés general, siempre que sean respetuosas hacia las personas e intituciones.
Se aconseja un máximo de 15 líneas, que podrán ser extractadas por nuestra Redacción.
Los autores deben hacer constar: nombre y apellidos, y e-mail.
Aquellos textos que no se ajusten a estos criterios podrán ser retirados de la web.