Santiago será en 2010 a sede da Conferencia Sectorial de Cultura

REDACCIÓN Actualizado 03/12/2009 - 13:30 h.
1 Comentarios
Sin interésPoco interesanteDe interésMuy interesanteImprescindible 0 voto/s

Santiago de Compostela acollerá en 2010 a segunda Conferencia Sectorial de Cultura, o pleno da cal tivo lugar onte en Sevilla, coincidindo coa celebración do Xacobeo e do Ano do Libro e a Lectura en Galicia. Decidiuno onte o pleno da Conferencia Sectorial en resposta a unha petición realizada polo conselleiro de Cultura, Roberto Varela, nunha reunión mantida por representantes autonómicos coa ministra de Cultura, Ángeles González Sinde, o pasado mes de xullo.

Varela asegurou que o Ano do Libro contará cun apoio orzamentario de 2.850.000 euros, cunha programación que incluirá proxectos de animación cultural, congresos e conmemoracións, actividades de promoción e difusión do libro, fomento da lectura e a escritura e iniciativas para a mellora da xestión pública do libro e as bibliotecas.

A traballar no dixital

Na décimo segunda reunión do Pleno da Conferencia Sectorial participaron a ministra de Cultura e os representantes das 17 comunidades autónomas para tratar temas relativos á presidencia española da Unión Europea no próximo ano, así como a posta en marcha de proxectos tecnolóxicos de promoción da cultura.

Neste sentido, acordouse traballar na creación e habilitación de ferramentas web e novas tecnoloxías, o que responde á necesidade de habilitar plataformas de colaboración institucional que permita aos cidadáns acceder máis doadamente ás actividades culturais que realizan as entidades públicas e privadas. Así, a consellería apoiará a adhesión ao portal web España, destino cultural, que integrará a información procedente do ministerio, comunidades e concellos.

Si te gusta Xornal.com, compártenos con tus amigos.
Disfruta de la libertad de expresión.
Nota: es posible que tengas que estar registrado y autentificado en estos servicios para poder anotar el contenido correctamente.
publicidad
1
E sigan dándolle...para quen?
ameixeiras
2009-11-24 15:58:12
Sres de Cultura ( que non da)vostedes déanlle e déanlle e xa me dirán para quen lle dan, pois aquí non hai nada para case nada ou moi pouco.Non sei que andrómenas traman pero que dean no miolo da nosa esencia non se vé ningunha...poño por caso...el como vai o do Ibby en Compostela? Quen o está montando e como é a que monta? Xa veremos...fume sen parar.Vostedes dispersen...colegueen co outro de Educa e miren aonde se van e o demáis..nada de nada.No fondo, vostedes son ...eses acomplexados militantes no autoodio.Unha desgraza para este país aínda que graza para os que o queren esfarelar.

Título:
Comentario:
Nombre:
Email: (no se visualizará)
Introduce la palabra de la imagen
Código de verificación para prevenir envíos automáticos.
kaptcha
Identificarse con:
  

Esta página publica todo tipo de opiniones, réplicas y sugerencias de interés general, siempre que sean respetuosas hacia las personas e intituciones.
Se aconseja un máximo de 15 líneas, que podrán ser extractadas por nuestra Redacción.
Los autores deben hacer constar: nombre y apellidos, y e-mail.
Aquellos textos que no se ajusten a estos criterios podrán ser retirados de la web.