Iberdrola pone en perigo o turismo do Sil ao secar o cauce oito meses

>> O sector turístico busca actividades para manter aos 30.000 turistas anuais malia non poder recorrer un treito da canle

 >> A Deputación de Lugo prepara alternativas porque isto imposibilitará navegar en catamarán

Marcos Sueiro Actualizado 26/11/2009 - 03:32 h.
2 Comentarios
Sin interésPoco interesanteDe interésMuy interesanteImprescindible 10 voto/s

A compañía eléctrica Iberdrola volverá a traballar no canle do Sil, na Ribeira Sacra, o ano próximo. A intención da empresa vasca é a de rebaixar o caudal en 30 metros –este ano as maiores baixadas foron de 15 metros–, para poder dragar o río, o que impedirá que os catamaráns poidan circular dende o mes de abril ata o mes de novembro. A actuación conta coa autorización da Confederación Hidrográfica Miño-Sil pero as administracións provinciais e locais preparan un plan para frear as consecuencias derivadas da falta de navegabilidade do río.

Segundo datos facilitados polo concello de Monforte de Lemos o catamarán é utilizado anualmente por 30.000 persoas. O alcalde da cidade asegurou que “é evidente que se a xente non pode montar no catamarán pois non vai vir, e loxicamente para Monforte e para Sober non é unha boa noticia”.

Dende a Deputación de Lugo, a súa vicepresidenta María Xosé Vega, reuniu aos distintos sectores implicados para tentar artellar unha resposta conxunta para amortizar a posible perda de visitantes, en pleno Ano Xacobeo, nunha zona turística de primeira orde. Vega asegurou a Xornal de Galicia que se trata de unir todos os esforzos para que o impacto económico “sexa o menor posible”.

 

COMISIÓN DE EXPERTOS

A idea na que traballan os sectores implicados é “propoñer actividades alternativas nesta zona afectada do río que deseñen unha oferta alternativa aos posibles visitantes”. A tal fin conformouse unha comisión técnica composta por unha economista, un avogado, un biólogo e un historiador da Universidade de Santiago para elaborar unha serie de propostas e presentarllas a todos os organismos implicados.

Os membros deste órgano solicitarán unha reunión aos representantes da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil, á propia compañía Iberdrola e aos responsables do Xacobeo para que subvencionen actividades alternativas e contribúan a pór en marcha o plan de alternativas. A intención da Comisión é acelerar canto antes todos os contactos para “evitar que os cidadáns que se despracen o próximo ano a Ribeira Sacra vexan lodo e polo menos se lles ofreza outra cousa”.

Dende o sector turístico, a Asociación de Profesionais do Turismo Rural Lugo Sur, a través da súa presidenta, Carmen Martínez, cre que as actuacións promovidas pola Deputación provincial son positivas aínda que un pouco tardías porque “isto xa se sabía e o ano Xacobeo está aí”.

A empresaria reclama tamén a compañía eléctrica unha maior sensibilidade coa Ribeira Sacra porque segundo di: “Eles saben moi ben canta xente monta no catamarán e goza desta zona privilexiada” e conclúe que “para algúns dos restaurantes e cafeterías situados na zona pode supoñer a quebra porque se fixeron inversións moi fortes que cómpre rendibilizar”.

Carmen Martínez sostén que as cousas deberon facerse doutro xeito. A directiva de Lugo Sur espera que a iniciativa posta en marcha pola Deputación de Lugo “serva para que Iberdrola e os demais organismos compensen coas súas achegas as posibles perdas ocasionadas por unha obra inevitable”.

 

UNHA POLÉMICA QUE VÉN DE LONXE

Os traballos da eléctrica no encoro de San Estevo, nos canóns do Sil, para ampliar a súa potencia, veñen xerando a polémica polas secas do río dende hai uns meses. Aínda que ecoloxistas e políticos xa pedirán a paralización das obras pero lonxe disto o ano próximo tamén deixarán aos catamaráns amarrados.

Si te gusta Xornal.com, compártenos con tus amigos.
Disfruta de la libertad de expresión.
Nota: es posible que tengas que estar registrado y autentificado en estos servicios para poder anotar el contenido correctamente.
publicidad
1
Os amigos de Guerra
Foucellas
2009-11-24 12:55:18
A estes son a quen o conselleiro de Desindustria da Xunta o tal Guerra lle vai a dar os muiños de vento. Algun día non nos deixaran andar polo monte xa que lle podemos respirar o aire
2
noso pattimonio
f.d.vila
2009-11-24 08:34:54
danlle a una empresa privada o noso patrimonio,beneficio para un so, os demais temos que perder todo

Título:
Comentario:
Nombre:
Email: (no se visualizará)
Introduce la palabra de la imagen
Código de verificación para prevenir envíos automáticos.
kaptcha
Identificarse con:
  

Esta página publica todo tipo de opiniones, réplicas y sugerencias de interés general, siempre que sean respetuosas hacia las personas e intituciones.
Se aconseja un máximo de 15 líneas, que podrán ser extractadas por nuestra Redacción.
Los autores deben hacer constar: nombre y apellidos, y e-mail.
Aquellos textos que no se ajusten a estos criterios podrán ser retirados de la web.