O escritor Rafael Sánchez Ferlosio foi galardoado este martes co premio Nacional das Letras Españolas 2009. Este galardón, que concede o Ministerio de Cultura para distinguir o conxunto do labor literario dun autor español, escrita en calquera das linguas españolas, está dotado con 40.000 euros.
O Xurado estivo composto por José Manuel Blecua, pola Real Academia Española; Andrés Fernández-Albalat, pola Real Academia Galega; Andrés Urrutia, pola Real Academia da Lingua Vasca; Marta Pessarrodona, polo Instituto de Estudos Cataláns; José J. Gómez Asencio, pola Conferencia de Reitores das Universidades Españolas (CRUE); Juan Mollá, pola Asociación Colexial de Escritores (ACE); Santos Alonso Fernández, pola Asociación Española de Críticos Literarios; Lucía Martínez Odriozola, pola Federación de Asociacións de Xornalistas de España (FAPE); Esther Tusquets pola ministra de Cultura e Ana María Matute, autora galardoada en 2007.
Actuou como presidente o director xeral de Libro, Arquivos e Bibliotecas, Rogelio Branco, e como vicepresidenta a subdirectora xeral adxunta de Promoción do Libro, a Lectura e as Letras Españolas, Isabel Ruiz de Elvira
