Martes, 09 de febrero de 2010 - 19:31 h

Feijóo di que a oposición tenta acadar “na rúa” as súas políticas sobre o galego

REDACCIóN Actualizado 27/11/2009 - 02:12 h.
4 Comentarios
Sin interésPoco interesanteDe interésMuy interesanteImprescindible 5 voto/s

O presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, denunciou onte que “a oposición intenta conseguir na rúa o que non conseguiu nas urnas en materia lingüística”. O líder do PPdeG fixo estas declaracións nunha entrevista concedida a Onda Cero na que recalcou que “a sociedade votou moi claramente e en liberdade” e que “en política non hai un indicador máis claro que o resultado nas urnas”, aínda que aceptou que “todas as opinións son respectables”.

Nestes termos referiuse o dirixente galego á manifestación en defensa da lingua propia do país celebrada o pasado 18 de outubro en Compostela e impulsada pola plataforma Queremos Galego, apoiada polo BNG.

Feijóo insistiu en que “en Galicia hai unha serie de persoas que queren politizar a lingua, o quixeron sempre”. O popular insistiu en que “pretenden facer divisións entre os galegos bos e os galegos malos, os galegos que queren a lingua e os que non a queren. Segundo a súa terminoloxía, os galegos que son máis galegos que españois e os outros, que son exclusivamente españois”. Así, en relación ao decreto do galego no ensino, recalcou que “se a maioría das asignaturas se dan en galego, produciríase un empobrecemento lingüístico”.

Si te gusta Xornal.com, compártenos con tus amigos.
Disfruta de la libertad de expresión.
Nota: es posible que tengas que estar registrado y autentificado en estos servicios para poder anotar el contenido correctamente.
publicidad
1
LEI ELECTORAL
CARMEN GARCIA
2009-11-25 23:47:11
HAI QUE CAMBIAR A LEI ELETORAL,GALIZA È DE ESQUERDAS.
2
y por qué no se presentaron juntos?
votante
2009-11-25 23:13:41
Será porque el psoe se desvinculó de la politica luingüística en los días previos de las elecciones. ¿O no os acordais?. Para poder hablar claramente de esa suma que se presenten juntos en la elecciones.
3
sumar, restar....
Botante
2009-11-25 16:43:46
5.000 votos máis, señor Feijoo?
4
mentira!
umqualquer
2009-11-25 11:49:29
pero até quando imos ter de aguantar as suas mentiras! nas eleiçons só havia duas escolhas: BNG+PSOE ou PP; o PP obtivo 5000 votos menos do que o bipartito.

Título:
Comentario:
Nombre:
Email: (no se visualizará)
Introduce la palabra de la imagen
Código de verificación para prevenir envíos automáticos.
kaptcha
Identificarse con:
  

Esta página publica todo tipo de opiniones, réplicas y sugerencias de interés general, siempre que sean respetuosas hacia las personas e intituciones.
Se aconseja un máximo de 15 líneas, que podrán ser extractadas por nuestra Redacción.
Los autores deben hacer constar: nombre y apellidos, y e-mail.
Aquellos textos que no se ajusten a estos criterios podrán ser retirados de la web.