Anxo Rei Ballesteros xogaba a ser un 'outsider', según Dolores Vilavedra

A revista ‘Grial’ desmonta tópicos sobre Anxo Rei Ballesteros, o único escritor galego que se identificaba como tal no seu DNI
A. Losada Actualizado 04/12/2009 - 01:31 h.
0 Comentarios
Sin interésPoco interesanteDe interésMuy interesanteImprescindible 1 voto/s

“Anxo Rei Ballesteros xogaba a ser un outsider, un heterodoxo, e dende logo era un tío ideoloxicamente moi particular, pero se indagamos na súa obra descubrimos que era unha persoa moi seria, que afrontaba o compromiso coa escrita cunha dedicación incrible. Outsider si, ma non troppo”, di Dolores Vilavedra, coordinadora, xunto a Carlos Fernández, do número que a revista Grial lle adica este mes á figura do escritor de Boqueixón, falecido en outubro de 2008.

Rei Ballesteros irrompeu nas letras galegas en 1977, coa novela Dos anxos e dos mortos, na que demostrou o seu dominio do monólogo interior, da corrente de pensamento e do estilo indirecto libre. E un texto moi citado e pouco lido, que adoita verse coma o punto fundacional da nova xeración de narradores.

Porén, para Vilavedra, é máis ben “o remate dun ciclo, xa que todas as novidades técnicas introducidas pola Nova Narrativa Galega, nos cincuenta e nos sesenta [Ferrín, Casares, Gonsar, Queizán], e asimílaas, fai que deixen de ser unha cousa experimental e introdúceas dentro do patrimonio literario”.

Argumenta a filóloga que, de feito, a pegada de Rei Ballesteros nos autores que veñen despois é máis ben liviá. “Comparte un certo enfoque nihilista e un certo tipo de personaxes solitarios e incomunicados con Suso de Toro ou Cid Cabido, pero pode non ser tanto influencia directa como coincidencia, xa que os tres comparten un mesmo contorno e unhas inquedanzas”.

O longo tempo que pasou entre Dos anxos e os mortos e a segunda novela do autor de Boqueixón, Loaira –publicada en 1992–, fixo que no seu día o crítico Xoán González Millán valorase a literatura de Rei Ballesteros como “esporádica e fundacional”, pero Vilavedra comenta que esta imaxe de autor de referencia pero con pouca obra foise volvendo máis inexacta cos anos. “El vivía só de escribir, nunca tivo outro oficio, así que non podía ser tan esporádico. De feito, no seu DNI aparecía “escritor” como profesión, o que ata onde eu sei é un caso único na literatura galega”. Como proba, neste número 183 de Grial publícanse varios textos inéditos ou pouco coñecidos do autor, publicados en revistas : Un tal Valmont, Exaltación da peste, O Revólver, Carta inacabada a Xoán González Millán.

Si te gusta Xornal.com, compártenos con tus amigos.
Disfruta de la libertad de expresión.
Nota: es posible que tengas que estar registrado y autentificado en estos servicios para poder anotar el contenido correctamente.
publicidad

Título:
Comentario:
Nombre:
Email: (no se visualizará)
Introduce la palabra de la imagen
Código de verificación para prevenir envíos automáticos.
kaptcha
Identificarse con:
  

Esta página publica todo tipo de opiniones, réplicas y sugerencias de interés general, siempre que sean respetuosas hacia las personas e intituciones.
Se aconseja un máximo de 15 líneas, que podrán ser extractadas por nuestra Redacción.
Los autores deben hacer constar: nombre y apellidos, y e-mail.
Aquellos textos que no se ajusten a estos criterios podrán ser retirados de la web.