Martes, 09 de febrero de 2010 - 14:29 h

Europa advirte a Feijóo pola política lingüística da Xunta

A axencia europea das linguas minorizadas da UE informa de que "as medidas adoptadas contra a lingua galega supoñen unha vulneración de tratados internacionais sobre os dereitos lingüísticos"
Xornal.com Actualizado 30/11/2009 - 01:02 h.
12 Comentarios
Sin interésPoco interesanteDe interésMuy interesanteImprescindible 40 voto/s

A European Bureau for Lesser Ussed Lenguages (EBLUL, Axencia Europea das Linguas Minorizadas) emitiu unha resolución na que reprende a política lingüística emprendida polo Executivo de Alberto Núñez Feijóo, tras a reunión de que este organismo celebrou onte en Barcelona.

O texto "informa" á Xunta de Galicia de que "as súas medidas adoptadas contra a lingua galega desde o pasado mes de abril supoñen unha vulneración de tratados internacionais sobre dereitos lingüísticos subscritos polo Estado español" e contra a Carta Europea de Linguas Rexionais e Minorizadas.

A EBLUL afirma na súa resolución que "resulta de especial gravidade" que "non só non se puxese en marcha ningunha das medidas recomendadas", senón "que se desmantelasen algúns dos proxectos máis aplaudidos polo Consello de Europa", entre os que se cita á antiga Rede Galega de Escolas Infantís, Galescolas, "a única rede de ensino que contemplaba con normalidade o uso do galego".

O documento "anima" ao Goberno galego a "que desenvolva unha política lingüística de extensión social da lingua propia de Galicia", á vez que lle advirte que "de continuar a súa política de desprotección" trasladarase a situación aos diferentes foros internacionais onde a EBLUL atópase presente.

Esta entidade da UE está promovida polo Parlamento Europeo, e posúe rango de entidade consultiva ante o Consello de Europa e a Organización das Nacións Unidas (ONU).

Si te gusta Xornal.com, compártenos con tus amigos.
Disfruta de la libertad de expresión.
Nota: es posible que tengas que estar registrado y autentificado en estos servicios para poder anotar el contenido correctamente.
publicidad
1
Europeistas de cartón pedra.
Cabalecho
2009-11-28 00:01:04
Xa se mira que estes desgobernantes galegos, gañaronse a Europa en poucos meses.Haberá que denuncialos ao Tribunal Europeo a mais de por vulnerar a Carta Europea de Linguas Rexionais e Minorizadas, por mamelucos. Oes, estoume a dar conta do que se pode artellar con esa verba... Perdonando se faltei e ao carallo!
2
Xa o resolvo eu...
Ragoles
2009-11-27 22:52:54
E o Sr. Feijoo actuará rápidamente ante a "advertencia da EBLUL" e suvencionará com mais millons a La Voz de Jalisia....
3
Lingua de dignidade
Xose Manuel Goris Cuiña
2009-11-27 21:57:22
A nosa lingua non está sola Feijoo,somos moitos na Galiza que a defendemos e son moitos tamen fora que teñen a capacidade a intelixencia de entender que as linguas e as culturas todas son bens que pertencen a toda a humanidade. No canto desto vos sodes poucos,e as vosas sinrazons non vos valen para levar a diante os propositos de destrución que tedes plantexado contra da lingua da Galiza; este e un dos primeiros toques de atención fora da Galiza, aqui xa tuvestes un par deles masivos lembrobos o 17 de Maio e o 18 de Outubro. Feijoo,Vazquez e Lorenzo atentos o que ben o voso futuro vai quedar escrito na indignidade de lle querer roubar o dereito a un povo de se expresar na sua milenaria lingua, mais non seredes quen de o conseguir Galiza e os galegos xunto co resto da humanidade temos dignidade, temos razón e non volo imos permitir.
4
Non de todo igual
XG
2009-11-27 21:05:54
A mala imaxe preocuparalle; máis se o organismo EBLUL anuncia que o asunto pode ter continuación se a Xunta persiste.
5
O frade
papuxa
2009-11-27 20:59:41
Predícame frade,por unha orella me entra e por outra me sae (Europa)Asinado FeiJOONS E AS FAES
6
Fillos espúreos
Antonio
2009-11-27 20:41:40
Seguimos tendo aqueles "fillos espúreos" que desprecian a Galicia, como se laiva Brañas
7
GALEGO
CARMEN GARCIA
2009-11-27 20:28:11
NON CREO QUE DÈ MARCHA ATRAS,NON LLE DEIXAN OS XEFES O QUE SI È UNHA VERGONZA,QUE O PRESIDENTE DA GALIZA,VAIA EN CONTRA DO SEU PROPIO IDIOMA..
8
Adoutrinamentos
Hanna
2009-11-27 19:36:42
Espero que lle caia a cara de vergoña a todos os que ladraron os catro ventos que as Galescolas non eran máis que centros de adoutrinamentos de pobres infantes, entre outros despropósitos. Qué mágoa que coma sempre teñan que ser os de fora os que valoren canto ben temos!.
9
Sanción?
Marcos
2009-11-27 18:08:07
"... unha vulneración de tratados internacionais sobre dereitos lingüísticos subscritos polo Estado español" e contra a Carta Europea de Linguas Rexionais e Minorizadas." E digo eu, se hai vulneración, non hai sanción?

1 |     

Título:
Comentario:
Nombre:
Email: (no se visualizará)
Introduce la palabra de la imagen
Código de verificación para prevenir envíos automáticos.
kaptcha
Identificarse con:
  

Esta página publica todo tipo de opiniones, réplicas y sugerencias de interés general, siempre que sean respetuosas hacia las personas e intituciones.
Se aconseja un máximo de 15 líneas, que podrán ser extractadas por nuestra Redacción.
Los autores deben hacer constar: nombre y apellidos, y e-mail.
Aquellos textos que no se ajusten a estos criterios podrán ser retirados de la web.