AchegArte enche con case cen actos a fin de semana da Coruña

Manuel Rivas, Luar na Lubre, Talía Teatro, a Real Academia Galega ou Polaqia son algúns dos invitados estrela de hoxe
Xornal.com Actualizado 04/12/2009 - 01:31 h.
3 Comentarios
Sin interésPoco interesanteDe interésMuy interesanteImprescindible 12 voto/s

O Kiosco Alfonso, e sobre todo o Palexco da Coruña, comezarán hoxe a recibir representantes de todas as industrias culturais de Galicia, que participan na feira AchegArte, organizada pola Concellería de Cultura, co apoio de 90 colectivos do sector. Manuel Rivas, Luar na Lubre, Berrogüetto, Rubén Ruibal, Nani García, Xosé Tomás, Rivadulla Corcón, Chévere ou María Reimóndez son algúns dos protagonistas da cita.

Será unha fin de semana con case un cento de actividades relacionadas co teatro, a música, o cine, a banda deseñada, a literatura, as artes plásticas e todo o que se pode entender como cultura, ás que o público poderá asistir de balde.

É imposible mencionar todas as actividades que terán lugar nestes dous días, pero no capítulo de destacadas está a de hoxe ás 19.30 no Palexco, na que Manuel Rivas presentará o seu novo libro, unha recompilación de artigos de prensa dos últimos anos baixo o título Episodios Galegos,que aparece poucos meses despois do seu poemario A desaparición da neve.

Tamén e de obrigada asistencia o último acto do día de hoxe, un concerto de Luar na Lubre ás 21.00 horas no Palexco, no que o grupo folk, que vén de reunirse hai pouco tras anos de inactividade, interpretará temas do seu novo disco, Terra de Soños. A medio camiño entre a música e a literatura, celebrarase contra o mediodía unha lectura dramatizada de Aventuras e desventuras dunha espiña de toxo chamada Berenguela, de Manuel María, coa música creada especialmente para ela por Nani García. Hoxe María Inés Cuadrado porá a voz e o Cuarteto Xerión o acompañamento musical.

Xa sen instrumentos, a Asociación de Escritores en Lingua Galega organizará tamén un recital das súas Lecturas compartidas, ás 17.00 na entrada do Palexco. No mesmo edificio, pero ás 13.30, a Real Academia Galega presentará o seu Boletín Extraordinario do Día das Letras dedicado a María Mariño.

No Kiosco Alfonso, ás 18.00 haberá tamén unha representación de danza de Amparo Novas, que bailará o In de Elefante Elegante e o Sí quiero de Entremáns. O cine tamén levará a súa parte, coa proxección das curtas galegas Na distancia, de Víctor Hugo Seoane Rodríguez; A viaxe,de José González Varela; Sobre a morte de Bieito, de Xudit Casas; Camposanto, de Pablo Portero; e Berberecho II, de José Manuel Bazarra, na planta baixa do Palexco.

E será un día moi rico en obradoiros, especialmente de banda deseñada e ilustración. O colectivo Polaqia organizará un ás 11.00; Kohel, un dos autores da revista Retranca, dará dúas sesións ás 16.30 é as 17.30; Xosé Tomás seguirá ás 18.00 e a Asociación Galega de Ilustradores ofrecerá o último ás 19.00. Todos son no Palexco.

Pero AchegArte tamén é un punto de intercambio entre industrias e creadores. Nese eido, destaca hoxe a conferencia de Roberto Brenlla: Libera a túa creación. Licenzas libres e abertas, ás 17.00 horas na planta baixa do Palexco. Estes e outros moitos eventos están no menú para hoxe, pero mañá segue a festa.

 

Si te gusta Xornal.com, compártenos con tus amigos.
Disfruta de la libertad de expresión.
Nota: es posible que tengas que estar registrado y autentificado en estos servicios para poder anotar el contenido correctamente.
publicidad
1
Terra de Soños non é de Luar na Lubre!!!
2009-11-30 18:43:19
2
os cívicos
ameixeiras
2009-11-28 18:03:00
non hai dúbida que cando os cívicos, o pobo, de coloca o casco de traballo, a cabeza fumega e todo se pon a non ter límites.velaí as nosas e os nosos, a cultura viva e militante en Galiza, como exemplifican a esencia, máis cós canapés e petiscos, da nosa vida creativa.e miren tamén, os nosos editores, en Guadalajara de Mexico ( lindo e revolucionario, que non reformista), sen axuda dos gobernadores da cultura en galiza, que non direi cultura galega nunca até os novos tempos, pois miren como eles din que non hai cartos para axudar a ir alá os nosos editores,son do que non hai.para poñer á mira a nosa cultura, en especial a máis normalizada, a nosa literartura, se for preciso, habería que sacar un creto superextraordinario e urxente e nada, ninguén, sería comentario.teño que dicir, mirando atrás, viva cuba e asemade os " mojitos" de honra aos que nos visitaron.isto non ten nome ( quizabes teña nombre...FAES?...POIDA)
3
CORRIXIDE, POR FAVOR!
2009-11-28 17:15:22
Luar na Lubre non leva anos de inactividade, quen estará noPalexco hoxa ás 21 hrs? Fuxan os Ventos(estes si que se reuniron nos escenarios con Terra de Soños) ou Luar na Lubre? informádevos un pouco, anda, e revisade as noticias antes de publicalas.

Título:
Comentario:
Nombre:
Email: (no se visualizará)
Introduce la palabra de la imagen
Código de verificación para prevenir envíos automáticos.
kaptcha
Identificarse con:
  

Esta página publica todo tipo de opiniones, réplicas y sugerencias de interés general, siempre que sean respetuosas hacia las personas e intituciones.
Se aconseja un máximo de 15 líneas, que podrán ser extractadas por nuestra Redacción.
Los autores deben hacer constar: nombre y apellidos, y e-mail.
Aquellos textos que no se ajusten a estos criterios podrán ser retirados de la web.