AchegArte resiste o mal tempo e remata con 38.000 visitantes

Miles de persoas foron ás actividades programadas en Palexco e o Kiosco Alfonso, na Coruña
Xornal.com Actualizado 04/12/2009 - 01:31 h.
2 Comentarios
Sin interésPoco interesanteDe interésMuy interesanteImprescindible 9 voto/s

A primeira edición de AchegArte recibiu en dous días 38.000 persoas. Esas son as cifras oficiais que onte á noite facilitou a Concellería de Cultura da Coruña, principal organizadora da feira das industrias culturais galegas que substituiu o Culturgal, abandonado economicamente pola Xunta. Pódense cuestionar, pero non é doado saber cantas persoas pasaron entre o sábado e o domingo polos dous espazos habilitados para a mostra, o Pazo de Exposicións e Congresos (Palexco) e o Kiosco Alfonso, ambos na Coruña.

A concelleira de Cultura da Coruña, María Xosé Bravo, marcárase un obxectivo: que 18.000 visitantes respondesen ao chamado de AchegArte e participasen na única feira dedicada aos produtos culturais galegos e os seus produtores. Sendo así, é claro que as expectativas se superaron. Segundo as cifras, outra volta oficiais, por alí pasaron 20.000 persoas o sábado e 18.000 o domingo. Malia a chuvia, un “éxito”.

Cun orzamento dez veces máis cativo que o que tivo a derradeira edición de Culturgal en 2008, 50.000 euros achegados polo departamento de María Xosé Bravo e outros 18.000 procedentes da Vicepresidencia da Deputación, tamén en mans do BNG, conseguiuse superar o récord de público. O ano pasado foron 37.000; este ano, 38.000. Cifras oficiais.

Logo de que a Consellaría de Cultura anunciase que non apoiaría economicamente a feira por mor da “escaseza” de recursos, unha plataforma cidadá reclamou outro tipo de xestión para Culturgal. Foi finalmente a Concellaría de Cultura da Coruña quen recolleu ese testemuño e, nun tempo récord e coa axuda de voluntarios, logrou poñer en pé a programación. Máis dun cento de entidades, dende editoriais a discográficas ou compañías de teatro, amosaron o seu traballo durante dous días na Coruña. A organización quere que teña continuidade en 2010.

Si te gusta Xornal.com, compártenos con tus amigos.
Disfruta de la libertad de expresión.
Nota: es posible que tengas que estar registrado y autentificado en estos servicios para poder anotar el contenido correctamente.
publicidad
1
Consellaría de Cultura: "Escaseza de recursos?!"..
Seoane
2009-11-30 12:25:00
..e non había máis que dirixír a mirada, na xornada de fútbol de onte, aos cartaces publicitarios electrónicos situados nas marxes dos campos de fútbol da Primeira División da Liga, no "clásico" inclusive, e aturar a idea (coa que lle está a acaer á nosa cultura, pola banda do seu propio goberno) do prezo deses anuncios comerciais do Xacobeo.. Co custe económico asumido nesa campaña do Xacobeo, cántos eventuáis anos de Culturgal se financiarían?.. E inda máis: co custe (arredor de 400.000 euros) daquel "estudo/enquisa/calote" aos pais sobre a língua do ensino na Galiza, (criterio cuxa legalidade vén de ser desestimada recentemente polo Supremo), e que só fora respostada e atentida maioritariamente en escolas concertadas e privadas, non estarían cubertas as necesidades orzamentarias duns 15 anos de Culturgal, segundo o presuposto diste Achegarte..??. Por certo, parabéns aos seus excelentes organizadores..
2
achegarte
malu
2009-11-30 08:55:25
miña norabona po lo exito acadado

Título:
Comentario:
Nombre:
Email: (no se visualizará)
Introduce la palabra de la imagen
Código de verificación para prevenir envíos automáticos.
kaptcha
Identificarse con:
  

Esta página publica todo tipo de opiniones, réplicas y sugerencias de interés general, siempre que sean respetuosas hacia las personas e intituciones.
Se aconseja un máximo de 15 líneas, que podrán ser extractadas por nuestra Redacción.
Los autores deben hacer constar: nombre y apellidos, y e-mail.
Aquellos textos que no se ajusten a estos criterios podrán ser retirados de la web.