Os traballadores dos multicines que Cinebox ten no centro comercial da Praza Elíptica, en Vigo, pecharonse onte nas instalacións despois de que a empresa lles comunicase ese mesmo día o peche das instalacións. O aviso chegoulle a Mónica Súarez, delegada sindical de UGT en Cinebox-Vigo, ás 12.00 horas, segundo informou Mónica Suárez, delegada sindical de UGT en Cinebox-Vigo, e contra ás 15.00, menos de 90 minutos antes do inicio da primeira proxección, “fíxose un intento de notificación por escrito”. Indicaron que os trece traballadores do centro da Praza Elíptica, así como as tres persoas subcontratadas para o servizo de limpeza, tiñan que abandonar as instalacións. “Prometéronnos un mes de salario e ningunha outra explicación –afirma Suárez–, queren librarse de nós despois de dez anos de traballo”.
A resposta do persoal foi iniciar un peche indefinido “que continuará ata que expliquen cal vai ser o futuro dos traballadores”, segundo anuncia UGT nun comunicado. Onte xa pasaron a noite nas instalacións.
Segundo Mónica Suárez, “Cinebox rescindiu o contrato co Centro Comercial Praza Elíptica, pero o único que se vai levar son as gominolas, frutos secos e outros produtos comestibles, todo o material de proxección vai ficar aquí”. Iso, para a delegada sindical, é síntoma de que “é posible que veña outra empresa a seguir realizando a mesma actividade”. Nese suposto, “reclamamos a subrogación do persoal, que manteñan o seu posto de traballo se volven abrir as salas.
Suarez critica, ademais, que están a recibir un trato “propio de delincuentes”, xa que nun primeiro momento o persoal de seguridade non lles permitiu recoller as súas cousas e pechou a porta do cine con cadeas.
