Manuel Rivas presenta ‘A desaparición da neve’ na Feira de Guadalaxara

AXENCIAS Actualizado 07/12/2009 - 23:59 h.
0 Comentarios
Sin interésPoco interesanteDe interésMuy interesanteImprescindible 5 voto/s

O escritor coruñés Manuel Rivas visitou onte a Feira Internacional do Libro de Guadalaxara (FIL), a cita editorial máis grande do mundo hispano, para presentar o seu último libro de poemas, A desaparición da neve, e asegurou que a viaxe lle resultou doada porque a emigración galega construíu unha ponte con México, xa que é unha das máis numerosas no país americano.

O autor, que sentía de antemán gran curiosidade por coñecer o certame literario, explicou que “antes de que McLuhan escribise aquilo da aldea global, xa o inventaron os galegos, esa especie de internet da alma que é a diáspora; Galicia é unha especie de país portátil”.

Nesta viaxe, Rivas presentará o seu libro publicado en castelán, galego, éuscaro e catalán, ofrecerá un par de recitais e visitará alumnos de bacharelato para falar de literatura.

Respecto da exportación das letras galegas ao mundo, o autor afirmou que “Galicia é máis coñecida con esa dimensión de país de emigrantes, de náufragos, de xente que abriu moitos camiños”. Iso tivo no seu día “a súa parte de traxedia, pero hoxe pode ser visto como redes para transportar os froitos da cultura”.

 

Doce editoriais presentes

A visita de Rivas complementa a presenza de doce editoriais galegas na FIL, baixo a á da Xunta e da Cámara de Comercio da Coruña. Os libros que exhiben seranlle doados posteriormente á Universidade de Guadalaxara e o Consulado español.

Rivas defendeu o concepto de Galicia como encrucillada cultural: por unha banda, a súa conexión con América a través da migración, un camiño de ida e volta; por outro, o mundo hispano; a cultura propia galega; o entroncamento luso; e, finalmente, as raíces compartidas cos “países célticos” da Europa Atlántica. “Creo que podemos soñar unha Galicia que no canto de ser un lugar remoto, é un lugar de encontro cultural”.

Si te gusta Xornal.com, compártenos con tus amigos.
Disfruta de la libertad de expresión.
Nota: es posible que tengas que estar registrado y autentificado en estos servicios para poder anotar el contenido correctamente.
publicidad

Título:
Comentario:
Nombre:
Email: (no se visualizará)
Introduce la palabra de la imagen
Código de verificación para prevenir envíos automáticos.
kaptcha
Identificarse con:
  

Esta página publica todo tipo de opiniones, réplicas y sugerencias de interés general, siempre que sean respetuosas hacia las personas e intituciones.
Se aconseja un máximo de 15 líneas, que podrán ser extractadas por nuestra Redacción.
Los autores deben hacer constar: nombre y apellidos, y e-mail.
Aquellos textos que no se ajusten a estos criterios podrán ser retirados de la web.