Domingo, 14 de marzo de 2010 - 8:25 h

Silva Sande renega do GRAPO

A súa compañeira de bancada no xuizo da Audiencia Nacional berroulle “¡covarde!”
Xornal.com Actualizado 07/12/2009 - 00:54 h.
2 Comentarios
Sin interésPoco interesanteDe interésMuy interesanteImprescindible 2 voto/s

O ex-dirixente dos GRAPO Fernando Silva Sande desmarcouse onte por primeira vez desta organización, á que cualificou de “terrorista”. “Non son inocente, porque fun o bastante gilipollas para militar nunha organización terrorista. Hai que ter bastante fanatismo e ser bastante cretino para militar aí”, afirmou durante o xuízo celebrado na Audiencia Nacional pola colocación de explosivos en dúas torres de transmisións de Radio Nacional e do Exército no 1998.

Silva Sande explicou que as súas declaracións respecto da banda eran hoxe diferentes ás que viña realizando desde que foi detido no 2000 porque “entón aínda tiña fe na secta e no seu líder”. “Falaba coma todos os fanáticos, atolado”, señalou o acusado, que ten 41 causas abertas, das que se xa derivaron cinco condenas que suman un total de 158 anos de cárcere. “Non aspiro a nada nin espero nada do futuro, pero agora síntome máis libre que nunca, aínda que estea no cárcere”, sentenciou.

Perante estas manifestacións, outra das procesadas na vista de onte, María Victoria Gómez Méndez, que tamén formaba parte da cúpula dos GRAPO, interrompeuno ao grito de “que covarde es, recoñece as túas responsabilidades, covarde”.

Silva Sande tamén afirmou que o tamén imputado Manuel Pérez, o camarada Arenas, era “o xefe, o líder” que presidía todas as reunións do comando central da banda. A súa autorización, dixo, era necesaria para levar a cabo calquera acción.

Esta afirmación contradí a do cuarto procesado no xuízo celebrado onte, Jorge García Vidal, que asegurou que naquela ocasión colocou os explosivos por iniciativa propia e sen ter que lle pedir ningunha autorización ao comando central.

Tamén María Victoria Gómez Méndez afirmou que os distintos comandos da banda tiñan autonomía para levar a cabo as accións que quixesen sen necesidade de lle pedir en ningún caso autorización expresa para iso ao comité central.

Segundo o escrito de conclusións provisionais do fiscal, García Vidal colocou, por orde dos seus tres compañeiros de banco, senllos explosivos na torre de RNE en Arganda del Rey e no repetidor do Exército do Aire, situado na localidade tamén madrileña de Valdilecha. O representante do Ministerio Público pide para os catro sete anos de prisión por un delito continuado de danos terroristas por estes feitos, ao considerar que Jorge García Vidal é o seu autor material e que Fernando Silva Sande, María Victoria Gómez Méndez e Manuel Pérez son indutores en calidade de dirixentes da banda.

Si te gusta Xornal.com, compártenos con tus amigos.
Disfruta de la libertad de expresión.
Nota: es posible que tengas que estar registrado y autentificado en estos servicios para poder anotar el contenido correctamente.
publicidad
1
RENEGADO!
XOAN
2009-12-04 17:25:52
O QUE NON SEI EU E COMO O GRAPO NON RENEGA DEL.....
2
Mira quen fal.
anonimo
2009-12-04 13:50:02
A boas horas mangas verdes!!!

Título:
Comentario:
Nombre:
Email: (no se visualizará)
Introduce la palabra de la imagen
Código de verificación para prevenir envíos automáticos.
kaptcha
Identificarse con:
  

Esta página publica todo tipo de opiniones, réplicas y sugerencias de interés general, siempre que sean respetuosas hacia las personas e intituciones.
Se aconseja un máximo de 15 líneas, que podrán ser extractadas por nuestra Redacción.
Los autores deben hacer constar: nombre y apellidos, y e-mail.
Aquellos textos que no se ajusten a estos criterios podrán ser retirados de la web.