A oposición cre que o PP adía as directrices do territorio por interese

PSOE e BNG critican que se aproben normas ou se autoricen instalacións sen ter antes o marco xeral
David Reinero Actualizado 06/12/2009 - 00:59 h.
0 Comentarios
Sin interésPoco interesanteDe interésMuy interesanteImprescindible 5 voto/s

A decisión da Xunta de retrotraer a tramitación das directrices do territorio á súa fase ambiental, na que se atopaban en agosto de 2008, alegando erros “formais”, vén de ser duramente atacada pola oposición. Para PSOE e BNG o novo retraso da tramitación débese a que o PP quere aprobar leis ou autorizar instalacións que serían incompatibles coas determinacións globais que deben contemplar as directrices. Isto é, a Xunta adiaría o documento global da ordenación territorial para sacar adiante antes outras normas inferiores que poderían ser contrarias.

A decisión da Xunta foi publicada no DOG do 19 de novembro pero, como avanzou daquela este diario, o PP xa era coñecedor durante o cambio de goberno deses supostos “erros administrativos”, xa que estando na oposición presentara unha alegación nese mesmo sentido. Isto é, a Xunta tardou sete meses en decidir que botaba para atrás todo o proceso.

A pesar de que hai xa dúas semanas que o goberno galego tomou esa decisión e quedou revelada a súa parálise de sete meses, PSOE e BNG non reaccionaron até esta semana, cando informaron de que pedirán explicacións no Parlamento.

O BNG foi o primeiro en criticar a decisión, o mércores, cando a deputada Teresa Táboas anunciou que presentará unha interpelación ao conselleiro de Medio Ambiente, Agustín Hernández, para que dea conta do retraso. Táboas indicou que “cando Feijóo tomou posesión do cargo xa sabía como estaba a tramitación e aínda así prometeu ter aprobadas as directrices en seis meses”, polo que, critica a nacionalista, os populares non poden agora, sete meses despois, escudarse nun erro administrativo que xa coñecían.

Táboas cre que tras o retraso intencionado estaría o interese do PP por sacar adiante documentos como o plan de infraestruturas viarias ou a lei urxente de transporte que “hipoteca dez anos” estes servizos públicos, cuestións que poderían non ter encaixe nas directrices. Táboas cre que o documento podería ser adiado a despois das municipais.

Onte foi a socialista Mar Barcón a que tamén anunciou unha interpelación ao conselleiro seguida dunha proposición non de lei na que o PSOE pedirá a axilización das directrices. Barcón tamén puxo exemplos de cuestións que está a aprobar a Xunta sen ter antes o documento marco da ordenación territorial. Así, referiuse ás plantas de acuicultura –cuxa ubicación era limitada polas directrices do bipartito–, parques empresariais ou ampliacións de núcleos rurais. Barcón tamén criticou que a Xunta estea a acometer unha modificación urxente da Lei do Solo “que non concorda coas directrices”, o que a leva dicir que quere “aprobar cousas pola porta de atrás”.

Os populares, pola súa banda, insisten en que o retraso se debe a erros cometidos polo bipartito.

Si te gusta Xornal.com, compártenos con tus amigos.
Disfruta de la libertad de expresión.
Nota: es posible que tengas que estar registrado y autentificado en estos servicios para poder anotar el contenido correctamente.
publicidad

Título:
Comentario:
Nombre:
Email: (no se visualizará)
Introduce la palabra de la imagen
Código de verificación para prevenir envíos automáticos.
kaptcha
Identificarse con:
  

Esta página publica todo tipo de opiniones, réplicas y sugerencias de interés general, siempre que sean respetuosas hacia las personas e intituciones.
Se aconseja un máximo de 15 líneas, que podrán ser extractadas por nuestra Redacción.
Los autores deben hacer constar: nombre y apellidos, y e-mail.
Aquellos textos que no se ajusten a estos criterios podrán ser retirados de la web.