Martes, 16 de marzo de 2010 - 18:29 h

Rueda resta “razón de ser” á folga escolar pola lingua

O titular de Presidencia avala a derrogación do decreto de uso do galego no ensino por non ser “conforme a dereito”
D.L. Actualizado 05/12/2009 - 14:41 h.
13 Comentarios
Sin interésPoco interesanteDe interésMuy interesanteImprescindible 11 voto/s

“Non ten moita razón de ser” . Deste xeito valora o conselleiro da Presidencia, Alfonso Rueda, a proposta lanzada pola plataforma Queremos Galego, segundo a cal a substitución do actual decreto que regula o uso do galego no ensino por outro que “desprotexa” a lingua propia traerá como resultado un “paro xeral” nas aulas de todo o país.

Se ben o número dous da Xunta asegura “respectar” a iniciativa do mesmo colectivo que, o pasado 18 de outubro, xuntou máis de 50.000 persoas en Santiago nunha manifestación para rexeitar a política lingüística da Xunta, Rueda non dubida do carácter “preventivo” desta mobilización que, en calquera caso, afirma, só sería unha resposta ao “cumprimento dun compromiso” por parte do Executivo do PP.

Do mesmo xeito, e na liña do manifestado en días pasados polo secretario xeral de Política Lingüística, Anxo Lorenzo, o titular de Presidencia asegura que “antes de que remate o ano” o novo decreto será unha realidade. O seu obxectivo, apunta, será situarse no lugar da normativa aprobada polo bipartito e que, asegura, “foi declarado non conforme a dereito”.

Así as cousas, Rueda ratifica a intención da Xunta de que no vindeiro curso académico estea xa derrogado un decreto que, en calquera caso, desenvolve literalmente o Plan Xeral de Normalización da Lingua Galega (PXNL), aprobado en 2004 pola unanimidade do Parlamento de Galicia a instancias do Goberno de Manuel Fraga.

Nese documento –cualificado polo actual conselleiro de Educación, Jesús Vázquez, coma un “remuíño de ideas”–, a Xunta comprometíase a garantir que, “como mínimo”, o 50% das materias do ensino non universitario serían impartidas na lingua propia, un requisito idéntico ao establecido polo PP en 2004.

 

AXUDAS Á NORMALIZACIÓN

As declaracións de Rueda chegaban poucos minutos despois de que, na rolda de prensa posterior ao Consello da Xunta, o propio conselleiro manifestase a vontade do Goberno para “seguir traballando na normalización da lingua galega”, concretamente, a través das axudas económicas aos concellos.

Neste obxectivo, asegura o responsable de Presidencia, enmárcase a sinatura dun convenio coa Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp) que, por valor de 600.000 euros, “reforza” as iniciativas orientadas á normalización da lingua galega mediante actividades das entidades municipais.

Si te gusta Xornal.com, compártenos con tus amigos.
Disfruta de la libertad de expresión.
Nota: es posible que tengas que estar registrado y autentificado en estos servicios para poder anotar el contenido correctamente.
publicidad
1
Para "o dedo no ollo"
nostrus
2009-12-04 20:33:00
Xa levo dito varias veces que quen sea profesional darase conta de que hay alguen mais usando un nick coma o meu. Calquera pode usalo pois non o teño rexistrado, pero pareceme algo estupido, pois ¡mira que non hai nomes para escoller!. O unico que pretende e intentar deixarme quedar mal, pero eso deberia facelo usando os miolos e tendo argumentos. Xa sei que niste foro son polemico, pero mal que che pese non son un sectario. De todos xeitos gracias pola tua defensa, eu tamen son contrario a que se faga mal uso do foro.
2
Para Alexandre
Mentireiro
2009-12-04 18:18:41
És un mentireiro, ti non es galego-falante, ben se ve que as túas estruturas son castelás. Non sabes escribir nin falar no noso idioma, así que deixa de mentir. Eu vou facer coma ti: soy castellano-hablante y no quiero que impongan mi idioma, que no quiero que lo exija la Immaculada Constitución, no quiero que en Madrid, donde viven tantos gallegos no se pueda usar el idioma de nuestra terriña binitiña y agarimosiña. No quiero que impongan el castellano, mi idioma, no no no. Alé, que fácil é mentir.
3
é como é
o dedo no ollo
2009-12-04 17:20:33
nostrus é como é, pero xa me pareceu hai días que o nostrus que escribe agora non é el: os que queremos debatir ou deitar aquí as nosas opinións non podemos permitir que ningén usurpe o seu seudónimo. O nostrus verdadeiro é un sectario, pero con escritos coma este, non podemos debatir
4
Non á imposición do galego
Alexandre
2009-12-04 15:09:39
Eu falo en galego e non quero que impóñase a miña lingua. Creo que o PP está facendo un bon traballo, agora xa non persíguese aos que falan en castelán como había feito o bipartito. O mellor sería que os pais elexiran a lingua que estudien os seus fillos, eso é liberdade e habría que plantexárselo.
5
Proclama da Brigada "ForaLixos" de Galiza.
E.M. Brig. F. Lix. da GZ
2009-12-04 15:01:51
Apois dos ataques dos sipaios co apoio de artillería mediática estatal e ó desconcerto inicial dos galegos abandoados e traizoados (coma sempre, polos seus representantes); o reaxir do povo está a frear as tropas cavernícolas... estás amosan diverxencias e decatánse que o terreo que coidaban ganhado é na realidade unha lameira e o galeguismo, que crían vencido; revirouse con ferocidade. O que agardaban coma marcha trunfal a prol da sumisón pódese converter nun desafio á metrópole. É por iso que o alto mando sipaio comeza a templar gaitas na busca da estabilidade da fronte de combate, aínda que haxa que sacrificar algunha partidas de irregulares tipo GB e decepcionar os intereses das FAES e demáis cortellos ultraespanholeiros metropolitanos. Non fagamos caso das falsas e comenenciudas mensaxes de concordia e consenso dos que iniciaron este sarillo; anovemos con máis pulo a loita ata acadar obxectivos que antes das súas agresións, non percibíamos en perigo. Lembrade os acordos rotos por estes traidores que non respeitan nen as leis que eles mesmos asinan. Non será doado pero hai que vencer. E.M. Brig. F. Lix. da GZ. 3 Decembro 2009 . Val do Inferno, Compostela
6
ver articulo
ithgael
2009-12-04 13:14:03
al sr. rueda , sr. feijoo y a todos en general : !se tiene que cumplir la ley ! . ademas que se lean el articulo de opinion de la portada de xose maria lema , donde explica perfectamente el problema que esta creando este gobierno inclumpliendo la ley . ¿a ver donde estan los fiscales en galicia ?. gracias
7
POIS QUE RESTE!
XOAN
2009-12-04 12:28:58
O QUE RERSTE RUEDA NON E SENON QUE UNHA RAZÓN MAIS PARA A FOLGA......
8
Siempre igual
nostrus
2009-12-04 12:10:47
Siempre estáis igual. No ganamos las elecciones y la gente dijo que quiere educación en Castellano; la lengua que nos une y nos da categoría como personas y como pueblo?. Pues aceptar el veredicto y obedecer como a mi me enseñaron. Los Gallegos queremos ser correa de transmisión de nuestra importante cultura universal. Siempre hemos sido leales, y siempre lo seremos. En el Noroeste se habla uno de los mejores Castellanos, no hay diferencia entre el castellano de Burgos y el de mi pueblo. El otro día fue a La Coruña y ante mi asombro me confundieron con uno de Zamora.
9
Dous homiños antigalegos
Antica
2009-12-04 11:09:28
Estes dous individuos baten todas as marcas do cinismo, cousa dificil xa que o Feijoo mesmo apela á galeguidade (coruñesismo) dos cartos dos cartos. "Houbo a impresión de imposición do galego" anunciou oa Anxo coma se as impresións fosen realidades tan reais coma a neveira de Quintana ou os coches de Touriño mercados por Feijoo. ¡Vaia morralla!

1 |     

Título:
Comentario:
Nombre:
Email: (no se visualizará)
Introduce la palabra de la imagen
Código de verificación para prevenir envíos automáticos.
kaptcha
Identificarse con:
  

Esta página publica todo tipo de opiniones, réplicas y sugerencias de interés general, siempre que sean respetuosas hacia las personas e intituciones.
Se aconseja un máximo de 15 líneas, que podrán ser extractadas por nuestra Redacción.
Los autores deben hacer constar: nombre y apellidos, y e-mail.
Aquellos textos que no se ajusten a estos criterios podrán ser retirados de la web.