Domingo, 21 de marzo de 2010 - 23:13 h

A Xunta privatiza o Centro Gallego pero estende a tarxeta sanitaria á emigración

A medida, que beneficiará cada ano a 3.000 galegos do exterior, contrasta coa cesión a unha empresa privada do hospital arxentino
David Lombao / Miguel Pardo Actualizado 06/12/2009 - 00:45 h.
2 Comentarios
Sin interésPoco interesanteDe interésMuy interesanteImprescindible 1 voto/s

A Xunta anunciou onte que ten máis que decidida a privatización da xestión do Centro Gallego de Buenos Aires, ao mesmo tempo que aprobou extender a tarxeta sanitaria a todos os galegos residentes no exterior, cumprindo así coa promesa electoral de Núñez Feijóo en febreiro, cando asegurara en Suramérica que non volvería pisar o continente sen ampliar a cobertura sanitaria do Sergas a todos os emigrantes.

Tan só momentos antes de que o presidente da Xunta aterrara no Brasil, o anuncio do conselleiro de Presidencia, Alfonso Rueda, permitiu ao xefe do Executivo chegar a América cos deberes feitos. Así, os galegos residentes no estranxeiro terán garantida a asistencia sanitaria cando acudan a Galicia, logo de que o Consello da Xunta de onte aprobase a reforma do decreto que regula a tarxeta sanitaria.

Segundo explicou Rueda, o cumprimento deste “compromiso” permitirá aos emigrantes ter cobertura médica en España no caso de que “non teñan outro medio” para recibir asistencia. Segundo calcula o Goberno, esta medida beneificiará a uns 3.000 galegos residentes no estranxeiro anualmente.

 

O CONTRASTE CO CENTRO GALLEGO

“Ata o de agora, o decreto identificaba os galegos residentes en Galicia como beneficiarios da tarxeta, pero deixaba fóra os que residen no exterior”, aclarou Rueda, que cre que a reforma promovida polo Executivo “corrixe” esta situación, así como o “olvido” ao que estaba sometida “a diáspora galega”.

Con esta reforma, e tal e como aclar a Xunta, a Consellería de Sanidade decidiu modificar o decreto 177/1995 para dar cobertura sanitaria aos galegos que residan no estranxeiro cando realicen estadías temporais a Galicia e non poidan nin teñan dereito á asistencia sanitaria gratuíta por outra vía.

O afán da Xunta por espallar a cobertura sanitaria pública alén do Atlántico contrasta coa súa decisión de ceder a unha empresa privada a xestión do histórico hospital do Centro Gallego de Bos Aires, que recibe millóns de euros en subvencións públicas procedentes da Administración galega.

Preguntado por este diario sobre os plans da Xunta para o Centro Gallego, Alfonso Rueda confirmou, como adiantara Xornal, a reunión que ata a onte á noite celebrou o Padroado da Fundación Galicia Saúde, que xestiona ao 50% o sanatorio da emigración.

Na reunión, tal e como manifestou o conselleiro de Presidencia, o Goberno “fará o que fixo sempre”, é dicir, “explicar as razóns da decisión”, que non é outra que ceder a xestión do hospital á empresa privada 3A Recoletas, con sede en 
Valladolid.

Malia as protestas de boa parte dos socios do Centro Gallego e o boicot de dúas das asociacións, que nin tan sequera viaxaron a Santiago para a xuntanza do Padroado, Rueda confía que os “acordos” aos que se cheguen permitan “traballar” e ter a “seguridade” de que “todos os galegos que estean alí recibirán a adecuada atención hospitalaria”.

Na reunión do Padroado de onte, que seguía a celebrararse ao peche desta edición, o apoio das tres agrupacións afíns ao PP no Centro foille suficiente ao Goberno para levar adiante ao seu plan, que concede a xestión a 3A Recoletas ata 2022 e a razón dunha subvención pública da Xunta de máis de 27 millóns.

Si te gusta Xornal.com, compártenos con tus amigos.
Disfruta de la libertad de expresión.
Nota: es posible que tengas que estar registrado y autentificado en estos servicios para poder anotar el contenido correctamente.
publicidad
1
DE PUTA MADRE!
XOAN
2009-12-04 12:27:09
DE PUTA MADRE, ASÍ FAN O NEGOCIO OS AMIGOS DO PP E A ASISTENCIA OS EMIGRANTES PAGÁMOLA TODOLOS CONTRIBUINTES: GALEGOS, CATALÁNS, VASCOS, E DEMAIS MORRALLA...... DENDE LOGO OS QUE VOTAN ESTA PATRAÑA DO PP TONTOS NON SERÁN, PERO INCAUTOS MOITO......
2
Esperta Galiza
galego
2009-12-04 01:57:35
Este goberno do PP pasara a historia polo seguinte: - As cifras historicas de parados. - A privatizacion dos servizos publicos. - As politicas de discriminacion ou exterminio da lingua galega. - As axudas os colexios concertados que segregan por sexos. - A destruccion do litoral mediante proxectos eolicos, hidraulicos e acuicolas. E de reformar un estatuto, sera para pasarmos de ser unha "nacionalidade historica" a ser unha "rexion de terceira" con dereito a emigrar e vivir en autoodio. Ogalla a sociedade galega esperte antes que sexa demasiado tarde.

Título:
Comentario:
Nombre:
Email: (no se visualizará)
Introduce la palabra de la imagen
Código de verificación para prevenir envíos automáticos.
kaptcha
Identificarse con:
  

Esta página publica todo tipo de opiniones, réplicas y sugerencias de interés general, siempre que sean respetuosas hacia las personas e intituciones.
Se aconseja un máximo de 15 líneas, que podrán ser extractadas por nuestra Redacción.
Los autores deben hacer constar: nombre y apellidos, y e-mail.
Aquellos textos que no se ajusten a estos criterios podrán ser retirados de la web.