A Xunta achegará sete millóns de euros para o plan de medios do Xacobeo 2010

A campaña realizarase a través de accións en medios tradicionais e novos soportes
Xornal.com Actualizado 15/12/2009 - 01:34 h.
0 Comentarios
Sin interésPoco interesanteDe interésMuy interesanteImprescindible 0 voto/s

O Consello da Xunta de Galicia aprobou onte financiar o plan de medios para o Xacobeo 2010 cun orzamento de sete millóns de euros. Esta partida estará destinada á contratación do concurso dos servizos de deseño, creación, planificación, asistencia e execución da promoción do Ano Santo.

A Consellería de Cultura sinalou que este financiamento é “especialmente importante” para difundir a imaxe de Galicia como destino turístico, unhas actuacións que realizarán empresas externas debido á “magnitude das campañas que se levarán a cabo”.

Entre os obxectivos de comunicación que se pretenden conseguir está a sensibilización da opinión pública galega, a quen se pretende integrar e facer partícipe da celebración do Xacobeo. De cara aos cidadáns de fóra de Galicia, o plan está deseñado para mobilizar peregrinos e turistas para que fagan o Camiño de Santiago, atraer visitantes con motivo da oferta turística e programación sociocultural e promocionar a imaxe galega no exterior.

Deste xeito, o plan de medios recolle a investigación dos diferentes públicos obxectivo, así como a análise das diversas campañas que se poidan cualificar como “competencia” do Xacobeo. Ademais, fixaranse obxectivos para desenvolver unha estratexia global de actuación acompañada dunha previsión de resultados.

 

medios tradicionais e novidosos

Así, a Sociedade Anónima de Xestión do Plan do Xacobeo dispón tres niveis distintos de públicos obxectivos: un universal para cidadáns a partir dos 16 anos; un principal para peregrinos, familias e maiores de 50 anos; e un secundario, que abarca os amantes da natureza, do ecoturismo e do turismo gastronómico, cultural ou relixioso.

As campañas de promoción realizaranse maioritariamente nos medios tradicionais –televisión, prensa, publicidade exterior, revistas, suplementos, radio, internet e cine–, aínda que serán valoradas positivamente as propostas de accións en medios non convencionais.

Si te gusta Xornal.com, compártenos con tus amigos.
Disfruta de la libertad de expresión.
Nota: es posible que tengas que estar registrado y autentificado en estos servicios para poder anotar el contenido correctamente.
publicidad

Título:
Comentario:
Nombre:
Email: (no se visualizará)
Introduce la palabra de la imagen
Código de verificación para prevenir envíos automáticos.
kaptcha
Identificarse con:
  

Esta página publica todo tipo de opiniones, réplicas y sugerencias de interés general, siempre que sean respetuosas hacia las personas e intituciones.
Se aconseja un máximo de 15 líneas, que podrán ser extractadas por nuestra Redacción.
Los autores deben hacer constar: nombre y apellidos, y e-mail.
Aquellos textos que no se ajusten a estos criterios podrán ser retirados de la web.