Un enfermo da nova gripe morre en España pola mutación do virus

Pilar Farjas celebra que os contaxios descenderon en Galicia por terceira semana consecutiva
AXENCIAS/REDACCIÓN Actualizado 07/12/2009 - 00:37 h.
0 Comentarios
Sin interésPoco interesanteDe interésMuy interesanteImprescindible 0 voto/s

O Ministerio de Sanidad rexistrou os tres primeiros casos de mutacións do virus da nova gripe en España. Un dos pacientes, que padeceu a mesma variante que se detectou días atrás en Noruega, morreu mentres que os outros dous enfermos responden o tratamento. As autoridades sanitarias sinalan que estes casos non teñen relevancia para a saúde pública, posto que non se advertiu ningunha transmisión destas cepas a outras persoas.

O director xeral de Salud Pública e Sanidad Exterior, Ildefonso Hernández, fixo este anuncio durante a presentación da terceira parte da campaña informativa sobre a pandemia. O alto cargo do Ministerio que dirixe Trinidad Jiménez sinalou que as mutacións se deron “en casos que xa estaban en tratamento e non se detectou a transmisión dese virus mutado”. Non obstante, describíronse xa en Gales e en Carolina do Norte dúas agrupacións de transmisión en pacientes afectados pola mutación coñecida como a H274Y ou H257Y, pero só se deu o contaxio en persoas inmunodeprimidas, algo que segundo sinalou Ildefonso Hernández“era esperable”.

Por outra banda, Hernández advertiu que a mutación rexistrada en España “xa se deu en moitos outros países do mundo e vai seguir dándose no futuro, porque o virus da gripe muda con frecuencia sen que teña relevancia”. Hernández lembrou, ademais, que “dende a Organización Mundial da Saúde (OMS) xa se advertiu que as modificacións rexistradas non teñen relevancia para saúde pública”.

O virus remite

A actividade gripal en España baixou por primeira vez dende que comezou a pandemia o pasado mes de abril, momento no que se detectaron os primeiros casos de gripe A. Segundo o informe da Red Nacional de Vigilancia Epidemológica del Instituto de Salud Carlos III relativos á semana do 22 ao 28 de novembro, produciuse un descenso do 32% con respecto á semana anterior. Pese a estas boas cifras, os autores do citado informe advirten de que “o descenso definitivo da onda pandémica gripal deberá ser confirmado coa evolución da mesma nas próximas semanas”.

Este descenso xeneralizado prodúcese tamén en Galicia. A conselleira de Sanidade, Pilar Farjas, sinalou neste sentido que “o número de casos diminúe en Galicia por terceira semana consecutiva”. En canto á campaña de vacinación, a conselleira destacou que “está a transcorrer en Galicia con absoluta tranquilidade, con colaboración e cunha boa participación, xa que está acudindo, aproximadamente, a metade das persoas que adoitan participar na inmunización da influenza convencional.

A gripe A comeza, deste xeito, a remitir en España, onde provocou polo momento 169 mortes. Non obstante haberá que agardar para ver a evolución do resto do inverno.

Si te gusta Xornal.com, compártenos con tus amigos.
Disfruta de la libertad de expresión.
Nota: es posible que tengas que estar registrado y autentificado en estos servicios para poder anotar el contenido correctamente.
publicidad

Título:
Comentario:
Nombre:
Email: (no se visualizará)
Introduce la palabra de la imagen
Código de verificación para prevenir envíos automáticos.
kaptcha
Identificarse con:
  

Esta página publica todo tipo de opiniones, réplicas y sugerencias de interés general, siempre que sean respetuosas hacia las personas e intituciones.
Se aconseja un máximo de 15 líneas, que podrán ser extractadas por nuestra Redacción.
Los autores deben hacer constar: nombre y apellidos, y e-mail.
Aquellos textos que no se ajusten a estos criterios podrán ser retirados de la web.