Barón Rojo volve aos escenarios vinte anos despois de os deixar

O grupo dos irmáns De Castro xa prepara a súa xira de reunión, na que serán “fieis” ás cancións coas que naceron
AXENCIAS Actualizado 13/12/2009 - 01:18 h.
2 Comentarios
Sin interésPoco interesanteDe interésMuy interesanteImprescindible 5 voto/s

Os catro compoñentes orixinais de Barón Rojo volverán de xira en 2010, con motivo do trinta aniversario da fundación da banda e vinte anos logo da súa separación, co obxectivo de soar “o máis parecido” posible aos discos que editaron nos anos 80 e “respectar a tope as cancións de Barón Rojo”. O 3 de marzo do ano que vén actuarán no Coliseo da Coruña no marco dunha nova xira.

Os irmáns guitarristas Carlos e Armando de Castro, o baixista José Luis Campuzano Sherpa e o batería uruguaio Hermes Calabria crearon Barón Rojo en 1980, cando os irmáns De Castro abandonaron o grupo Coz, e cos seus dous primeiros discos, Larga vida al rock and roll (1981) e Volumen brutal (1982), conseguiron un gran éxito en España e en países como Gran Bretaña.

En 1989 Sherpa e Hermés Calabria deixaron o grupo, que desde entón seguiu gravando e actuando cos irmáns De Castro e diferentes músicos, e os catro fundadores non se volveron a reunir ata o pasado mes de xuño, cando deron unha única actuación no festival Metalway de Zaragoza.

 

“Emocionante reencontro”

“O reencontro foi bastante emocionante, parecía que o grupo estaba no mesmo sitio que o deixamos, ningún cambiou demasiado, nin na forma de tocar nin na forma de ser, logo de vinte anos”, declarou Armando de Castro a Efe durante os ensaios para o Tour 30 aniversario.

“Sempre houbo unha química especial entre os catro, por iso Barón Rojo foi o que foi, e non se perdeu”, apunta Sherpa. Na xira, esta histórica banda de heavy metal busca “volver á orixe”. “Que os temas soen o máis parecido a como os gravamos nos discos, respectando a tope as cancións e coa novidade de que somos o Barón Rojo totalmente auténtico”, apunta Hermés Calabria.

Armando de Castro recoñece que a interpretación dos temas será “máis escrupulosa e fiel” co orixinal que a que realizaron el e o seu irmán durante estes últimos vinte anos, mentres que Sherpa considera que “o heavy e o rock duro, grazas a deus, non evolucionaron demasiado” neste período.

Sobre as razóns para recuperar a formación orixinal para esta xira, os catro recordan que a “demanda” dos seus seguidores xa motivara frustrados intentos anteriores de reunión, pero que o 30 aniversario foi o “empuxe” para facelo, ademais do “tema biolóxico” da idade. “Dixémonos: imos facer esta xira porque se non, vai ti a saber”, di Sherpa. No entanto, os catro recalcan que se atopan en boa forma física e musical, “mellor que os Rolling Stones, seguro”. “Non perdemos a mala hostia, a rebeldía e o ir contra o poder”, asevera Sherpa.

En canto ao futuro logo da xira e a existencia de dúas bandas co mesmo nome pero con formacións distintas, Hermes e Sherpa din que non pensaron demasiado no asunto, mentres que os irmáns De Castro –integrantes dos dous Barón Rojo– cren posible a súa coexistencia, ata a súa fusión.

“Sempre me gustaron as bandas con dúas baterías, como os Allman Brothers ou os Greateful Dead de Jerry García, polas súas posibilidades sonoras, só por iso xa sería unha experiencia interesante”, opina Carlos De Castro.

Si te gusta Xornal.com, compártenos con tus amigos.
Disfruta de la libertad de expresión.
Nota: es posible que tengas que estar registrado y autentificado en estos servicios para poder anotar el contenido correctamente.
publicidad
1
Longa Vida o Baron
Longa Vida o Rock & Roll
2009-12-07 19:36:14
os mais grandes do rock estatal,hai que abarrotar o coliseum da Coruña o 6 de marzo.
2
Rock sempre
Rikeiro
2009-12-07 17:25:39
Gran grupo, inxustamente esquecido. Eles e os Suaves son os mellores.

Título:
Comentario:
Nombre:
Email: (no se visualizará)
Introduce la palabra de la imagen
Código de verificación para prevenir envíos automáticos.
kaptcha
Identificarse con:
  

Esta página publica todo tipo de opiniones, réplicas y sugerencias de interés general, siempre que sean respetuosas hacia las personas e intituciones.
Se aconseja un máximo de 15 líneas, que podrán ser extractadas por nuestra Redacción.
Los autores deben hacer constar: nombre y apellidos, y e-mail.
Aquellos textos que no se ajusten a estos criterios podrán ser retirados de la web.