Quico e Paula na procura das súas cancións

Dous pesos pesados da escena convocan un concurso para elixir as melodías da súa obra ‘Pressing Catch’
Alberto Ramos Actualizado 13/12/2009 - 01:18 h.
0 Comentarios
Sin interésPoco interesanteDe interésMuy interesanteImprescindible 6 voto/s

Quico Cadaval e Paula Carballeira andan a buscar as súas cancións. Buscan pentagramas, voces e sintonías que marquen o ritmo da súa relación. Dunha relación teatral que vén baixo o título de Pressing Catch. Ese é o nome do espectáculo no que andan a traballar. Cadaval, coa dirección, e Carballeira, co libreto, forman a parella creativa desta nova obra da compañía Berrobambán. Unha obra que busca cancións a través dun particular certame no que os dous elixirán as melodías do espectáculo.

“Decidimos convocar este concurso porque entendemos que o teatro é unha arte global e un dos moitos elementos que o compoñen é a música”, confesa Paula Carballeira. Con esa percepción da escena, os responsables de Pressing Catch decidiron convocar un certame musical que non se pechará até o próximo día 15 deste mes ás 12.00 horas. Ese é o momento exacto no que o xurado comezará a meditar para acadar un fallo que será público o día 22, o mesmo día da Lotería de Nadal. Nesa xornada coñeceranse os gañadores desta competición, pero haberá reintegro para todos. “Todos os grupos que participen terán, ao seu xeito, unha recompensa pola súa implicación”, avisa Paula Carballeira.

Este concurso está aberto a todo aquel intérprete ou grupo galego que queira que as súas creacións se fundan nun abrazo sobre o escenario co teatro. Os interesados deben enviar as súas propostas ao correo electrónico berrobamban@gmail.com. As cancións de doce grupos xa están aceptadas para o certame e están dispoñibles no escaparate sonoro e virtual que a dirección habilitou na páxina www.berropressing.blogaliza.org. Alí pódense escoitar Novedades Carminha, Galegoz, Zënzar, Meninos Carente, Roberto Sobrado, Impulsos criminais, Soyuz Sound System, Nº Pi, Labazada, Kelaya e Sacha na Horta.

 

COMITÉ DE SABIOS

Para a decisión final que se coñecerá o día 22, Cadaval e Carballeira non estarán sós. Rodearanse dun grupo de sabios que poñerá luz entre a indecisión para decantarse por unhas propostas. “Buscamos un grupo de xente que estea implicada coa cultura, sobre todo no ámbito de abrir novos camiños no eido da música e xente que está relacionada coa cultura para a xente nova”, explica a autora do libreto de Pressing Catch. E se ese foi o criterio para elixir o xurado, escolleron ben, posto que todos son nomes coñecidos no ámbito da relación entre a cultura, a información e a música. Deste xeito, acompañando a Cadaval e a Carballeira nas deliberacións estarán as xornalistas Belén Regueira e María Yáñez, o músico Xurxo Souto e o produtor de grupos como Golpes Bajos ou La Marabunta, Pablo Novoa. Nas súas mans estará decidir o acompañamento sonoro do cuadrilátero que prepara Berrobambán.

 

A VIOLENCIA COTIÁ

Iso é o que a compañía está a preparar: un cuadrilátero. Unha lona que se converte na metáfora desta vida na que, día si e día tamén, o noso comportamento colérico transfórmanos en loitadores que soben ao ring das rúas da rutina. “A obra trata da violencia cotiá que se respira nunha sociedade que actúa como espectadora, a violencia está moi preto de nós e nós montamos en escena un cuadrilátero no que, en vez do famoso Enterrador do programa de loita libre, soben a muller que vai á compra ou o condutor que se cabrea ao volante”, indica Carballeira.

Para acompañar este escenario de loitas diarias e berros cotiás, Berrobambán precisa desa arte harmoniosa que amansa as feras. “O ideal é que as letras, que é o decisivo para introducir na obra, traten sobre esa temática, pero algúns empregaron, con gran vontade, cancións que xa están feitas e que non teñen moito que ver”, confesa David Fernández Vieites, máis coñecido como Hevy, que é o director musical da peza teatral. A gran intención deste concurso é atopar cancións que poidan incluírse na obra, pero sobre todo, que servan para promocionala. “En principio, os temas que se presentan son para promocionar a obra, inda que se hai varias que son perfectas, incluiranse durante o desenvolvemento da obra”, sinala Hevy.

A decisión final coñecerase o día 22, pero o público terá que esperar até marzo para ver e escoitar a estrea na Sala Nasa de Santiago desta obra que promete dar golpes contra esa violencia que nos invade a diario.

Si te gusta Xornal.com, compártenos con tus amigos.
Disfruta de la libertad de expresión.
Nota: es posible que tengas que estar registrado y autentificado en estos servicios para poder anotar el contenido correctamente.
publicidad

Título:
Comentario:
Nombre:
Email: (no se visualizará)
Introduce la palabra de la imagen
Código de verificación para prevenir envíos automáticos.
kaptcha
Identificarse con:
  

Esta página publica todo tipo de opiniones, réplicas y sugerencias de interés general, siempre que sean respetuosas hacia las personas e intituciones.
Se aconseja un máximo de 15 líneas, que podrán ser extractadas por nuestra Redacción.
Los autores deben hacer constar: nombre y apellidos, y e-mail.
Aquellos textos que no se ajusten a estos criterios podrán ser retirados de la web.