Pascual, en mans de cinco cooperativas ligadas ao PP

Fontes do sector condenan a “cacicada” da operación , malia que se “alegran” polos empregados
Lara Graña Actualizado 15/12/2009 - 01:35 h.
12 Comentarios
Sin interésPoco interesanteDe interésMuy interesanteImprescindible 31 voto/s

Partido Popular de Monterroso, PP de A Pastoriza, PP de Castro de Rei e PP de Touro. Son os partidos nos que militan os líderes cooperativos da sociedade de novo cuño Alimentos Lácteos S.A., creada onte para comprar a factoría de Pascual en Outeiro de Rei. Embite de José Manuel García Ansuar, Eugenio Montero e Arcadio López contra a oferta cooperativa liderada por Feiraco para facerse coa propiedade da planta da compañía castelán despois de meses de incerteza. Ansuar foi concelleiro conservador en Monterroso; Montero é edil en Touro e Arcadio López foi alcalde accidental, tamén do PP, na Pastoriza. Relación de nomes e afinidades políticas que onte provocaron cualificativos de “cacicada” e “escándalo” dentro do sector lácteo galego. Socialistas e nacionalistas coincidiron en sinalar a “intencionalidade partidista” do anuncio e de que a sociedade “é demasiado homoxénea ideolóxicamente”.

Pola tarde, Grupo Leche Pascual informaba nun comunicado que acababa de pechar un principio de acordo con esta nova empresa –que aínda non está inscrita no Rexistro Mercantil– integrada por cinco cooperativas: La Arzuana, Gancobre, Perpetuo Socorro, Mopán e Tierra Llana. Segundo fontes da compañía alimentaria, o contrato é de alugueiro con dereito a compra, que a nova sociedade espera deixar pechado nun “prazo máximo” de dous meses. La Arzuana, que permaneceu con Feiraco dentro da oferta destes últimos para facerse coa factoría, levaba semanas traballando aparte coas outras catro cooperativas e co Igape para acometer a operación. Así o confirmaron a Xornal fontes da sociedade Alimentos Lácteos, que evitaron pronunciarse sobre Feiraco, malia que dixeron que a súa sociedade “está aberta” a novas incorporacións.

 

MARCA BRANCA

Tras facerse público o acordo de mínimos para pechar a venda da factoría, o xerente da nova empresa, Roberto Casas, e os responsables das cooperativas compareceron en Lugo para aseverar que a súa intención é a de “consolidar” unha marca de leite gallega, malia que “inicialmente” envasarán marca branca. Tres dos representantes das cinco cooperativas (faltou o de Tierra Llana, de Castro de Rei, e o da Cooperativa Nuestra Señora del Perpetuo Socorro, que forma parte de La Arzuana) acudiron para sinalar que a súa intención é a de constituir unha sociedade “viable e de futuro”.

Os cinco grupos cooperativos producen algo máis de 150.000 litros de leite diarios procedentes de unhas 2.000 explotacións leiteiras, dimensións que nin socialistas nin nacionalistas consideran aval para liderar un proxecto de tales dimensións. Non obstante, o conselleiro de Medio Rural, Samuel Juárez, si amosou a súa satisfacción perante o anuncio. Feiraco aglutinaba unhas 24 sociedades cunha capacidade de produción duns 500 millóns de litros. “Quedan por concretar todos os detalles”, manifestou o conselleiro, á vez que sinalou que “a Xunta vai ter, loxicamente, unha actitude favorable”, agregou.

A deputada socialista Sonia Verdes, en declaracións a este diario, recoñeceu: “Francamente, nos sorprende que cinco cooperativas con tan pouca capacidade de produción” tiveran o apoio fronte á oferta de Feiraco que, ao seu parecer, “era a mellor para o sector”. “Ten unha clara intención partidista”, en alusión á afiliación dos líderes das cooperativas.

 

HOMOXENEIDADE

Nos mesmos termos se manifestou a deputada do BNG, Tareixa Paz, quen apreciou a “homoxeneidade ideolóxica” dos responsables das cooperativas que conforman Alimentos Lácteos S.A. “Alegrámonos de que se resolva o futuro laboral para os traballadores”, sinalou a Xornal, pero cuestionou a capacidade financeira. “Hai certas lagoas, parece que se volven facer as cousas como antes, e volvemos perder a oportunidade de vertebrar o sector lácteo galego”.

En canto aos empregados, hoxe están convocados a primeira hora da mañá a unha xuntanza coa dirección de Leche Pascual. O avogado dos traballadores, Alberte Xullo Rodríguez Feixóo, desvelou: “A dirección de Pascual citounos a unha reunión para as 9.00 horas, pero descoñecemos cal será o seu contido e tampouco nos explicaron os temas que queren tratar”.

Por último, o xerente da nova sociedade adiantou a intención de fixar un “prezo xusto” para o leite, e dixo que “está dentro da lóxica” asinar contratos homologados.

Si te gusta Xornal.com, compártenos con tus amigos.
Disfruta de la libertad de expresión.
Nota: es posible que tengas que estar registrado y autentificado en estos servicios para poder anotar el contenido correctamente.
publicidad
1
Seguiremos igual...ou peor.
Marcos
2009-12-12 23:53:31
...Supoño que Jesus Lence (Leite Rio) estara contento, moi contento.....
2
cifras
xose
2009-12-11 23:02:46
Recoller 150.000 litros diarios en 2000 explotacions seria unha media de 75 litros dia/explotacion ¡ridiculo!, 27.375 kg de cota ¡ridiculo!. Comezamos ben mal. Estes sinvergonzas copiaron o proxecto de Feiraco e as outras coop. e tiveron a axuda da Xunta para presionar a Pascual. E agora pretenden que se unan ao seu proxecto? Non ten nin pes nin cabeza. Esta cacicada non acaba ben seguro.
3
Politica
Pepe
2009-12-11 19:47:12
Ogalla esto non sexa outro caso Gürtel para chupar cartos catro amigos.
4
TIERRA LLANA....
Inacio
2009-12-11 19:08:30
....manda caralho!, ainda estou a me recuperar, que nome máis lindo hooooo!
5
o público é quen manda
2009-12-11 17:07:37
Feiraco a primeira empresa comprometida en envasar leite só galego. Estou con eles, pena que o goberno non estea detrás de empresas que cren no país e non no oportunismo e como din por aí arriba: nas subvencións
6
Pero que agardabades?
Xan
2009-12-11 16:52:44
Críades que esto non ía pasar? Menudo desmarque lle fixo La Arzuana a Feiraco! Ao final acabou en gol. A ver si por fin polas terras de Negreira e arredores (onde arrasa o PP) se dan conta do que teñen e recoñezan a quen tanto fixo por defendelos e crear un grande grupo lácteo GALEGO no que eles ían ser co-protagonistas (falo de Suárez Canal, BNG, claro!)
7
A Arçuana
Eugénio
2009-12-11 16:48:55
A cooperativa Arçauana,e a Cooperativa Perpetuo Socorro, na pratica som a mesma cooperativa, a primeira dedica-se à recolhida do leite e a segunda a venda de nutrientes para alimentação das vacas que proporcionam o leite que recolhe a Arçuana. Por certo a Cooperativa Arçuana é das Cooperativas que pior preço paga pelo leite às explorações que lho recolhem.
8
Eu
Manuel
2009-12-11 16:13:32
Ourivén non sei o dis porque coñeces ao fulano pero deches no cravo ao 100%. Escacho de risa, todos teñen a mesma cara de ranchos, ignorantes e ladróns. O PP de Monterroso, ese mesmo que obrigou a encabezar a súa lista nunhas eleccións locais á médica do pobo.Ante a carencia de persoas con capacidade para dicir algo interesante decidiron intimidar, ese mesmo que conta cun homosexual dos reprimidos, pero máis feminino ca miña moza, e que milita nun partido que pensa que está enfermo pola contra de que simplemente ten outra opción sexual. Ou mellor, o que ten un líder que fala solo pola rúa, ja ja, ese PP de Monterroso, o alcalde gato gran cacique,e a oposición do PP un circo surrealista
9
O diñeiro non ten bandos
Giulio
2009-12-11 14:30:15
Teño que preguntarme si non estamos indo aningures facendonos as preguntas que nos facemos e iñorando outras máis importantes. Por exemplo, de que "bando" é a Coca-Cola norteamericana, demócrat ou republicana, General Motors, IBM, etc.? ou Mitshubishi ou Saint Gobain ou British Petroleum, poñamos por caso? O que eu quero saber é si esta xente son empresarios fiables e responsables e si están nisto pra durar ou si van a muxir as subvencións e desaparecer

1 |     

Título:
Comentario:
Nombre:
Email: (no se visualizará)
Introduce la palabra de la imagen
Código de verificación para prevenir envíos automáticos.
kaptcha
Identificarse con:
  

Esta página publica todo tipo de opiniones, réplicas y sugerencias de interés general, siempre que sean respetuosas hacia las personas e intituciones.
Se aconseja un máximo de 15 líneas, que podrán ser extractadas por nuestra Redacción.
Los autores deben hacer constar: nombre y apellidos, y e-mail.
Aquellos textos que no se ajusten a estos criterios podrán ser retirados de la web.