Pascual abortou o acordo con Feiraco tras reunirse con Juárez en Madrid

O encontro foi na Casa Galicia de Madrid o xoves pola mañá, con presenza do conselleiro, Tomás Pascual e José Robledo
Lara Graña Actualizado 22/12/2009 - 11:21 h.
12 Comentarios
Sin interésPoco interesanteDe interésMuy interesanteImprescindible 24 voto/s

A factoría de Pascual en Lugo pasou de estar practicamente en mans do grupo cooperativo liderado por Feiraco ao articulado por catro cooperativas vencelladas ao Partido Popular en apenas 48 horas. E cun encontro entre o conselleiro do Medio Rural, Samuel Juárez, e o presidente do grupo alimenticio, Tomás Pascual Gómez-Cuétara, en Madrid por medio. Así o confirmaron a Xornal de Galicia varias fontes da negociación, que non negaron a “sorpresa” ante o “cambio de rumbo” que experimentou o acordo entre o mércores e este xoves. “O contrato estaba para pecharse, o que pasou en Madrid é outro conto”, condenan.

Segundo puido saber este diario, o pasado mércores ás 17:30 horas Leche Pascual tiña a intención de plasmar nun preacordo que era a oferta liderada por Feiraco –que aglutinaba outras 23 cooperativas lácteas galegas– a que mellor se adaptaba ás súas esixencias, e non a que finalmente resultou gañadora, a recentemente creada Alimentos Lácteos S.A. Unha sociedade, esta última, que aínda non existe como tal xa que non foi inscrita no Rexistro Mercantil. “Pero entón Pascual, o mércores, desaparece dos teléfonos”. Segundo fontes da negociación, a empresa castelán faise ilocalizable durante 24 horas.

 

JUÁREZ

O xoves pola mañá, día en que Samuel Juárez asinou coa ministra Elena Espinosa un programa piloto de desenvolvemento rural sostible en Madrid, o conselleiro mantivo un encontro, como puido saber este diario, co presidente de Leche Pascual, Tomás Pascual. Esta reunión tivo lugar na Casa Galicia da capital española, e contou tamén coa presenza do director xeral de Produción Agropecuaria da Xunta, José Álvarez Robledo.

“O que alí se dixo non o sabemos, pero cremos que non hai dúbida de que se forza unha marcha atrás nun acordo practicamente pechado” con Feiraco. Ás 16:00 horas do xoves, a cooperativa que liderou o amplo grupo cooperativo para facerse coa factoría de Pascual en Outeiro de Rei recibía a chamada da compañía alimentaria. “Finalmente, escollemos o outro proxecto”, díxoselles ás cooperativas. “Estaban moi ilusionados” co proxecto presentado, lamentan fontes del sector.

O presidente de Feiraco, José Antonio Casais, confirmou que “estivemos negociando ata a última hora”, ata que “decidiron realizar o contrato coa outra oferta”, liderada por La Arzuana. Esta proposta, de cinco cooperativas tamén galegas (ademais de La Arzuana están Gancobre, Tierra Llana, Mopán e Perpetuo Socorro), foi aceptada este xoves, cando Pascual lle comunicou que prefería o seu proxecto para a factoría de Outeiro de Rei. De feito, a sociedade que utilizarán para comandar a fábrica, Alimentos Lácteos S.A., nin sequera figura como tal no listado do mercantil, de maneira que tampouco se sabe a participación de cada unha das partes na mesma.

 

LÍDERES DO PP GALEGO

As cooperativas que finalmente, e en virtude dun proxecto do que apenas se coñecen datos, están moi vencelladas ao Partido Popular. José Manuel García Ansuar (Mopán) foi concelleiro desta formación en Monterroso; Eugenio Montero (La Arzuana) é primeiro tenente de alcalde do concello de Touro e delegado de obras, servizos e urbanismo do Goberno local; e Arcadio López (Gancobre) foi concelleiro e alcalde accidental da Pastoriza. Malia todo, e respecto das acusacións verquidas tanto por voces sindicais do sector como políticas que condenaron a “intencionalidade partidista” da resolución sobre Pascual, o conselleiro Samuel Juárez aseverou onte que “non cabe falar de política”. “Ao longo de todos estes meses acusóusenos de estar ausentes e non nos implicar na solución do asunto, e agora acúsasenos de intervir e de dirixilo”, lamentou.

O presidente de Feiraco, José Antonio Casais, apuntou que “non tivemos contacto ningún” coa Xunta, e que o executivo galego non informou ás cooperativas de que a venda estaba resolta. Foi só Leche Pascual, como confirmaron fontes próximas á empresa a Xornal, quen se comunicou cun grupo de 24 cooperativas. “Pascual ten todo o dereito de escoller a quen máis pague”, engadiu o presidente de Colaga, Javier Taboada. “Pero o noso proxecto era o máis viable”, lamentou.

Si te gusta Xornal.com, compártenos con tus amigos.
Disfruta de la libertad de expresión.
Nota: es posible que tengas que estar registrado y autentificado en estos servicios para poder anotar el contenido correctamente.
publicidad
1
A onde levan os fíos
traballador
2009-12-22 10:01:11
Gorxa profunda, canta razón levas: esquílmannos todo e aquí non pasa nada. Claro que tirando do fío vés que quen está detrás desta operación é Nueva Rumasa, grupo vencellado ao PP de Madrid. Claro que o xerente desa empresa fantasma é un testaferro de Ruiz Mateos. Claro que os concelleiros do PP son só uns homes de palla. Claro que non é a primeira vez que acontece isto mesmo. Hai só seis meses Feiraco tamén quedara fóra do reparto do concurso eólico, de novo por obra e graza do PP, que beneficiou a Iberdrola, outra empresa de fóra vencellada ao PP. E así nos vai. E aquí non pasa nada. E claro que o saben os xornaslistas, que están fartos de sabelo e mais de ter as mans atadas.
2
eudaskerd
eudaskerd
2009-12-13 00:03:08
Meus haber se espabilades un pouquiño. Eu compro productos de aqui sempre que podo porque me poden dar curro nas empresas de aquí non por cores políticas, etc. por certo feiraco e unha das maiores empresas de economía social galega e gastan en i+d,fixeron marca, crean traballo de calidade etc, son quen merecen a pascual de Lugo
3
CANTO PARVIÑO...
Xan de ames
2009-12-12 21:24:12
Canto parviño ai por ai, eu tamen merco feiraco se non ai outra mais varata. Tedes as ideas moi retorcidas, se temos que mercar cousas galegas, EMPEZAR po los MERCADONAS, EROSKIS, ETC. que traen o pescado de ITALIA, DINAMARCA, FRANCIA, ETC. E e a carne de VALENCIA, MADRID, EXTREMADURA,ETC. Se por comprar mais varato son menos galego que vos, non serei mais galego. Ide apañar unha pouca bosta pa tapar-lo forno que sevos escapan as ideas.
4
¡Que envase en español!
Toño
2009-12-12 16:45:50
Si Feiraco quiere tener porvenir que envase en español . Así no se cierra a los gallegos - el español también es nuestra lengua - y se abre a todo el país, sin quedarse sólo en una región. De momento, yo seguiré tomando Pascual. Me parece la mejor.
5
Antón
2009-12-12 15:31:22
Nos tamén só mercamos Feiraco
6
Eu non merco Feiraco!
Xan
2009-12-12 15:07:16
Nin merc nin mercarei Feiraco. Alguén veu os resultados do 1M na zona de Negreira. Unha barrida do PP! Agora que apañen. Aí teñen o que pediron o 1M. Leite Feiraco para os PPeiros e UPyDeiros. Eu... leite francés!
7
FEIRACO SEMPRE!
XOAN
2009-12-12 13:44:30
EU SEMPRE COMPRO LEITE FEIRACO, PORQUE SEI QUE EMBASABN LEITE E GALICIA. ESO E O QUE TE MOS QUE FACER OS GALEGOS, DEFENDER O QUE E NOSO COMO FAN OS CATALÁNS E NON DIGAMOS OS VASCOS. O DE COMPRAR FEIRACO E UNHA PEQUE NA COUSA, PERO TEREMOS QUE EMPEZAR POR ALGO SE QUEREMOS QUITARNOS ESTA CASPA QUE TEMOS NA XUNTA......
8
Na casa, nós só mercamos Feiraco
Samuel Reixa
2009-12-12 13:33:18
Dunha banda, un proxecto que amorea máis dunha vintena de cooperativas, cunha capacidade de producción de perto de 5 millóns de litros de leite. Pola outra, outro proxecto, baixo a frontaría dunha razón social e mercantil que nin sequera está rexistrada arestora, que abrangue a 5 cooperativas que todas xuntas xuntan unhacapacidade de producción de pouco máis de 150000 litros, e cuxo dato maís salientábel e o moi forte vencello político co Partido Popular dos seus diretivos.. Si esto non é "partidismo"..
9
caciquismo made in PP
jose A Coruña
2009-12-12 10:41:23
Chega Feixoo, continua o caciquismo. Votos a cambio de favores. Pan para hoxe, fame para mañá. Precariedade. Subdesenvolvemento. La Arzuana? Tierra llana? Perpetuo Socorro? Fato de desleigados e ignorantes!

1 |     

Título:
Comentario:
Nombre:
Email: (no se visualizará)
Introduce la palabra de la imagen
Código de verificación para prevenir envíos automáticos.
kaptcha
Identificarse con:
  

Esta página publica todo tipo de opiniones, réplicas y sugerencias de interés general, siempre que sean respetuosas hacia las personas e intituciones.
Se aconseja un máximo de 15 líneas, que podrán ser extractadas por nuestra Redacción.
Los autores deben hacer constar: nombre y apellidos, y e-mail.
Aquellos textos que no se ajusten a estos criterios podrán ser retirados de la web.