España aposta por Microsoft na Escola 2.0

O Goberno asinou onte un convenio coa multinacional para incluír o seu ‘software’ nos portátiles escolares por oito euros anuais por alumno, 3,2 millóns en 2010
Cris Souto Actualizado 16/12/2009 - 01:18 h.
0 Comentarios
Sin interésPoco interesanteDe interésMuy interesanteImprescindible 2 voto/s

A compañía estadounidense Microsoft queda co pastel dos, polo momento, 400.000 portátiles que o ministerio de Educación prevé distribuír a finais de 2010 entre os alumnos de quinto e sexto curso de Primaria, dentro do plan Escola 2.0. A secretaria de Estado de Educación e Formación Profesional, Eva Almunia, asinou onte un convenio de colaboración coa presidenta de Microsoft España, María Garaña.

Con este acordo, o ministerio ofrécelles ás comunidades autónomas a oportunidade de implantar nos seus colexios o sistema operativo de Microsoft, o Windows, por un prezo de oitos euros por alumno e por ano. Segundo explicou Garaña, esta cifra supón un aforro de case o 90% sobre o prezo de mercado. Polo momento, só cinco autonomías –Andalucía, Aragón, Cantabria, Canarias e Castela e León– asinaron o respectivo convenio co ministerio para implantar o plan Escola 2.0; polo que son os únicos que poden acceder á oferta de Microsoft, xunto con Ceuta e Melilla. A cifra inicial de beneficiados son 400.000 alumnos, o que suporía uns ingresos para Microsoft de 3,2 millóns de euros, no vindeiro curso académico.

Con todo, o convenio non vincula aos gobernos autonómicos, que poderán escoller entre o sistema operativo da multinacional estadounidense ou, pola contra, un sistema baseado en software libre, como o Galinux en Galicia.

 

malestar no ‘software’ libre

O presidente da Asociación de Empresas Galegas de Software Libre (Agasol), Roberto Brenlla, advertiu da dobre cara da oferta de Microsoft. “Agora abanderan un prezo barato como vantaxe, cando sempre foi unha desvantaxe súa fronte ao software libre, pero unha acción deste tipo, como xa se ten denunciado a nivel internacional, é tan grave como darlle droga a un neno: iniciámolos desde cativos nun sistema e, unha vez que están viciados, xa lles cobraremos máis tarde, desde que saian da escola”, argumenta Brenlla.

O convenio asinado inclúe, non só a rebaixa no prezo das licenzas, senón outros servizos. “O noso programa diríxese a pais, profesores e nenos, aos que lles ofrecemos un completo paquete informático que inclúe o noso software, programas ofimáticos, así como todo o soporte técnico e a infraestrutura necesaria para o seu funcionamento”, explicou Garaña. Contempla tamén, entre outros aspectos, a formación do profesorado e do alumnado, un eido que entra en competencia directa coas empresas de Agasol, “que levan anos traballando nesta área, formando persoal cualificado e en mantemento de sistemas, o que podería xerar moito emprego no sector en Galicia”, asegura Brenlla.

 

os servidores de microsoft

O voceiro dos empresarios de software libre de Galicia chama a atención sobre outro aspecto do convenio, polo cal Microsoft lles ofrece aos “pais, mestres e nenos” todo un paquete de programas que poden “suscribir voluntariamente” e que inclúe “contas de correo electrónico, sistemas de almacenamento e intercambio de arquivos”. “Isto significa que toda a documentación dos mestres e o seu traballo queda almacenado nos servidores de Microsoft e habería que ver que pasaría coa información ao expirar o contrato”.

 

innovación de sur a norte

A representante do Estado, Eva Almunia, quixo destacar onte, tras asinar o convenio marco con Microsoft, que “por primeira vez, o sur de Europa vai exportar un modelo de innovación educativa cara ao norte, onde xa están comezando a estudar as posibilidades de adaptación de Escola 2.0”.

A aplicación do plan en España camiña a paso lento. A promesa de José Luis Rodríguez Zapatero no Congreso dos Deputados fora distribuír portátiles gratuitos para os alumnos de quinto de Primaria de todo o país neste curso 2009-2001. A estas alturas, só cinco autonomías asinaron o pertinente convenio e non todas o aplicaron. Almunia asegurou: “Estamos pechando os últimos acordos que nos quedan por asinar”, entre eles, o de Galicia.

Si te gusta Xornal.com, compártenos con tus amigos.
Disfruta de la libertad de expresión.
Nota: es posible que tengas que estar registrado y autentificado en estos servicios para poder anotar el contenido correctamente.
publicidad

Título:
Comentario:
Nombre:
Email: (no se visualizará)
Introduce la palabra de la imagen
Código de verificación para prevenir envíos automáticos.
kaptcha
Identificarse con:
  

Esta página publica todo tipo de opiniones, réplicas y sugerencias de interés general, siempre que sean respetuosas hacia las personas e intituciones.
Se aconseja un máximo de 15 líneas, que podrán ser extractadas por nuestra Redacción.
Los autores deben hacer constar: nombre y apellidos, y e-mail.
Aquellos textos que no se ajusten a estos criterios podrán ser retirados de la web.