Domingo, 21 de marzo de 2010 - 15:22 h

A Mesa asegura que “a Xustiza discrimina aos galegofalantes”

“Hai que agardar varios días para ter documentación en galego cando en castelán é inmediata”, afirma
Xornal.com Actualizado 16/12/2009 - 01:51 h.
0 Comentarios
Sin interésPoco interesanteDe interésMuy interesanteImprescindible 15 voto/s

A Mesa pola Normalización Lingüística denunciou onte que os falantes de galego teñen “un trato de cidadáns de segunda” na Administración de xustiza, que para o seu presidente, Carlos Callón, “non só está formalmente desgaleguizada, senón que vulnera a lexislación”. Por este motivo, Callón dirixiuse ao Goberno central, á Xunta, ao Defensor e ao Valedor do Pobo para reclamarlles “que se adopten medidas”. “Os mesmos trámites que en castelán se poden facer de forma automática, na inmensa maioría dos xulgados ou se negan ou implica unha demora se queres realizalos en galego”, resaltou.

A nota de protesta da organización a prol da difusión do galego estivo especialmente dirixida ao ministro de Xustiza, o galego Francisco Caamaño. O dirixente socialista participou o pasado 18 de outubro na masiva manifestación que reuniu en Santiago de Compostela a máis de 50.000 persoas convocadas pola plataforma Queremos Galego, da que forma parte a propia Mesa pola Normalización Lingüística. Por iso, Callón reclama que “situacións como esta se corrixan con urxencia”, para o cal apela tanto “á obriga de cumprir coa legalidade e cos tratados internacionais sobre dereitos lingüísticos” como “á sensibilidade que Francisco Caamaño ten demostrado polo galego”.

Nun comunicado, A Mesa puxo como exemplo o caso “recente” dun cidadán que solicitou que as partes dun xuízo en Padrón se dirixisen a el en galego, ao que “o maxistrado se negou”. “¿Acaso un cidadán que queira vivir en galego non ten os mesmos dereitos como administrado que outro que o queira facer en castelán?”, preguntouse.

Ademais, criticou o incumprimento da Xustiza da Lei de Normalización Lingüística no referido á toponimia, algo que exemplificou na sala número 3 do contencioso-administrativo do Tribunal Supremo e na propia web do Ministerio de Xustiza, “que acumula despropósitos”. Entre eles, Callón sinala algúns como “El Pino, Caldas de Reyes, Valle del Dubra, La Baña, Cabaña, El Ferrol, La Coruña,Mellid, Noya, Puebla del Caramiñal, Puerto del Son, Villalba, Vivero, O Carballino, Puebla de Trives, Orense, Bayona, La Cañiza, La Estrada, Porriño, Puente-Caldelas, Puenteareas, Tuy, Villagarcía de Arosa ou Villanueva de Arosa”.

Ademais, Callón afirma que “a esta situación hai que sumarlle un clima de insensibilidade cara á diversidade idiomática do Estado español, que xa teñen denunciado organismos internacionais como o Consello de Europa”. “Non doutro xeito se poden explicar prexuízos como os manifestados por un xuíz de Alcorcón, que nun auto ditado sobre un réxime de visitas de menores nun proceso de separación, dentro dun dos seus fundamentos xurídicos, ditaminaba que se podería producir “desarraigo” se as nenas afectadas se trasladasen a Galiza, por existir o galego, un idioma que considerou sen ninguna utilidad práctica”, engade. A Mesa sinala que son “argumentos sumamente desprezativos coa nosa lingua, inxustos e alteradores da convivencia social, por canto están baseados no descoñecemento e nuns inaceptábeis prexuízos de racismo lingüístico, de considerar que hai linguas e culturas útiles fronte a linguas e culturas inútiles”.

 

Mobilización

Por outra banda, a plataforma Queremos Galego organizou onte unha caravana de coches pola costa da provincia de Lugo en protesta pola política lingüística da Xunta de Alberto Núñez Feijóo, que será plasmada no novo decreto do ensino, previsto para este mes.

Si te gusta Xornal.com, compártenos con tus amigos.
Disfruta de la libertad de expresión.
Nota: es posible que tengas que estar registrado y autentificado en estos servicios para poder anotar el contenido correctamente.
publicidad

Título:
Comentario:
Nombre:
Email: (no se visualizará)
Introduce la palabra de la imagen
Código de verificación para prevenir envíos automáticos.
kaptcha
Identificarse con:
  

Esta página publica todo tipo de opiniones, réplicas y sugerencias de interés general, siempre que sean respetuosas hacia las personas e intituciones.
Se aconseja un máximo de 15 líneas, que podrán ser extractadas por nuestra Redacción.
Los autores deben hacer constar: nombre y apellidos, y e-mail.
Aquellos textos que no se ajusten a estos criterios podrán ser retirados de la web.