Lunes, 22 de marzo de 2010 - 4:26 h

Vázquez intenta organizar o partido da selección galega malia o ‘non’ da Xunta

O adestrador contactou xa con futbolistas e coa Federación Galega, que lle ofreceu “apoio pero non financiamento”, tras a negativa do Goberno
Omar Bello 16/12/2009 - 20:00 h.
22 Comentarios
Sin interésPoco interesanteDe interésMuy interesanteImprescindible 44 voto/s

Nin a Xunta de Galicia nin a Federación Galega de Fútbol inclúen nas súas respectivas axendas a disputa este Nadal do partido anual da selección galega de fútbol, que nos últimos catro anos supuxo todo un éxito en canto á participación e afluencia de público aos estadios.

Porén, coincidindo coa marcha do bipartito do goberno autonómico, esta festa do deporte galego perderase este ano, se ninguén o remedia. Tanto a Xunta de Galicia como a Federación alegan motivos económicos. Ademais, o secretario xeral para o Deporte da Xunta, José Ramón Lete, chegou a definir o partido do combinado galego coma un “circo identitario” con “nulo valor deportivo”.

De todos os xeitos, Fernando Vázquez, adestrador da selección galega nas súas anteriores citas, xunto a Arsenio Iglesias, aínda se resiste a que este ano non haxa partido do equipo galego. En vista do escaso interese da Xunta a da Federación por organizar un evento que reuníu 65.000 persoas nas súas catro citas anteriores, Vázquez decidiu organizar o partido pola súa conta. Nos últimos días, o técnico contactou cos xogadores que formaron parte da selección galega nos seus últimos partidos, e incluso se está encargando de buscar un rival de nivel. “Xa falei con algúns dos xogadores. A súa disposición é boa, aínda que, para poder xogar con Galicia, é necesario que os seus clubs os autoricen a facelo”, explicou Fernando Vázquez a Xornal.

Atopar rival nas datas de Nadal tampouco é unha tarefa sinxela, aínda que Vázquez está empregando todos os seus contactos para que o equipo galego poida xogar tamén este ano. Unha das opcións que baralla o seleccionador é falar con Radomir Antic, técnico de Serbia, para ver se é posible que a súa selección xogue contra a galega, aínda que é consciente de que “non é doado”.

Vázquez tamén informou á Federación Galega da súa intención de organizar o partido, na procura dalgún tipo de apoio para poder levar a cabo o seu plan. O presidente da Federación, Carlos Meana, confirma os contactos co seleccionador. “Díxome que quería que a selección galega continuase xogando o seu partido anual. Eu xa lle deixei claro que podía contar con nós para todo o que precise. Iso si, de cartos, nada, porque nós, agora mesmo, non estamos en condicións de financiar ese partido. Pero para todo o demais, xa sabe onde atoparnos”, explica Meana.

“Eu contactei con algúns dos patrocinadores, pero chegamos á conclusión de que agora non é o momento de investir neste partido. No futuro, poderíase recuperar, pero tampouco ten por que ser o ano que vén. Poden pasar varios anos sen que xogue a selección, e que despois volva aos terreos de xogo”, sinala o presidente da Federación.

Tamén o colectivo Siareiros Galegos coñece a intención de Vázquez. “Sabemos que o está a intentar, pero é dificil que lle fagan caso”, di Xosé Viana, voceiro de Siareiros.

Si te gusta Xornal.com, compártenos con tus amigos.
Disfruta de la libertad de expresión.
Nota: es posible que tengas que estar registrado y autentificado en estos servicios para poder anotar el contenido correctamente.
publicidad
1
Se somos galegos e por que temos collons!
Breogan
2009-12-17 21:34:33
Se tanto Fernado com Siareiros esta dispoto a faguer tudo da sua parte por por o nome daGALIZA en todo o alto, os galegos debmos apoialos e demostralle o ome da jaseosa que temos mais collons k el e a sua pandilla de muñecos. ARRIBA ESA FORZA!!! GZ NAZON
2
adiante!!!
rai mendez loureiro
2009-12-17 15:46:23
se chegamos ata aquí, podemos seguir sen apoio de ninguén mais. ánimo, fernando!
3
a morte kon Vazquez
kastelao2009
2009-12-17 13:01:53
dende a plataforma pro-selleccion galega de futbol en facebook damosche todo o noso apoio dos xa mais de 2500 siareiros ke seguimos crecendo e ke asegurar ke estaremos o teu karón kando o arbitro pite o inicio do partido e por suposto no seu remate.
4
é unha festa
2009-12-17 12:55:55
Non me gusta o fútbol pero si o deporte en xeral e Galicia en particular. Non fun a ningún dos partidos da selección galega pero se hai que poñer cartos porei.
5
la rogha=mentira
neing
2009-12-17 12:48:22
É tremendo... porque a federación galega de fútbol sacaba pasta deste partido. Xa se veu que con rivais mediocres os galegos/as enchimos San Lázaro, Balaídos e case todo Riazor... se a iso lle sumamos a venda de elásticas, bufandas, gorras...ingresos de publicidade: Estrella, Caixanova...etc. este era un grandísimo negocio. Se se escolleran bos rivais: Euskadi, Catalunya, Arxentina, Brasil... a transcendencia do partido sería enorme. Ademais, estes partidos serviron para que se reivindicasen xogadores como Nacho Novo, Pereira, etc..Isto pásanos por un goberno facha. Lete só é da rogha e do mierdid!
6
ten que ser así
manuel barral
2009-12-17 12:37:04
Este é o camiño, se non temos un goberno que nos represente, teremos que facer as cousas a cidadanía pola nosa conta. ¡Adiante!
7
Todos con el
Xesus
2009-12-17 12:20:06
Temos que organizar este partido como sexa, abramos unha conta de apoio pra financiar o partido e pidamos apoio a empresas galegas. Con gobernos como este Galicia so lle queda ser o bagon descolgado e a risa das comunidades ricas do estado español e de Europa, estes o que queren e que emigremos todos outra ves e asi dominar a xente cas suas subencions que so sirben pa facernos mais pobres. CONTINUACION DAS SELECCIONS GALEGAS, ABAIXO ESTE GOBERNO DICTATRIAL.
8
Ánimo Fernando
Pablo
2009-12-17 12:06:52
Inda temos galegos orgullosos do seu pais e da súa selección. Ánimo Fernando, no caso de conseguilo terás o apoio de todos os galegos no día do partido, como anos anteriores. nunca camiñarás só!!!!
9
Unha vez máis...
Marcos
2009-12-17 11:56:24
... bravo pola nova Xunta!!! Aparte de non facer absolutamente nada novo adícase a sabotear o que estaba ben feito. ¡Bravo! ¿Alguén ten dúbidas de que a éstos cantamañáns lles importa tres carall.... Galicia?

1 |  |     

Título:
Comentario:
Nombre:
Email: (no se visualizará)
Introduce la palabra de la imagen
Código de verificación para prevenir envíos automáticos.
kaptcha
Identificarse con:
  

Esta página publica todo tipo de opiniones, réplicas y sugerencias de interés general, siempre que sean respetuosas hacia las personas e intituciones.
Se aconseja un máximo de 15 líneas, que podrán ser extractadas por nuestra Redacción.
Los autores deben hacer constar: nombre y apellidos, y e-mail.
Aquellos textos que no se ajusten a estos criterios podrán ser retirados de la web.