Xabier Rodríguez Baixeras gaña o VIII Premio de Poesía Caixanova coa obra ‘Deserto diamantino’

O escritor Xabier Rodríguez Baixeras gañou hoxe a oitava edición do Premio de Poesía Caixanova pola súa obra ‘Deserto diamantino’, presentada ao certame baixo o lema ‘Areoura’. O certame, organizado pola entidade financeira e o Centro P.E.N. de Galicia, está dotado con 12.000 euros. Ademais, o poemario publicarase na colección ‘Arte de Trobar’
Xornal.com Actualizado 21/12/2009 - 02:23 h.
0 Comentarios
Sin interésPoco interesanteDe interésMuy interesanteImprescindible 0 voto/s

Guillermo Brea, director da Obra Social Caixanova, e Luís González Tosar, presidente do Pen Clube de Galicia, deron a coñecer o fallo esta mañá nun acto no que tamén estiveron presentes os outros membros do xurado cualificador: Anxo Tarrío, catedrático de Literatura Galega da USC; Luisa Castro, escritora; Ana Acuña, crítica literaria, e Carlos L. Bernárdez, crítico literario. 


Tras unha deliberación que se prolongou dúas horas no Centro Social Caixanova da cidade olívica, o tribunal escolleu este poemario entre os 55 presentados a concurso. Entre outras razóns, salientou que a obra “retoma aspectos do mundo poético clásico, maxistralmente engarzados coa herdanza da linguaxe patrimonial”. Así mesmo, indicou que o texto “formula unha fonda reflexión desde a experiencia da madurez vital e literaria, apostando por unha revitalización da poesía estrófica e rimada, ao servizo dunha visión actual do mundo”. 


A primeira edición deste galardón, celebrada no ano 2002, recaeu no poeta e crítico de arte coruñés, Xavier Seoane, por ‘Dársenas do ocaso’. No 2003 resultou gañadora María do Cebreiro con ‘Non deixes que o poema te coñeza’. No 2004 o premio foi para Román Raña por ‘As metamorfoses do túnel’. No 2005 impúxose Arcadio López-Casanova con ‘Herdo do canto’. Na edición do ano 2006, resultou premiada Marilar Aleixandre por ‘Mudanzas’, no 2007, Carlos Penela por ‘Sombras, rosas, sombras’ e en 2008 recaeu na obra de Luis Valle ‘A Caída’.  


A novidade deste premio de poesía, un dos de maior dotación dos que se convocan en Galicia, estriba en que as obras seleccionadas pasan a publicarse na colección ‘Arte de Trobar’, editada polo P.E.N. e patrocinada por Caixanova, na que tamén se inclúen outros textos de destacados poetas en lingua galega. Neste sentido, esta mañá presentouse a última obra publicada na colección, dous volumes coa poesía completa de Xosé Carlos Gómez Alfaro. 


O acto de entrega oficial do VIII Premio de Poesía Caixanova terá lugar a próxima primavera. 



Si te gusta Xornal.com, compártenos con tus amigos.
Disfruta de la libertad de expresión.
Nota: es posible que tengas que estar registrado y autentificado en estos servicios para poder anotar el contenido correctamente.
publicidad

Título:
Comentario:
Nombre:
Email: (no se visualizará)
Introduce la palabra de la imagen
Código de verificación para prevenir envíos automáticos.
kaptcha
Identificarse con:
  

Esta página publica todo tipo de opiniones, réplicas y sugerencias de interés general, siempre que sean respetuosas hacia las personas e intituciones.
Se aconseja un máximo de 15 líneas, que podrán ser extractadas por nuestra Redacción.
Los autores deben hacer constar: nombre y apellidos, y e-mail.
Aquellos textos que no se ajusten a estos criterios podrán ser retirados de la web.