Domingo, 21 de marzo de 2010 - 2:17 h

Ecolingua arrinca baixo a idea de que “o galego é un valor, non un problema”

O empresario Rafael e o profesor Henrique Monteagudo abriron as xornadas de debate que organiza o IGEA
Antonino García Actualizado 20/12/2009 - 01:16 h.
2 Comentarios
Sin interésPoco interesanteDe interésMuy interesanteImprescindible 13 voto/s

“A tendencia, máis alá dos números e as porcentaxes, apunta a que o galego está a experimentar un retroceso como lingua inicial fronte ó castelán”. As palabras do profesor Henrique Monteagudo onte na apertura do I Simposio Internacional Ecolingua, organizado polo Instituto Galego de Estudos Europeos e Autonómicos (IGEA), botaron luz sobre a verdadeira situación sociolinguística de Galicia. O acto tamén supuso a estrea de “Conecta con...”, unha iniciativa de Xornal de Galicia que onte xa puso en liña ós internautas con varios dos ponentes. A través da web xornal.com, os participantes convertíronse en periodistas nestas xornadas para facer as súas preguntas ao propio Monteagudo e tamén ao empresario Rafael Cuiña. Hoxe será a quenda dos profesores Henrique Costas (11.00 horas) e Fermín Bouza (13.00 horas).

O Centro Social Caixanova de Vigo acolle dende onte ata mañá unha serie de seminarios, conferencias, mesas de debate e ponencias arredor do galego. Xa o anunciara o día anterior Anxo Quintana, presidente do IGEA, e o remachou o tenente de alcalde vigués ó afirmar que estas xornadas son ferramentas básicas para “desterrar falsidades sobre a imposición do galego”. Santiago Domínguez sinalou na inauguración das xornadas que “é preciso trasladar á sociedade que o galego non é un problema, senón un valor”. Para o nacionalista, como parte do proceso de normalización da lingua, os galegos e galegas deben “estar orgullosos de ter unha lingua propia”, polo que afirmou que ese sentimento nos debe impregnar a todos e todas, “tamén aos que non o empregan habitualmente”, sinalou. O obxectivo de Ecolingua é analizar a realidade sociolingüística de Galiza e dar a coñecer aos galegos e galegas modelos e políticas relacionadas coa lingua e os procesos de normalización noutros países plurilingües. Neste sentido, Santi Domínguez fixo referencia á análise que se fará do finés, as linguas bálticas e o caso do Quebec. Ao seu xuízo, estes son “casos de convivencia lingüística” que poden aportar suxestións “para a normalización do noso idioma sen que haxa conflito”.

O empresario Rafael Cuiña foi o encargado de abrir o acto cunha ponencia na que destacou a necesidade de que “a sociedade civil participe en todas as tendencias políticas”. Cuiña, fillo do que fora conselleiro, mostrouse orgulloso de estar “nunha terra con idioma propio” e sinalou que “o futuro do galego é, arestora, certamente preocupante”. A intervención de Cuiña foi criticada por Galicia Bilingüe, tamén invitada o debate de mañá (11.00 horas). A plataforma que lidera Gloria Lago redactou un comunicado no que arremete contra Rafael Cuíña cualificándoo de “intolerante partidario da imposición lingüística” e asegura que é “utilizado polos nacionalistas como aval da súa intolerante postura”.

 

política lingüística de fraga

Pola súa banda, Henrique Monteagudo centrou a súa exposición no mapa sociolingüístico e verteu dúbidas sobre algún estudo catastrofista. Para o doutor en Filoloxía Galega e profesor da Universidade de Santiago, “a política lingüística de Manuel Fraga non foi boa, pero sí beneficiou para que se recargase a forza institucional do galego”. Tamén quixo Monteagudo buscar un raio de esperanza no futuro e sinalou que “a saúde do galego non é irreversible, e está en mans dos políticos”. Durante esta primeira xornada tamén houbo tempo para o galego nos medios de comunicación e na xustiza. Xa no turno da tarde, foi o momento para coñecer a situación doutras linguas en perigo como por exemplo as bálticas, a través de Taina Hämäläinen, doutora en Filoloxía Hispánica e profesora da Universidade de Helsinki.

Si te gusta Xornal.com, compártenos con tus amigos.
Disfruta de la libertad de expresión.
Nota: es posible que tengas que estar registrado y autentificado en estos servicios para poder anotar el contenido correctamente.
publicidad
1
Ou moito papamoscas coma ti, Nostrus
nostrusiño
2009-12-19 01:24:15
Que nin ve nin quere ver.
2
Mi, no comprender
nostrus
2009-12-18 19:52:11
En este foro mas de uno ha dicho en varias ocasiones que el gallego genera riqueza, incluso alguno fue mas allá y se aventuro a decir que el 8% de nuestro PIB es gracias al gallego. Por otro lado en la ultima reunión que tuvo Touriño para la financiación autonómica dijo que necesitábamos un suplemento extra para el coste de la lengua propia (supongo que se referiría al gallego). ¿En que quedamos?. ¿Cómo es que una lengua si es propia cuesta tanto? ¿o es que hay mucho chupón suelto?

Título:
Comentario:
Nombre:
Email: (no se visualizará)
Introduce la palabra de la imagen
Código de verificación para prevenir envíos automáticos.
kaptcha
Identificarse con:
  

Esta página publica todo tipo de opiniones, réplicas y sugerencias de interés general, siempre que sean respetuosas hacia las personas e intituciones.
Se aconseja un máximo de 15 líneas, que podrán ser extractadas por nuestra Redacción.
Los autores deben hacer constar: nombre y apellidos, y e-mail.
Aquellos textos que no se ajusten a estos criterios podrán ser retirados de la web.