Martes, 16 de marzo de 2010 - 18:32 h

O PP aproba o presuposto sen contar coa oposición

PSOE e Bloque critican as contas da Xunta “polos recortes sociais e non ser válidas para a crise”
Xornal.com Actualizado 20/12/2009 - 01:14 h.
0 Comentarios
Sin interésPoco interesanteDe interésMuy interesanteImprescindible 1 voto/s

O PPdeG sacou onte adiante os presupostos da Xunta para 2010, os primeiros do Goberno de Alberto Núñez Feijóo, co rexeitamento ás 1.397 emendas que mantiveron os grupos da oposición –PSdeG e BNG–, que votaron en contra das contas para o próximo ano.

O debate final dos presupostos galegos non introduciu, polo tanto, ningunha modificación nin no articulado nin nas seccións, aínda que os populares aceptaron, no momento de tratar o proxecto en comisión, un total de seis emendas –cinco do PSdeG e unha do BNG–, que a oposición considerou de pouca importancia na formulación do gasto para 2010.

Os grupos da oposición xustificaron o seu voto contrario ás primeiras contas de Alberto Núñez Feijóo polos “recortes” das prestacións sociais que, ao seu xuízo, introducen e porque “non inclúen unha estratexia clara” para superar a crise económica, malia o elevado incremento da débeda pública. Pola súa banda, o PPdeG cualificounas das “mellores que se poden facer nestas circunstancias”.

 

COMPETENCIAS

Pola súa banda, o Goberno central aprazou ata xaneiro a comisión bilateral coa Xunta de Galicia, prevista para o día 22 de decembro, debido a “problemas de axenda” do vicepresidente terceiro, Manuel Chaves.

Non obstante, o Goberno galego confirmou que “para evitar que este novo aprazamento supoña un atraso no traspaso de competencias”, a Xunta acordou manter contactos e reunións “fóra da comisión”.

Si te gusta Xornal.com, compártenos con tus amigos.
Disfruta de la libertad de expresión.
Nota: es posible que tengas que estar registrado y autentificado en estos servicios para poder anotar el contenido correctamente.
publicidad

Título:
Comentario:
Nombre:
Email: (no se visualizará)
Introduce la palabra de la imagen
Código de verificación para prevenir envíos automáticos.
kaptcha
Identificarse con:
  

Esta página publica todo tipo de opiniones, réplicas y sugerencias de interés general, siempre que sean respetuosas hacia las personas e intituciones.
Se aconseja un máximo de 15 líneas, que podrán ser extractadas por nuestra Redacción.
Los autores deben hacer constar: nombre y apellidos, y e-mail.
Aquellos textos que no se ajusten a estos criterios podrán ser retirados de la web.