Unha caixa única galega sería o seu terceiro maior acredor mundial

A suma da débeda de Martinsa-Fadesa a Caixa Galicia e Caixanova é de 409 millóns de euros
Mercedes Cernadas 18/12/2009 - 20:00 h.
1 Comentarios
Sin interésPoco interesanteDe interésMuy interesanteImprescindible 1 voto/s

Unha posible fusión entre as dúas caixas galegas significaría tamén a maridanza dunha débeda que alcanzaría os nove díxitos e que suporía un lastre común que Caixa Galicia e Caixanova xa sofren por separado. Xuntas, formarían o terceiro acredor de Martinsa-Fadesa a nivel mundial, cunha cantidade reclamada que chegaría aos 409 millóns de euros. Esta débeda, entre os 10.000 acredores da compañía en todo o mundo, só sería superada por Caja Madrid, con máis de 971 millóns, e pola Caja de Pensiones de Barcelona, que alcanza os 684,5 millóns.

No caso galego, Caixa Galicia é o primeiro acredor da comunidade, cunha débeda de algo máis de 325 millóns, e Caixanova sitúase no cuarto lugar en Galicia, con 83,7 millóns reclamados. A isto hai que engadirlle que Caixanova ten o 49,8% das accións do Banco Gallego, ao que Martinsa-Fadesa lle debe uns 308.000 euros. No resto do accionariado deste banco participan coñecidos empresarios galegos como Epifanio Campo, cun 10%, ou Amancio Ortega, cun 3%.

Xusto por detrás dunha hipotética caixa galega quedarían débedas importantes como a do Banco Popular, de 339,9 millóns, a da Caixa D’Estalvis de Catalunya, con 318,7 millóns reclamados, ou as de bancos internacionais como o Morgan Stanley Bank, con 299,8 millóns, e The Royal Bank of Scotland, que alcanza os 233,8 millóns. As entidades de crédito sitúanse deste xeito nos primeiros postos e destacados entre as 10.000 persoas, entidades e empresas que lle reclaman en total case 7.000 millóns de euros a Martinsa-Fadesa, en concurso de acredores dende xullo de 2008.

Caixa Galicia adheriuse á proposta de convenio que foi presentada pola compañía o 30 de decembro de 2008, e forma parte do 60% de apoios cos que conta Martinsa-Fadesa para que se acepten condicións de pago que propuxo. Deste xeito, a caixa galega sumouse a Caja Madrid, La Caixa, Banco Popular, Bancaja e Caixa Catalunya. Os bancos son o principal apoio de Martinsa neste sentido, e o seu apoio permitiría aprobar o convenio, moito menos favorable para os pequenos acredores.

A proposta de Martinsa-Fadesa descarta establecer una quita sobre os 7.000 millóns que debe, é dicir, a compañía comprométese a pagar a débeda de xeito íntegro, pero establece o pago nun período de oito anos desde que se firme o convenio. Este é un prazo por riba do que permite normalmente a lei (cinco anos), pero neste caso o Ministerio de Economía fixo unha excepción ao calificar a empresa como “relevante para a economía española”. Esta proposta beneficia os bancos e caixas porque priorizan o feito de comezar a cobrar, aínda que sexa en pequenas cantidades e a oito anos vista, pero prexudica a pequenos acredores aos que non cobrar en oito anos pode provocarlles a quebra e os pequenos ingresos de cartos non lles solucionan nada.

Tal e como están as cousas na actualidade, e como xa informou Xornal, as caixas galegas, como o resto de acredores, non comezarán a ver un euro de Martinsa-Fadesa ata 2011. A previsión dos trámites xudiciais sitúa o final da fase común do proceso sobre xullo de 2010. Tendo en conta que o mes de agosto é inhábil a efectos xudiciais, a fase para pechar a sinatura do convenio iniciaríase en setembro de 2010. A tramitación do convenio cos seus acredores será distinta no caso de Martinsa-Fadesa, xa que en mazo de 2009 foi aprobado un decreto-lei de medidas urxentes en materia concursal para axilizar os trámites nos macroconcursos con máis de 300 acredores.

Isto permitirá que o convenio poida tramitarse por escrito e non de xeito presencial, xa que sería prácticamente imposible contar coa presenza de todos os acredores –uns 10.000– para pechar o acordo. A pesar disto, unha vez rematada a fase común, o xuíz debe ditar un auto no que se aprobará a tramitación por escrito, e unha vez ditado, debe sinalar un prazo de 90 días hábiles para a presentación de adhesións e votos en contra do convenio. Serán polo tanto tres meses máis de prazo, e só despois diso poderán asinarse e pecharse definitivamente as condicións de pago de Martinsa cos acredores. Desde xeito, a previsión de cumprimento do convenio situaríase a comezos de 2011.

Tendo en conta que Martinsa-Fadesa tería oito anos máis de prazo para afrontar as súas débedas, a hipotética caixa galega non recibiría todos os cartos que lle reclama ata 2019. E iso se a compañía, que se atopa nunha complicada situación económica, cumpre o seu actual plan de viabilidade, moi ambicioso, que foi aprobado pola administración concursal e no que prevé xerar ingresos por 5.069 millóns de euros entre 2011 e 2016, grazas á xestión e venda de solo fundamentalmente.

Para iso, tal e como lle recoñece a propia compañía á Comisión Nacional do Mercado de Valores (CNMV), Martinsa-Fadesa confía e depende totalmente da recuperación do sector despois da crise, unha situación que dá por feita pero que aínda non é segura. “Os activos recuperarán valor suficiente para compensar os créditos rexistrados”, afirman. Porén, ultimamente están a vender activos cos que pensaban obter máis cartos a prezos moi inferiores á súa previsión. Por exemplo, o informe de Martinsa recoñece que deixaron de gañar uns oito millóns de euros na venda dun campo de golf, e xustifican a perda en que o activo estaba sobrevalorado por Fadesa. Ademais, os descontos nas vendas chegan ultimamente ata o 40%.

Así as cousas, un dos principais puntos do plan de viabilidade consiste en rezar para que o sector se recupere e os prezos volten ao seu sitio. Dende Martinsa cruzan os dedos. Dende as caixas galegas tamén o fan. 409 millóns de euros ben merecen unha oración.

Si te gusta Xornal.com, compártenos con tus amigos.
Disfruta de la libertad de expresión.
Nota: es posible que tengas que estar registrado y autentificado en estos servicios para poder anotar el contenido correctamente.
publicidad
1
A SALVARLE EL CULO A CAIXA GALICIA
union nunca
2010-01-08 12:54:54
Es increible, esta union de cajas solo sirve al norte, empufado hasta los dientes, y a un por encima quieren llevarse la sede de la caja resultante al norte. que pandilla.............si se unen llamo a todos los gallegos del sur a quitar sus ahorros, cuentas y demas,........

Título:
Comentario:
Nombre:
Email: (no se visualizará)
Introduce la palabra de la imagen
Código de verificación para prevenir envíos automáticos.
kaptcha
Identificarse con:
  

Esta página publica todo tipo de opiniones, réplicas y sugerencias de interés general, siempre que sean respetuosas hacia las personas e intituciones.
Se aconseja un máximo de 15 líneas, que podrán ser extractadas por nuestra Redacción.
Los autores deben hacer constar: nombre y apellidos, y e-mail.
Aquellos textos que no se ajusten a estos criterios podrán ser retirados de la web.