Ferrín: “A Academia é soberana, non chega tan lonxe a man de ninguén”

O académico ourensán invoca o “principio do sixilo” e a “autonomía” para defender unha sucesión “de consenso” na rúa das Tabernas
Iago Martínez / A. Losada Actualizado 28/12/2009 - 00:41 h.
11 Comentarios
Sin interésPoco interesanteDe interésMuy interesanteImprescindible 21 voto/s

“Agora mesmo non hai ningunha candidatura. Nin sequera a miña”, aclara, pero todo ao seu arredor parece levarlle a contraria a Xosé Luís Méndez Ferrín. A disposición do escritor e académico ourensán a suceder a Xosé Ramón Barreiro á fronte da Real Academia Galega é pública. Expresouna explicitamente nunha carta “privada”, insiste, que recibiron hai algunhas semanas os seus compañeiros no plenario da institución, e iso colócao no primeiro plano do proceso que aínda se inicia hoxe na rúa Tabernas. Unha vez que Barreiro faga oficial a súa marcha tras completar dous mandatos de catro anos, abrirase oficialmente o prazo para a presentación de candidaturas. Calcúlase que haberá fumata branca contra o día 15 de xaneiro.

A carta non era preceptiva. Para optar á presidencia, a Ferrín éralle abondo o respaldo de tres académicos, e teno de moitos máis. Non é o único con ese aval, pero Francisco Fernández del Riego, antecesor de Barreiro, e Manuel Rivas, acabado de chegar á casa da lingua galega, coinciden en que é pouco probábel que aparezan outras candidaturas nunha instituación onde o acordo é tradición. Del Riego, que cumprirá 97 anos despois de Reis, non cre que haxa “outro capaz de obter o suficiente apoio do resto dos compañeiros”, e Rivas matiza: “Hai outras persoas que tamén poderían acadar un consenso, pero paréceme difícil que vaian dar un paso adiante”.

Unha desas persoas podería ser o escritor e editor Víctor Freixanes, que hoxe non estará no plenario por problemas de axenda. “Sei que se especulou coa miña candidatura, pero nunca se me pasou pola cabeza”, asegura. “Teño un compromiso moi forte con Galaxia [a editorial que dirixe] e esta xa non é a Academia do século XIX: esixe tempo e dedicación, é un asunto moi serio. En todo caso, non é unha cuestión de persoas, senón de pensar un programa para os vindeiros catro anos. Un programa conciliador, de todos”.

 

"UN EXCELENTE CANDIDATO"

O consenso é unha norma non escrita na Academia, pero hai opinións. Xosé Luís Franco Grande prefire calalas porque “todo o que se di senta mal”, pero outros académicos teñen menos reparos á hora de valorar o candidato que aínda non é candidato. Xosé Neira Vilas ve en Ferrín “un home maduro e un intelectual sólido” que daría “un bo presidente”. A Margarita Ledo parécelle un aspirante “sólido”. A Euloxio Rodríguez Ruibal, “unha candidatura excelente e con garantías”, e a Fernández del Riego, “un home de gran valía literaria e de gran relevancia cultural que saberá sacrificarse pola institución”. O lugués Darío Xohán Cabana é máis directo: “É o meu candidato”.

Dende que se soubo que o autor de Contra maquieiro estaba disposto a coller o testemuño de Barreiro, algunhas voces se alzaron contra a súa candidatura. Máis ben fóra que dentro da Academia, impútaselle ao escritor a súa militancia na Fronte Popular Galega (FPG), formación política de esquerda á que tamén pertencen outros académicos, e a súa participación na Iniciativa Internacionalista que o Tribunal Supremo decidiu deixar fóra das últimas eleccións europeas por considerala “infiltrada” por ETA. Claro que, dende outras coordenadas, tamén se lle apón a súa fidelidade á normativa oficial da lingua galega fronte aos distintos reintregracionismos.

“A Ferrín non se lle pode aplicar un molde acabado”, explica Rivas. “O interesante é que é un personaxe poliédrico. Non esquezamos que foi el o gran reivindicador de Cunqueiro, un autor claramente conservador, e que segue a ser unha das voces que defende constantemente autores galegos que escriben en castelán, como Valle-Inclán, Torrente Ballester, Cela ou Carlos Oroza. A presidencia da Academia debe decidirse seguindo outros criterios. Cómpre aterse á traxectoria literaria e académica do candidato”.

 

A SÍNDROME DE CELANOVA

Na rúa Tabernas dáse por feito que as reservas de certos sectores da sociedade galega teñen máis que ver coa liña que Ferrín encarnaría na institución que coa súa militancia política ou a súa traxectoria literaria, fóra de toda dúbida. Os académicos dispostos a darlle o seu apoio ven no autor de Con pólvora e magnolias o continuador dese Barreiro que o pasado mes de maio rompeu o silencio da Academia para dicirlle ao Goberno de Alberto Núñez Feijóo, en nome de todos os académicos e todas as académicas, que as súas políticas están a ser “lesivas” para a lingua galega.

Ferrín parece tranquilo. Cre que en Galicia, “por fortuna, xa non hai unha opinión mediática dominante” e que a Academia é “autónoma” para decidir o seu futuro. “Non chega tan lonxe a man de ninguén”, argumenta. “As persoas que están aí teñen un criterio propio e sólido. É no plenario, e non en ningunha outra parte, onde reside a soberanía da Academia”. Por iso, prestaríalle que outros académicos desen tamén un paso adiante e abrisen un diálogo. Cre que a sucesión debe resolverse “por unanimidade” dentro da institución e reivindica o “principio do sixilo” herdado da Academia Francesa. Hoxe acudirá á rúa Tabernas para despedir a Barreiro: “Foi un presidente magnífico”.

Si te gusta Xornal.com, compártenos con tus amigos.
Disfruta de la libertad de expresión.
Nota: es posible que tengas que estar registrado y autentificado en estos servicios para poder anotar el contenido correctamente.
publicidad
1
Para Alvaro e Leiro...
Erasmo
2009-12-19 22:12:48
Seica tedes a "cabeza cadrada" e non podedes ENTENDER nada de nada...? Unha das cousas polas que me gustaría ver a Ferrín ao fronte da RAG é precisamente porque a xente coma vós daríavos un "corre-que-te-cagas-e-unha-levita" para ver se deixábades de PONTIFICAR sobre os que sí e os que non temos dereito a expresar o que pensamos!!! Ferrín poderá ser o que queirades... máis na vida fixo de INQUISIDOR XERAL coma algúns "filólogos da cunquiña" que queren vivir da lingua coma se fóran BISPOS dando e quitando dereitos a golpe de HISOPO! Só quero deixar constancia que para Presidir unha Academia da Lingua Galega prefiro a Ferrín que a algún recén chegado coa vara do toxo en flor!!! Mellor vello coñecido que xove por coñecer... Despois de Callón só queda o DILUVIO UNIVERSAL!
2
Para Alvaro y Leiro
nostrus
2009-12-19 20:44:28
Mira Alvaro, lo de tardofranquista que me has llamado lo voy pasar por alto porque supongo será la máxima expresión de tu ingenio y no te voy estropear la obra, pero decirte que si no tenemos una ETA en Galicia es gracias a la policía, ya que a Méndez Ferrin no le tenemos que agradecer nada por este motivo. No se yo si esta benevolencia que expresas con Ferrin la tienes también con Fraga. Y no hagáis malabares que Méndez Ferrin no estuvo en la carcel por motivos políticos ya que en la década de los ochenta no pasaba eso, o acaso las armas eran para inspirarse en la escritura. Del mismo modo que la escritura la lleva en sus genes, lo otro también, sino no iría en las europeas en las listas de un partido proetarra de mas que dudosa legalidad. En la vida y más aun en política, además de ser legal hay que parecerlo y si ahora no quiere cargar con el sambenito que hubiera sido mejor persona. En Galicia hay gente con una trayectoria como la de él pero con otras ideas y a esa gente se le llama falangistas, en ejercicio o no pero falangistas. Leiro, no tengo nada contra Ferrin como escritor, pero como persona yo no lo admiro nada. De todos modos creo en la democracia y el estado de derecho y si la ley no tiene nada contra él por mi con el desprecio me siento satisfecho.
3
Falar por falar, falar e non dicir ren
Leiro
2009-12-19 01:38:41
Si, Nostrusiño, ese mesmo ao que a vosa lideresa etílica lle pediu axuda e consello cando os seus familiares pasaron pola cadea polas penas daquel escuro asunto e el mandouna ao carallo, espetándolle que el pasou polo cárcere por motivos políticos, non por ser un delincuente. Felizmente, Ferrín está de volta de xente coma ti, e se houbese necesidade de se defender contra esas inxurias, habíao de facer estupendamente ben. Eu non comparto moitos dos seus plantexamentos, pero o que non se lle pode negar é a súa coherencia co que pensa e di, e xa non digamos a súa traxectoria como escritor, polo que está na RAG, pero diso quizais non saibas, se cadra pasaches directamente do Lazarillo (se é que o liches) ou da enciclopedia nacionalcatólica a algún churriño tipo "El reloj de Cuco", total, para xente coma ti a literatura galega simplemente non existe. Podías comezar con "Memorias dun neno labrego" do benquerido Neira Vilas, se cadra aprendías algo.
4
nostrus, descansa a cabesiña, anda!
Alvaro
2009-12-19 00:04:49
nostrus, ao mellor un tardofranquista coma ti, que vai de democratadetodalavida, tería que estarlle dando as grazas ao señor Ferrín porque hoxe non teñamos en Galicia unha ETA galega. Que nunha época que ainda é chamada polos historiadores "transición" Ferrín xogara un papel de compromiso político que lle levou ao cárcere e a pagar unha condena é algo que se explica coñecendo o papel que desenvolveu dende o Consello da Mocidade, o grupo Brais Pinto e outras iniciativas de 30 anos antes , sen as cales nin teriamos moitas das liberdades que temos e menos ainda o actual grao de autogoberno. Sacar as cousas de contexto para facer demagoxia barata é o mínimo que se podía agardar de ti. Queres que che dea nomes de persoeiros ex etarras (ainda máis aló dos 80) que son hoxe cargos públicos do PSOE e do PP? Busca un pouco e ainda darás con un bo feixe deles... douche un par de pistas para o google, ETA (p.m.) e Euskadiko Eskerra. O da condición de carpintero, erache bo argumento para o sermón do crego da miña parroquia. Mira ti, un carpinteiro de hai 2000 anos que tamén era calificado coma "terrorista" XD XD!
5
¿Méndez Ferrín?
Un galego doente
2009-12-18 22:26:19
¿Méndez Ferrín? Era o que lle faltaba a nosa Academia para consagrar a sua deriva partidista e intelectual... E coñecendo o talante radical do persoeiro, e tamén o seu sesgo intelectual, será cedo. Non son adiviño, mais si o despropósito confirmase, non errarei ¡Ay, dóeme Galiza!
6
¡ Buff !
nostrus
2009-12-18 19:41:01
Teño unha dubida, do mesmo modo que a condicion de carpinteiro mantense toda a vida ca diferencia si se practica ou non, ¿ca condicion de terrorista pasa o mesmo?. Un terrorista que abandona ¿cómo debe ser chamado? ¿ex-terrorista ou terrorista que non está en activo?. Outra dúbida, iste persoeiro ¿e aquel Ferrin que nos anos oitenta foi detido por posesión de armas e mesmo estivo no cárcere?, si e así, a sucesión a Academia Galega elle tan indigna como a outro calquer falanxista, agás que se poñan gafas opacas
7
Paso ás mulleres, firmes e intelixentes
Leiro
2009-12-18 14:46:55
Galiza é muller, xa abondou de falocracia na RAG, por que non hai candidaturas femininas na Academia. Mellor nos había ir con elas diante, mellores xestoras, máis comprometidas e traballadoras´. Ferrín, é bo candidato, pero preferiría que houbese máis candidatos e candidatas.
8
Elasno ornea novamente
Leiro
2009-12-18 14:44:16
Que tal, Elasno? había tempo que non pasabas por aquí para as túas "críticas construtivas". Alguén que colabora con GB activamente colaborando nos seus foriños non está lexitimado para dicir nada en favor da lingua galega, porque esa xente representa todo o contrario. Alguén que vai pola vida pedindo que lle paguen máis por falar galego, cando é a súa obriga moral como suposto profesor e galego que é, non está lexitimado. Por certo, deixa de te pasear polos foros pedindo o teu estúpido complemento lingüístico e aprende un pouco pola túa conta ou cos medios oficiais provistos para o asunto, para a formación continua en galego, que os hai, e deixa de escribir con tanta incorrección. "Ca" é partícula comparativa, non a contracción de que+a, por moito que nalgúns lugares do país na fala se misturen. Non utilices a túa incompetencia para pedir pasta por algo que tiñas que facer ti por vergoña. A primeira persoa do plural de poder é "poidamos".Críticas ConstruTivas, meu.Convencemento (non eras ti o lusófobo?).O galego utiliza a dupla negativa:"non se falará por decreto NINGÚN". Acho que un complemento lingüístico para o único que o queres é para te pagar as birras, porque o internet xa o gorroneas fóra de casa. Álvaro, deches na verdade deste Erasmiño, o cara que anda por aí pedindo pasta extra por facer o que lle debía parecer o lóxico, utilizar a lingua galega no ensino, con decreto ou sen el.
9
Que papo lle botan algúns!
Alvaro
2009-12-18 13:37:47
Eu agardo que Ferrín lle chame as cousas polo seu nome e xenófobos aos que lonxe de comulgar ou non con certas políticas, atacan con prexuizos e argumentos supremacistas a lingua propia do País. Precisamente a mesma xentalla que pretende a revisión a baixa da LNL, que impere legalmente e se perpetue e reforce o status xurídico do que dan en chamar "la lengua común" e que ainda teñen a cara dura de pretender pasar por defensores do galego... verdade Erasmiño?

1 |     

Título:
Comentario:
Nombre:
Email: (no se visualizará)
Introduce la palabra de la imagen
Código de verificación para prevenir envíos automáticos.
kaptcha
Identificarse con:
  

Esta página publica todo tipo de opiniones, réplicas y sugerencias de interés general, siempre que sean respetuosas hacia las personas e intituciones.
Se aconseja un máximo de 15 líneas, que podrán ser extractadas por nuestra Redacción.
Los autores deben hacer constar: nombre y apellidos, y e-mail.
Aquellos textos que no se ajusten a estos criterios podrán ser retirados de la web.