Impulso ao porto exterior coruñés co acceso viario, a falta do crédito

O ministro Blanco acelerou os tempos desta conexión co obxectivo de que chegue a tempo para a apertura do porto en 2012
ALBA SUÁREZ Actualizado 20/12/2009 - 01:22 h.
0 Comentarios
Sin interésPoco interesanteDe interésMuy interesanteImprescindible 3 voto/s

A falta de que a Autoridade Portuaria da Coruña e Portos do Estado pechen o plan de viabilidade do Porto Exterior e o crédito para asegurar a continuidade das obras o próximo ano, o Ministerio de Fomento deu onte un impulso á operatividade da dársena coa licitación do principal acceso: a autovía de cinco quilómetros que conectará a esta infraestrutura marítima coa A-6 (a autovía da Coruña a Madrid) e a AG-55 (a autopista de Carballo). As obras, que comezarán o próximo ano, están presupostadas en 66 millóns de euros. Agora, o reto pendente é a conexión ferroviaria.

O pulo que o ministro Blanco vén de dar á infraestrutura ten como obxectivo chegar a tempo do inicio da actividade do porto no ano 2012 –o tempo de execución da dársena remata no último trimestre de 2011–. O alcalde da Coruña, Javier Losada, gabou onte o compromiso do Ministerio de Fomento, o galego José Blanco, coa cidade e o co proxecto do porto exterior por licitar nesta semana o principal acceso viario á nova dársena.

O acordo foi adoptado onte no consello de administración da Sociedade Estatal de Infraestruturas do Transporte Terrestre (SEITT) e supón, segundo destaca un comunicado de Ministerio de Fomento, o cumprimento do compromiso adquirido polo seu titular, o galego José Blanco, de licitar esta actuación durante a presente semana. A convocatoria do concurso público para a obra anunciarase agora no Boletín Oficial do Estado (BOE).

Esta estrada conectará as novas instalacións portuarias que se constrúen en punta Langosteira (en Arteixo, a dez quilómetros da Coruña) coa rede de vías de alta capacidade do ámbito. A orixe do acceso encóntrase no enlace coa AG-55, a autopista de titularidade galega que conecta A Coruña con Bergantiños e que segue cun treito cortado polo derrubamento de rochas de hai tres semanas. Entroncará á altura da Furoca, en Meicende, mediante dúas vías paralelas a ambos os dous lados do tronco desta, que continuarán ata pasar a área de peaxe da Pastoriza e en ambos os dous casos, se tratará de ramais cun único carril, segundo explicaron dende o Ministerio de Fomento. 
A partir dese punto, o acceso convértese nunha autovía. Terá dous carrís de tres metros e medio para cada sentido.

Aínda que a AG-55 é unha autopista de pago, a conexió con porto exterior estará exenta de peaxe. As obras inclúen a construción de dous viadutos, ambos os dous sobre a autopista entre A Coruña e Carballo, un para o tronco da autovía e outro para o enlace coa propia autoestrada de Carballo. Ademais, terá seis pasos superiores, dez inferiores e cinco muros.

A licitación de onte é froito do compromiso que Blanco adquiriu este verán en Galicia para axilizar a conexión de Langosteira. Fíxose a través dunha partida complementaria incluida nos Presupostos Xerais do Estado deste ano, co obxectivo de non perder tempo e conseguir que que a nova vía chegue a tempo da entrada en funcionamento do porto. O Goberno espera que o a vía se poida cofinancia con fondos Feder da Unión Europea.

O trazado, foi consensuado cos concellos da Coruña e Arteixo (os dous polos que transcorre) e coa Confederación de Empresarios, que conviron a pertinencia de que a vía evite os impactos negativos sobre o polígono industrial de Sabón.

 

VARIANTE DE PADRÓN DA N-550

Por outra parte, o consello de administración da SEITT aprobou onte a adxudicación das obras da variante de Padrón da estrada nacional N-550 por 18,1 millóns de euros. As obras consisten na construción de 3,2 quilómetros de estrada que terán a súa orixe no punto quilométrico 80,7 da N-550 e o seu fin encóntrase no ramal do enlace de Padrón da autoestrada AP-9.

Si te gusta Xornal.com, compártenos con tus amigos.
Disfruta de la libertad de expresión.
Nota: es posible que tengas que estar registrado y autentificado en estos servicios para poder anotar el contenido correctamente.
publicidad

Título:
Comentario:
Nombre:
Email: (no se visualizará)
Introduce la palabra de la imagen
Código de verificación para prevenir envíos automáticos.
kaptcha
Identificarse con:
  

Esta página publica todo tipo de opiniones, réplicas y sugerencias de interés general, siempre que sean respetuosas hacia las personas e intituciones.
Se aconseja un máximo de 15 líneas, que podrán ser extractadas por nuestra Redacción.
Los autores deben hacer constar: nombre y apellidos, y e-mail.
Aquellos textos que no se ajusten a estos criterios podrán ser retirados de la web.