Domingo, 21 de marzo de 2010 - 8:46 h

‘Pachi’ cre que Caamaño fará un PSdeG moito máis galeguista

Vázquez ve nos comicios municipais a “primeira etapa” para “volver gobernar este país”
DAVID LOMBAO Actualizado 22/12/2009 - 01:49 h.
3 Comentarios
Sin interésPoco interesanteDe interésMuy interesanteImprescindible 12 voto/s

O Ministro de Xustiza e presidente dos socialistas coruñeses, Francisco Caamaño, é o elixido polo secretario xeral do PSdeG, Manuel Pachi Vázquez, para levar o peso da renovación ideolóxica que o socialismo galego concretará na súa conferencia política do vindeiro marzo.

O Comité Nacional dos socialistas ratificou onte a Caamaño como máximo responsable dunha comisión na que se integran dirixentes coma o secretario de organización, Pablo García, a responsable de política municipal, Mar Barcón, ou a voceira do PSOE no Senado, Carmela Silva. A súa responsabilidade, di Vázquez, será “sentar as bases” dun encontro no que, tal e como avanzara Xornal de Galicia, o titular de Xustiza se encargará ademais de afondar en cuestións vencelladas ao galeguismo, a lingua ou o debate sobre a reforma do Estatuto.

Segundo o líder dos socialistas, a formación acode a este encontro coa “máxima esperanza” de poñer en marcha “unha nova política” que terá como “primeira etapa” as eleccións municipais da primavera de 2011, uns comicios de cara aos que, como xa ten adiantado Vázquez, os “datos” convidan ao “optimismo” no seo do PSdeG. “Temos o obxectivo –resume– non só de manter, senón de incrementar os escenarios de Goberno en toda Galicia”.

Con esta folla de ruta, conclúe Vázquez, o ano 2010 debe ser o da “consolidación” do “cambio de modelo socialista en Galicia”, logo da derrota electoral do 1 de marzo. Dende o seu punto de vista, “ante unha Xunta que renuncia á loita contra a crise económica”, será o PSdeG quen “tome as iniciativas de goberno” no futuro.

“nin un paso atrás” na lingua

O Comité Nacional dos socialistas serviu tamén para pechar a posición socialista de cara ao inminente decreto de uso da lingua no ensino que, cuxo borrador, segundo o anuncio do presidente da Xunta, verá a luz "antes do Nadal" ou, o que é o mesmo a comezos a vindeira semana.

Durante a súa intervención ante a plana maior do socialismo galego, Pachi Vázquez afondou nas teses xa defendidas polo PSdeG nas xornadas previas á manifestación a prol da lingua do apsado 18 de outubro, segundo as cales a formación non apoiará nunha medida da Xunta que supoña un “paso atrás” na protección do idioma propio.

Neste sentido, Vázquez insta ao Goberno galego a non abandonar o actual “marco” legal e “respectar” o Plan Xeral de Normalización da Lingua Galega, aprobado por unanimidade e do que, lembra, deriva o actual decreto do ensino.

Si te gusta Xornal.com, compártenos con tus amigos.
Disfruta de la libertad de expresión.
Nota: es posible que tengas que estar registrado y autentificado en estos servicios para poder anotar el contenido correctamente.
publicidad
1
PSG
jorge ourense
2009-12-19 21:05:06
Este país necesita que o PSdeG vire ó galeguismo, de xeito convencido, si algún dia queren desaloxar á dereita do poder.
2
2009-12-19 17:58:42
QUE SE ASOCICEN AL BLOQUE MAIS O MENOS É O MESMO.
3
2009-12-19 16:05:53
Préceme ben , pero..., ¿ que opinan disto, os alcaldes de , Vigo, Lugo, Ferrol ,Noia, Coruña ?, ¿levaránlle a contraria a Caamaño ? , ¿ chamaránlle aldeano ?

Título:
Comentario:
Nombre:
Email: (no se visualizará)
Introduce la palabra de la imagen
Código de verificación para prevenir envíos automáticos.
kaptcha
Identificarse con:
  

Esta página publica todo tipo de opiniones, réplicas y sugerencias de interés general, siempre que sean respetuosas hacia las personas e intituciones.
Se aconseja un máximo de 15 líneas, que podrán ser extractadas por nuestra Redacción.
Los autores deben hacer constar: nombre y apellidos, y e-mail.
Aquellos textos que no se ajusten a estos criterios podrán ser retirados de la web.