A segunda ampliación do peirao do Areal de Vigo é “ilegal”, segundo o edil de Urbanismo

Xornal.com Actualizado 22/12/2009 - 12:10 h.
1 Comentarios
Sin interésPoco interesanteDe interésMuy interesanteImprescindible 2 voto/s

O edil de Urbanismo de Vigo, José Mariño, denunciou onte que a segunda fase da ampliación do Peirao do Areal do Porto da cidade é “ilegal”. Asimesmo, o BNG reclamou ao Ministerio de Medio Ambiente, Medio Rural e Mariño (MARM) que se pronuncie sobre a actuación e o impacto que ésta vai supor.

Mariño acusou á presidenta do Porto, Corina Porro, de presentar uns proxectos para o Areal que son “ilegalidade tras ilegalidade”. Neste senso, destacou que un estudo dos técnicos municipais conclúe que a actuación é irregular. O concelleiro resaltou que o Plan Especial do Porto fixa unha delimitación do cantil do novo peirao, pero que o proxecto de Porro rebasa o límite en 70 metros.

Pola súa banda, o tenente de alcalde, o nacionalista Santiago Domínguez, e a diputada Olaia Fernández, presentaron no Congreso unha iniciativa para que o MARM valoree esta segunda parte.

Mentres, a Autoridade Portuaria de Vigo anunciou onte que rehabilitará o peirao de comercio para uso turístico, especialmente pensado para cruceiristas e como espazo de integración entre porto e cidade. A obra custará 4,5 millóns de euros e durará sobre un ano e medio.

A rehabilitación foi presentada pola presidenta da Autoridade Portuaria de Vigo, Corina Porro, quen considera que esta é unha das actuacións “emblemáticas” para rehabilitar un espazo de encontro entre a urbe e o mar.

Explicou que non se pode realizar en calquera lugar, senón nos emprazamentos que non supoñen unha interferencia na actividade portuaria e que quedaron “obsoletos” para a carga e descarga ao non ter calado ou capacidade suficiente.

Si te gusta Xornal.com, compártenos con tus amigos.
Disfruta de la libertad de expresión.
Nota: es posible que tengas que estar registrado y autentificado en estos servicios para poder anotar el contenido correctamente.
publicidad
1
Sempre o mesmo
Brais Freire
2009-12-21 22:23:27
Logo o corrupto éo o socialista Abel Caballero, actual alcalde de Vigo. Dna. Corina Porro, Presidenta do porto de Vigo. E ex-alcaldesa da cidade polo Partido Popular, é un claro exemplo de corrupción. Pretende amplia-lo areal ilegalmente. Non sei ónde imos ir parar. Isto é o colmo dos colmos. Máis que o colmo dos colmos o recolmo dos recolomos. Ou mellor dito o súper colmo dos súper colmos. Dna. Corina Porro, debería de ser enviada ás reixas unha tempadiña por semellante cousa. ¿Non lle dá vergoña?

Título:
Comentario:
Nombre:
Email: (no se visualizará)
Introduce la palabra de la imagen
Código de verificación para prevenir envíos automáticos.
kaptcha
Identificarse con:
  

Esta página publica todo tipo de opiniones, réplicas y sugerencias de interés general, siempre que sean respetuosas hacia las personas e intituciones.
Se aconseja un máximo de 15 líneas, que podrán ser extractadas por nuestra Redacción.
Los autores deben hacer constar: nombre y apellidos, y e-mail.
Aquellos textos que no se ajusten a estos criterios podrán ser retirados de la web.