Martes, 16 de marzo de 2010 - 23:43 h

Fermín Bouza: “Ao galego íalle mellor con Fraga, se comparamos con Feijóo”

O mestre da Complutense considera que un Estatuto de Nación aportaría a Galicia: “Verdade histórica e dignidade como pobo”
Xornal.com Actualizado 24/12/2009 - 11:18 h.
7 Comentarios
Sin interésPoco interesanteDe interésMuy interesanteImprescindible 9 voto/s

Durante a súa participación no chat de Xornal.com, CONECTA CON…, o sociólogo e profesor na Universidade Complutense de Madrid, Fermín Bouza admitiu non enteder “que ten a dereita contra o galego. O galego, como o catalán, ten que dar moitos cartos. En Madrid teñen unha admiración enorme por Cataluña, pese a que falen mal”, apostillou.

Fermín Bouza foi moi crítico coa postura do presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo ao respecto da lingua. “Paréceme que Feijóo é o activista máis importante que tivo Galicia contra a súa propia lingua. Non houbo outro gobernante con tanta teima. Non sei por que. Sempre agardo unha autocrítica e un cambio neste home”, dixo. Consultado por un internauta se ao galego íalle mellor con Fraga, Bouza non dubidou en respostar: “Se o comparamos con Feijoo si, claro”.

 

AS TEORÍAS DE GALICIA BILINGÜE SON CREÍBLES EN MADRID

Fermín Bouza, galego afincado en Madrid, confirmou aos seguidores da conversan on line que na capital do Estado a xente de a pé cre nas teorías catastrofistas de Galicia Bilingüe. “Totalmente. Multiplicado por cen”, dixo.

 

UTILIDADE NO TRABALLO, UN XEITO DE POTENCIAR O GALEGO

No pensamento de Fermín Bouza, a potenciación do galego viría dada, entre doutras cuestións, pola súa utilidade laboral. “É importante que o galego sexa considerado unha lingua de oportunidades profesionais. Foino uns anos. Agora xa non fai falta coñecer o galego para moitas cousas, así que a xente non o considera útil. Quédase para a vida familiar”, explicou aos internautas na súa participación en CONECTA CON...

Bouza considera que o galego é una “lingua minoritaria e minorizada”. Manifestou a súa idea de que con “datos na man, ningunha lingua (agás o inglés) ten o menor futuro. Pero a vontade humana consiste en destruír as expectativas”, engadiu. Na súa opinión, os medios de comunicación “xogaron un gran papel na ‘anormalización’ do galego. E poderían xogar un gran papel na normalización se quixeran”, matizou.

MIRA AQUÍ TODA A CONVERSA CON FERMÍN BOUZA 

Si te gusta Xornal.com, compártenos con tus amigos.
Disfruta de la libertad de expresión.
Nota: es posible que tengas que estar registrado y autentificado en estos servicios para poder anotar el contenido correctamente.
publicidad
1
Dobre vara de medir de nostrus
Mutenrohi
2009-12-21 21:02:11
Home nostrus, non sei se Fermín Bouza copiaría...pero por exemplo que unha profesora de inglés vaia dicindo que non se pode ensinar a un neno noutro idioma distinto da súa casa e que soa a chiste. E que haxa xente que aplauda coas orellas a ocurrencia, non me dirás que non é preocupante. Seica di tamén que é filóloga. A saber en que tómbola conseguiu o título. Quizais para falar deste tema tería que ir o seu marido. Caramba, nostrus, estás facendo horas extras!! Espero que cho paguen ben.
2
A Sancho
nostrus
2009-12-21 16:30:32
No, yo tengo de sociólogo lo que tu de jurista, con la diferencia de que tu dices lo que sabes sin saber lo que dices.
3
a nostrus...
Sancho
2009-12-21 14:48:01
Ti es sociólogo tamén? E que pola túa regra de tres... encaixas no perfil que das...
4
nostrus
2009-12-20 21:35:24
Y lo mas gracioso es que el señor que dijo esta chorrada es sociologo. Con lo cual se deduce que cualquiera puede ser sociologo, que copió en los examenes o que cobró por decir esto ¿no os parece?
5
O que hai que oir
nostrus
2009-12-20 20:44:46
“Verdade histórica e dignidade como pobo”. Vaia por Deus, esa chorrada estaria ben ca dixera un indigente intelectual, pero unha persona con titulo estalle moi feo. ¿Ou é que pretende utilizar a sua sabiduria para tomarnos o pelo?. De verdade histórica nada e a dignidade o que non a teña ninguen lla vai dar. O bon que ten ser intelectual e que dicindo tolerias podeste ganar a vida.
6
carlos
Carlos
2009-12-18 22:21:59
Os grupos galegófobos fan contas para presionar ao PP. José Manuel Pousada, o vicepresidente de Galicia Bilingüe, fainas en diversos foros e publicamente, ao tempo que por detrás, compinchado co sector vigués do partido, presiona en San Caetano. Non esquezamos que teñen vía de contacto directo co gabinete de Educación. http://libertadlinguistica.com/index.php?option=com_content&task=view&id=334&Itemid=42
7
2009-12-18 22:12:13
Parabéns a Fermín Bouza e ao Xornal polo azos que está dando para seguirmos loitando por unha galiza na que siga existindo a nosa lingua de noso. Beizóns ao voto con botas e a xornal.

Título:
Comentario:
Nombre:
Email: (no se visualizará)
Introduce la palabra de la imagen
Código de verificación para prevenir envíos automáticos.
kaptcha
Identificarse con:
  

Esta página publica todo tipo de opiniones, réplicas y sugerencias de interés general, siempre que sean respetuosas hacia las personas e intituciones.
Se aconseja un máximo de 15 líneas, que podrán ser extractadas por nuestra Redacción.
Los autores deben hacer constar: nombre y apellidos, y e-mail.
Aquellos textos que no se ajusten a estos criterios podrán ser retirados de la web.