Convidámoste a ser o entrevistador nas xornadas internacionais Ecolingua.
Xornal.com ten posto en marcha unha nova sección que interactúa co lector denominada "Conecta con..." e que premite participar en encontros dixitais con figuras relevantes da actualidade. Varios dos participantes das xornadas internacionais Ecolingua serán os primeiros protagonistas destes chats.
Prezado lector, tócache o turno. Agora, ti preguntas. Que queres saber?
Desta primeira andaina, Conecta con... ten como protagonista a lingua galega da man das xornadas internacionais Ecolingua que acolle o Centro Social Caixanova en Vigo. O simposio, pretende “trasladar información dende a pluralidade de opinións” e “desmontar con argumentos a falsidade de que en Galiza existe imposición do galego”, segundo ten afirmado Anxo Quintana, ex vicepresidente da Xunta e presidente do IGEA (Instituto Galego de Estudos Europeos e Autonómicos).
Os primeiros en recibir as preguntas dos lectores foron o empresario Rafael Cuiña e profesor titular da Universidade de Santiago de Compostela, Henrique Monteagudo. Os convidados aos nosos encontros dixitais o venres 18 foron Henrique Costas González, Doutor en Filoloxía Galega e director da Área de Normalización Lingüística da Universidade de Vigo que xa ten respostado ás preguntas dos lectores. Logo tocoulle turno para a conversa a Fermín Bouza, Sociólogo e profesor na Universidade Complutense de Madrid.
Xa o sábado 19, o escritor Suso de Toro deu resposta ás preguntas que achegaron os lectores de Xornal igual que o ferrolán Edelmiro Momam. Momam estudou química nas universidades da Coruña e Santiago de Compostela. Doutorouse en química en Compostela en 2003 cunha tese intitulada "Funcionalização remota na síntese de análogos da Vitamina D". Ten realizado investigacións para a University of California, Berkeley, Universidade de Vigo e no CNR em Bolonha. É autor de diversas publicacións científicas en revistas internacionais.
Logo da finalización das xornadas internacionais Ecolingua, a académica da RAG e profesora na Universidade de Santiago de Compostela, Margarita Ledo, pechou este ciclo que serve de arranque aos chats de Xornal.com.
No seu debú, Conecta con... outorga protagonismo á lingua.
Tócache o turno. Agora, ti preguntas. Que queres saber?
Mira o contido de CONECTA CON... RAFAEL CUIÑA
Mira o contido de CONECTA CON... HENRIQUE MONTEAGUDO
Mira o contido de CONECTA CON... HENRIQUE COSTAS

